Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 17 de outubro de 2011 Páx. 30393

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 22 de setembro de 2011, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social 2009/0121-4 e sete máis.

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, mediante esta cédula notifícanselles ás empresas relacionadas no anexo as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de seguridade e saúde laboral e relacións laborais.

Faise saber que as ditas resolucións rematan a vía administrativa e os interesados poden formular contra elas recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde a súa publicación ante o órgano xudicial que resulta competente por aplicación e de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Advírteselles que terán que aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderán solicitar na correspondente Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta, na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, dentro do prazo de pagamento do período voluntario, xa que do contrario se incoará o procedemento pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2011.

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Empresa

Domicilio Localidade

N.º de expte.

Data resolución dirección xeral

Preceptos

Sanción imposta

Infrinxidos

Sancionadores

Luiwans’s Internacional, S.L.

Mos
Pontevedra

RL 2009/0121-4
7644/2009/4/T (AI)

20 de xuño de 2011

Arts. 4.2.a) e 41.3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Arts. 7.10 e 7.6 do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

4.375 €

Promociones y Construcciones Urbemiño, S.L.

Ourense
Ourense

RL 2009/0018-2 4393/2009/2/T (AI)

14 de xuño de 2011

Art. 4.4 da Lei 32/2006, do 18 de outubro, reguladora da subcontratación, art. 11.1) do Real decreto 1109/2007, polo que se desenvolve a lei reguladora da subcontratación e disposición transitoria segunda do dito texto legal.

Art. 8.16 do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

6.251 €

Construcciones Carbia Méndez, S.L.

Rianxo
A Coruña

RL 2008/0714-1 153938/2008/1/H (AI)

12 de maio de 2011

Art. 3 en relación co anexo II.4.1 (4.1.1), 4.3 (4.3.1) do Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, polo que se establecen disposicións mínimas de seguridade e saúde para o uso polos traballadores dos equipamentos de traballo, en relación coa Norma técnica de prevención (NTP-202) do Instituto Nacional de Seguridade e Saúde.

Art. 12.16.b) do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

2.046 €

Grupo Parrilladas Portugal, S.L.

Lugo
Lugo

RL 2008/0047-2 19269/2008/2//T(AI)

13 de maio de 2011

Art. 29, números 1 e 4 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, en relación co art. 2 da Orde do 27 de decembro de 1994 pola que se aproba o modelo de recibo individual de salarios.

Art. 8.1 do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto

6.251 €

Domipoint Construçao Civil Unipessoal, Lda.

Tui
Pontevedra

RL 2008/0077-2
23212/2008/2/H(AI)

11 de maio de 2011

Art. 1 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais e número 3. a e b da parte C do anexo IV do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se establecen disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción, e o art. 11.c deste.

Art. 12.16.f) do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

3.500 €

Construcción de Túneles, S.A.

O Carballiño
Ourense

RL 2008/0100-3 16619/2008/3/H(AI)

20 de maio de 2011

Anexo IV, parte A, número 2.a) do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se establecen disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción, en relación co art. 3.4, parágrafo 1.º do Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde para a utilización polos traballadores dos equipamentos de traballo, en relación co anexo II, punto 1 número 13 deste, art. 14.1 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais e art. 4.2.d) e 19.1 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Art. 12.16.b) do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

5.000 €

Santos & Fernandes Carvalho, Lda.

Tui
Pontevedra

RL 2008/0167-1 1546/2007/1/H(AI)

25 de maio de 2011

Arts. 14, números 1 e 3, e 17.2 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, en relación co art. 11.1.c) e punto C.3.b) e c) do anexo IV do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se establecen disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción, e cos arts. 3.b) e 5.1.a) do Real decreto 773/1997, do 30 de maio, sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde relativas á utilización polos traballadores de equipamentos de protección individual.

Art 12.16.f) do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

8.196 €

Construcciones Proqueija, S.L.

Vilalba
Lugo

RL 2008/0167-1 1546/2007/1/H(AI)

25 de maio de 2011

Arts. 14, números 1 e 3, e 17.2 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, en relación co art. 11.1.c) e punto C.3.b) e c) do anexo IV do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se establecen disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción, e cos arts. 3.b) e 5.1.a) do Real decreto 773/1997, do 30 de maio, sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde relativas á utilización polos traballadores de equipamentos de protección individual.

Art. 12.16.f) do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

8.196 €

Cotobad Gestión y Mantenimiento, S.L.

Pontevedra
Pontevedra

RL 2008/0253-1 43501/2008/1/H/(AI)

20 de maio de 2011

Arts. 14 e 15.1 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e anexo IV, parte C, punto 3.a) e b) do Real decreto 1627/1997, sobre obras de construción.

Art. 12.16.b) do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

3.000 €