Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 18 de outubro de 2011 Páx. 30461

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2011, da Secretaría Xeral Técnica, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre do ano 2011.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG n.º 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Dar publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Traballo e Benestar durante o segundo cuadrimestre do ano 2011, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2011.

Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar

ANEXO

Convenios asinados no segundo cuadrimestre de 2011

Título

Obxecto

Data de sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Associação Empresarial do Alto Tâmega (Acisat) para o desenvolvemento de actividades de información e difusión do Eures Transfronteirizo norte de Portugal - Galicia.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Associação Empresarial do Alto Tâmega para a realización de actividades do Eures Transfronteirizo Galicia - norte de Portugal.

13.4.2011

3.777,96 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Associação Industrial do Minho para o desenvolvemento de actividades de información e difusión do Eures Transfronteirizo norte de Portugal - Galicia.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Associação Industrial do Minho para a realización de actividades do Eures Transfronteirizo Galicia - norte de Portugal.

13.4.2011

10.103,25 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Associação de Municipios do Vale do Minho para o desenvolvemento de actividades de información e difusión do Eures Transfronteirizo norte de Portugal - Galicia.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Associação de Municipios do Vale do Minho para a realización de actividades do Eures Transfronteirizo Galicia - norte de Portugal.

13.4.2011

2.712,25 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Associação Empresarial de Viana do Castelo para o desenvolvemento de actividades de información e difusión do Eures Transfronteirizo norte de Portugal - Galicia.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Associação Empresarial de Viana do Castelo para a realización de actividades do Eures Transfronteirizo Galicia - norte de Portugal.

13.4.2011

1.900 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Confederación de Empresarios de Galicia para o desenvolvemento da actividade de coordinación do Eures Transfronteirizo norte de Portugal - Galicia.

Realización das actividades de coordinación do Eures Transfronteirizo norte de Portugal-Galicia que se leven a cabo na oficina de Valença (Portugal) do 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2011.

13.4.2011

70.792,76 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a União Empresarial do Vale do Minho para o desenvolvemento de actividades de información e difusión do Eures Transfronteirizo norte de Portugal - Galicia.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a União Empresarial do Vale do Minho para a realización de actividades do Eures Transfronteirizo Galicia - norte de Portugal.

13.4.2011

948,10 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o Consello Sindical Interrexional Galicia-norte de Portugal para o desenvolvemento de actividades de información e difusión do Eures Transfronteirizo norte de Portugal - Galicia.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Consello Sindical Interrexional Galicia-norte de Portugal para a realización de actividades do Eures Transfronteirizo Galicia - norte de Portugal.

13.4.2011

31.853,50 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o Instituto do Emprego e Formação Profissional para o desenvolvemento de actividades de información e difusión do Eures Transfronteirizo norte de Portugal - Galicia.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Instituto do emprego e Formação Profissional para a realización de actividades do Eures Transfronteirizo Galicia - norte de Portugal.

13.4.2011

19.714,36 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento de actividades de información e difusión do Eures Transfronteirizo norte de Portugal - Galicia.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Universidade de Vigo para a realización de actividades do Eures Transfronteirizo Galicia - norte de Portugal.

13.4.2011

19.076,95 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Confederación de Empresarios de Galicia para o desenvolvemento de actividades de información e difusión do Eures Transfronteirizo norte de Portugal - Galicia.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Confederación de Empresarios de Galicia para a realización de actividades do Eures Transfronteirizo Galicia - norte de Portugal.

13.4.2011

30.767,73 €

Convenio coa Federación de Entidades e Organizacións Protectoras de Persoas con Autismo da Comunidade Autónoma de Galicia (Autismo Galicia).

Atención das persoas con trastornos do espectro autista e das súas familias, en Galicia.

13.5.2011

35.000 €

Convenio coa Universidade da Coruña.

Financiamento da Universidade Senior, que consiste na oferta de estudos para aquel sector da sociedade maior, que concluíu a súa vida laboral e demanda un novo tipo de formación actualizada e axeitada ás súas inquedanzas formativas e intereses culturais.

13.5.2011

25.000 €

Convenio coa Universidade de Vigo.

Financiamento da Aula de Formación Aberta. Programa para maiores. Oferta de estudos para aqueles maiores que no seu momento non puideron acceder á universidade ou que, sendo xa titulados, se atopan en idade inhabitual para as tarefas académicas.

13.5.2011

25.000 €

Convenio coa Asociación de pais en favor das persoas con retraso mental de Ourense (Aspanas).

Financiamento dun servizo de atención ambulatoria permanente no Concello de Ourense e no seu contorno.

13.5.2011

30.000 €

Convenio coa Fundación Sálvora.

Financiamento das actuacións de tutela dirixidas ás persoas con discapacidade intelectual.

13.5.2011

60.000€

Universidade de Santiago de Compostela.

Financiamento dun IV Ciclo universitario que vai dirixido a persoas maiores de 55 anos con independencia da súa formación cultural previa.

24.5.2011

25.000 €

Convenio coa Asociación de familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia (Afaga).

Financiamento do programa Coordina2, que ofrece unha valoración integral que comprende catro partes: valoración da función física, clínica, psicolóxica e social para mellorar a intervención posterior no domicilio.

30.5.2011

30.000 €

Convenio coa Fundación do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Financiamento do programa de integración social de lesionados medulares residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

31.5.2011

22.840 €

Convenio coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami).

Mantemento da Federación e a promoción de actividades a persoas con discapacidade nas áreas urbanas de Galicia.

6.6.2011

350.000 €

Centro asociado da UNED da Coruña.

Financiamento do programa UNED Senior, que ten como finalidade ofrecer e desenvolver no ámbito rural galego unha oferta de estudos para aquel sector da sociedade maior de idade que concluíu a súa vida laboral e demanda un novo tipo de formación actualizada e axeitada ás súas inquedanzas formativas e intereses culturais.

6.6.2011

12.000 €

Convenio coa Fundación Santiago Apóstol de Ciencias Sociales, responsable da Escola Universitaria de Traballo Social adscrita á Universidade de Santiago de Compostela.

Establecer as bases de colaboración para dar cobertura á demanda de prácticas formativas dos alumnos da Escola Universitaria de Traballo Social nos centros sociais dependentes da Consellería de Traballo e Benestar.

2.5.2011

0

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación de Pais de Persoas con Trastorno do Espectro Autista de Centros de Apoio Familiar (APACAF), para desenvolver o programa de terapia asistida por animais, dirixido á atención das persoas con trastornos do espectro autista e outros trastornos xerais do desenvolvemento con necesidade de apoio intenso e continuado.

Colaboración por parte da Consellería de Traballo e Benestar no financiamento do Programa de terapia asistida por animais, que vai dirixido á atención das persoas con trastornos do espectro autista e outros trastornos xerais do desenvolvemento con necesidade de apoio intenso e continuado, residentes en Galicia, co fin de que poidan acadar un maior nivel de autonomía e rehabilitación neuro-física, así como avanzar no camiño da integración.

28.7.2011

30.000 €

Acordo de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería de Traballo e Benestar para a regulación das relacións e condicións que han de rexer a prestación de servizos no Colexio de Educación Especial María Mariño e no Centro de Atención a Persoas con Discapacidade da Coruña.

Regulación das relacións entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería de Traballo e Benestar, así como a delimitación das condicións necesarias para a prestación de servizos comúns, dentro do seu ámbito competencial, aos/ás alumnos/as do Colexio de Educación Especial María Mariño e aos/ás usuarios/as do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade da Coruña, respectivamente.

15.9.2011

100.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello do Valadouro.

Compartir os sistemas de información do SIGAD.

6.5.2011

0

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Carballeda de Valdeorras.

Compartir os sistemas de información do SIGAD.

6.5.2011

0

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Cedeira.

Compartir os sistemas de información do SIGAD.

6.5.2011

0

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Porto do Son.

Compartir os sistemas de información do SIGAD.

6.5.2011

0

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Ourense.

Compartir os sistemas de información do SIGAD.

6.5.2011

0

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello do Rosal.

Compartir os sistemas de información do SIGAD.

6.5.2011

0

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Valdoviño.

Compartir os sistemas de información do SIGAD.

11.5.2011

0

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Nigrán.

Compartir os sistemas de información do SIGAD.

11.5.2011

0

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello da Cañiza.

Compartir os sistemas de información do SIGAD.

11.5.2011

0

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello do Incio.

Compartir os sistemas de información do SIGAD.

13.5.2011

0

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Melide.

Compartir os sistemas de información do SIGAD.

13.5.2011

0

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Lugo.

Compartir os sistemas de información do SIGAD.

13.5.2011

0

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Cabana de Bergantiños.

Compartir os sistemas de información do SIGAD.

13.5.2011

0

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Ribadavia.

Compartir os sistemas de información do SIGAD.

20.5.2011

0

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Chantada.

Compartir os sistemas de información do SIGAD.

20.5.2011

0

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Samos.

Compartir os sistemas de información do SIGAD.

20.5.2011

0

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello da Estrada.

Compartir os sistemas de información do SIGAD.

20.5.2011

0

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Pantón.

Compartir os sistemas de información do SIGAD.

30.5.2011

0

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Boqueixón.

Compartir os sistemas de información do SIGAD.

30.5.2011

0

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello da Laracha.

Compartir os sistemas de información do SIGAD.

30.5.2011

0

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Vigo.

Compartir os sistemas de información do SIGAD.

30.5.2011

0

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Marín.

Compartir os sistemas de información do SIGAD.

9.6.2011

0

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Ponte Caldelas.

Compartir os sistemas de información do SIGAD.

9.6.2011

0

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Vilar de Santos.

Compartir os sistemas de información do SIGAD.

9.6.2011

0

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Bande.

Compartir os sistemas de información do SIGAD.

9.6.2011

0

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Vilagarcía de Arousa.

Compartir os sistemas de información do SIGAD.

14.6.2011

0

Convenio coa Fundación Incyde e o Consello Galego de Cámaras de Comercio, Industria e Navegación para a realización durante o ano 2011 de trece programas de formación e asesoramento empresarial.

Detectar, desenvolver e valorar posibles ideas empresariais para a súa posta en funcionamento nos viveiros de empresas das cámaras de comercio, industria e navegación de Galicia.

10.5.2011

100.000 €

Convenio coa Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento do proxecto: “Guitiriz: o sentido das augas” no marco do programa Empregaverde.

Desenvolvemento de actividades empresariais e tutorización de iniciativas emprendedoras dirixidas aos emprendedores residentes na Reserva da Biosfera Terras do Miño.

11.5.2011

10.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar, as centrais sindicais Unión Xeral de Traballadores de Galicia, Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia, Confederación Intersindical Galega, e a Confederación de Empresarios de Galicia para o desenvolvemento de actividades formativas en materia de prevención de riscos laborais.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e as organizacións asinantes, respecto das accións de información e formación en prevención de riscos laborais destinadas aos delegados de prevención, membros dos comités de seguridade e saúde, empresarios que asumen persoalmente a organización preventiva, traballadores designados e, en xeral, traballadores e empresarios de Galicia.

15.6.2011

450.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de actividades do Centro de Estudios Cooperativos (CECOOP).

Realización de actividades do Centro de Estudios Cooperativos.

31.5.2011

30.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Caixa Rural Galega, Sociedad Cooperativa de Crédito Limitada Gallega, para a realización de servizos de asesoramento, información e formación e a utilización das súas instalacións como punto da rede de centros de desenvolvemento cooperativo de Galicia.

Posta en marcha dun punto da rede de centros de desenvolvemento cooperativo de Galicia, así como a realización de actividades de asesoramento, de información e formación encamiñadas a fomentar o emprendemento cooperativo e a economía social.

27.5.2011

0 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e as organizacións sindicais e empresariais participantes no proceso de diálogo social en Galicia para a realización de actividades do Programa Empregatex.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e as organizacións asinantes respecto das accións do Programa Empregatex.

Para iso, a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Relacións Laborais e da Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar, coa colaboración das organizacións empresariais, CEG, a través de COINTEGA, e sindicais, UGT-GALICIA, a través da súa Federación de Industria Afíns, e CC OO de Galicia, a través de FITEQA-CC.OO, todas elas participantes no proceso de diálogo social, poñen en marcha as accións correspondentes ao ano 2011 do programa EmpregaTex, dirixido a persoas desempregadas do sector téxtil, inscritas como demandantes de emprego nas oficinas de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, que perderan o seu emprego a consecuencia do despedimento en empresas do sector da industria do téxtil con sede en Galicia.

29.7.2011

1.848.819,31 €

Convenio co Concello de Muíños (Ourense).

Realización de actividades xuvenís que se desenvolverán do 1 ao 27 de agosto de 2011, en catro quendas, no albergue xuvenil do Corgo.

13.5.2011

10.800 €

Convenio co Concello de Cabana de Bergantiños (A Coruña).

Realización dun campo de traballo de temática ambiental e patrimonial, de ámbito estatal, que se desenvolverán do 15 ao 30 de xullo de 2011, nunha soa quenda.

13.5.2011

10.000 €

Convenio co Concello de Muíños (Ourense).

Realización e execución do programa de voluntariado ambiental no parque natural do Xurés.

17.5.2011

12.000 €

Convenio co Consello da Xuventude de Galicia (Conxuga).

Axudar a financiar as actividades que o Consello da Xuventude de Galicia ten previsto realizar durante o ano 2011, así como os gastos ordinarios de funcionamento.

18.5.2011

150.000 €

Convenio co Instituto de la Juventud (Injuve), do Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade.

Realización do programa Bolsa de vivienda joven en alquiler para o ano 2011.

27.5.2011

28.450,22 €

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, Consellería de Traballo e Benestar e a Cruz Vermella de Galicia, para o desenvolvemento do Programa de Familias Acolledoras.

Establecer o marco de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e Cruz Vermella de Galicia para o desenvolvemento na Comunidade Autónoma de Galicia do “Programa de Familias Acolledoras”, que ten como obxectivo xeral proporcionar unha atención temporal a aqueles menores en situación de risco, desamparo ou desprotección social, nun ambiente familiar normalizado, alleo á súa familia de orixe, por non existir esta ou non ser idónea para o seu coidado.

7.7.2011

Fondos propios:

200.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para o desenvolvemento de actuacións no marco do II Plan Galego de Inclusión Social, cofinanciado polo Fondo Social Europeo (eixo 2, código 71 do p.o. do Fondo Social Europeo 2007/2013).

Regular o marco de cooperación entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para o mantemento dunha rede coordinada de equipos de inclusión sociolaboral e accións complementarias de formación, sensibilización social e de acompañamento para a inserción de persoas e colectivos vulnerables no eido da inclusión social. O tema prioritario é a busca de vías de integración e reintegración na vida laboral de persoas con carencias que lles impiden ou dificultan o acceso ao mercado laboral a través de accións formativas, itinerarios integrados de inserción, entre outros.

17.6.2011

2.178.300,00 €

Convenio de cooperación entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello do Incio para a urbanización exterior e mobiliario dun punto de atención á infancia municipal.

Financiamento da urbanización exterior e equipamento dun punto de atención á infancia municipal.

3.5.2011

17.000 €

Convenio de cooperación entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Baralla para a finalización das obras dun punto de atención á infancia municipal.

Financiamento da finalización das obras dun punto de atención á infancia municipal.

30.5.2011

163.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación Galega de Familias Numerosas para o financiamento do sostemento do programa do carné familiar.

Financiamento do sostemento do programa do carné familiar galego.

12.7.2011

10.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a entidade Cáritas Diocesana de Santiago para o desenvolvemento dun programa de apoio a familias monoparentais.

Financiamento dun programa de apoio a familias monoparentais.

12.7.2011

24.689,51 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Monte do Gozo para o desenvolvemento do programa educativo-terapéutico «Proxecto Home» de atención, rehabilitación e reinserción social de persoas adictas.

Realización dunha serie de actuacións encamiñadas a inserción sociolaboral, englobadas nun programa marco denominado «Proxecto Home», de atención, rehabilitación e reinserción social de persoas adictas, atendendo, no marco de accións do II Plan Galego de Inclusión Social, especialmente aos principios de anonimato, voluntariedade e gratuidade da asistencia.

3.5.2011

135.786,24 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a entidade El Progreso de Lugo S.L.

Dar a coñecer á sociedade os programas e campañas que vaia desenvolver a consellería vinculados á formación, ao funcionamento do servizo público de emprego e aos seus instrumentos, para mellorar a empregabilidade e a colocación das persoas desempregadas.

17.8.2011

41.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a entidade Grupo La Región ao que pertence a entidade Rías Baixas Comunicación, S.A. editora do xornal Atlántico Diario e a entidade La Región, S.A. editora do xornal La Región.

Dar a coñecer á sociedade os programas e campañas que vaia desenvolver a consellería vinculados á formación, ao funcionamento do servizo público de emprego e aos seus instrumentos, para mellorar a empregabilidade e a colocación das persoas desempregadas.

17.8.2011

30.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a entidade Lérez Edicións, S.L. editora do xornal Diario de Pontevedra.

Dar a coñecer á sociedade os programas e campañas que vaia desenvolver a consellería vinculados á formación, ao funcionamento do servizo público de emprego e aos seus instrumentos, para mellorar a empregabilidade e a colocación das persoas desempregadas.

17.8.2011

34.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a entidade Editorial Compostela, S.A.

Dar a coñecer á sociedade os programas e campañas que vaia desenvolver a consellería vinculados á formación, ao funcionamento do servizo público de emprego e aos seus instrumentos, para mellorar a empregabilidade e a colocación das persoas desempregadas.

17.8.2011

51.500 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a entidade Editorial La Capital, S.L. editora dos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Bergantiños e Diario de Arousa.

Dar a coñecer á sociedade os programas e campañas que vaia desenvolver a consellería vinculados á formación, ao funcionamento do servizo público de emprego e aos seus instrumentos, para mellorar a empregabilidade e a colocación das persoas desempregadas.

17.8.2011

23.300 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a entidade Faro de Vigo editora do xornal Faro de Vigo.

Dar a coñecer á sociedade os programas e campañas que vaia desenvolver a consellería vinculados á formación, ao funcionamento do servizo público de emprego e aos seus instrumentos, para mellorar a empregabilidade e a colocación das persoas desempregadas.

17.8.2011

75.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a corporación Voz de Galicia, S.L.

Dar a coñecer á sociedade os programas e campañas que vaia desenvolver a consellería vinculados á formación, ao funcionamento do servizo público de emprego e aos seus instrumentos, para mellorar a empregabilidade e a colocación das persoas desempregadas.

17.8.2011

140.000 €