Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE núm. 285, do 28 de novembro) e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica:
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Vesarredonda.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira 2, Velle, Ourense.
Finalidade: mellorar a calidade da subministración eléctrica na zona.
Características técnicas principais:
1. Liña de media tensión aérea núa Vesarredonda, con orixe no apoio tubular metálico existente n.º 18-63-23 e remate no centro de transformación proxectado Vesarredonda, de 1.117 m de lonxitude, a 20 kV sobre apoio de formigón e chapa, en condutor LA 56/54, 6 mm2.
2. Centro de transformación intemperie Vesarredonda, de 100 kVA de potencia e relación de transformación 20 kV/400-230 V.
3. Rede de baixa tensión aérea de 1.216 m de lonxitude, con orixe no centro de transformación proxectado Vesarredonda, sobre apoios de formigón e chapa, en condutor R.Z.
A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 54 da citada Lei 54/1997, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupacion para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación, figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.
Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial (edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que estimen oportunas no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.
Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial de luns a venres entre as nove da mañá e as dúas da tarde.
Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir os posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño de 1957).
Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben cando, tentada a notificación, non se puido realizar e, así, dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.
Lugo, 16 de setembro de 2011.
José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo
anexo
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados
|
N.º predio |
Ref. catastral |
Paraxe |
Cultivo |
Nome e apelidos Enderezo |
Apoio |
Afeccións |
|||
|
Polg. |
Parc. |
N.º |
m2 |
ml aér. |
m2 aér. |
||||
|
3 |
67 |
268 |
Teso da Lameira |
Monte alto |
José Díaz Pérez R/ Reverencia n.º 73, 15680 Ordes, A Coruña |
14.0 |
368.0 |
||
|
8 |
67 |
162 |
As Covas |
Monte alto |
José Díaz Pérez R/ Reverencia n.º 73, 15680 Ordes, A Coruña |
48.0 |
786.0 |
||
|
19 |
67 |
167 |
Cotorolo |
Monte alto |
José Díaz Pérez R/ Reverencia n.º 73, 15680 Ordes, A Coruña |
45.0 |
690.0 |
||
|
20 |
67 |
167 |
Cotorolo |
Monte baixo |
Descoñecido. Rpta. Fiscal Audiencia Provincial de Lugo |
17.0 |
133.0 |
||
|
22 |
67 |
168 |
A Brava |
Monte alto |
Descoñecido. Rpta. Fiscal Audiencia Provincial de Lugo |
37.0 |
580.0 |
||
|
31 |
67 |
169 |
A Brava |
Castiñeiro |
Descoñecido. Rpta. Fiscal Audiencia Provincial de Lugo |
14.0 |
240.0 |
||

