Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 18 de outubro de 2011 Páx. 30548

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2011, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, pola que se anuncia a contratación da explotación da cafetaría-bar-comedor de persoal e público do Hospital Montecelo e servizo diario de almorzo, comida e cea aos traballadores do complexo hospitalario que deban permanecer no centro, mediante procedemento aberto, multicriterio e tramitación ordinaria (AB-CHP1-11-019).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Complexo Hospitalario de Pontevedra.

b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1.º Dependencia: Unidade de Contratación Administrativa.

2.º Domicilio: r/ Loureiro Crespo n.º 2 (Hospital Provincial).

3.º Localidade e código postal: Pontevedra 36001.

4.º Teléfono: 986 80 71 03.

5.º Telefax: 986 80 83 09.

6.º Correo electrónico: contrataciones.chopo@sergas.es

7.º Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8.º Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás os sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AB-CHP1-11-019.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo especial.

b) Descrición: explotación da cafetaría-bar-comedor de persoal e público do Hospital Montecelo e servizo diario de almorzo, comida e cea aos traballadores do complexo hospitalario que deban permanecer no centro.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: Hospital Montecelo.

1.º Domicilio: Montecelo s/n - Mourente.

2.º Localidade e código postal: Pontevedra 36071.

e) Prazo de execución/entrega: 48 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 55320000-9, 55330000-2.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 464.444,44 euros. IVE (8%): 37.155,56 euros. Importe total: 501.600,00 euros.

5. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe. Definitiva: cinco por cento do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): ver prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das catorce (14.00) horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, rematará o día hábil seguinte) ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Regulamento xeral de contratos das administracións públicas.

b) Modalidade de presentación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1.º Dependencia: Rexistro Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra (Hospital Provincial).

2.º Domicilio: r/ Loureiro Crespo n.º 2.

3.º Localidade e código postal: Pontevedra 36001.

d) Admisión de variantes, se procede: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses, desde a data de apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas.

a) Dirección: publicarase no perfil do contratante.

b) Localidade e código postal: Pontevedra 36001.

c) Data e hora: a data e a hora de apertura dos sobres B e C publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es

9. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario ou adxudicatarios. O importe estimado máximo, salvo revisión tarifas, DOG: 5,42 euros/liña (se é urgente: 10,84 euros/liña).

Pontevedra, 6 de setembro de 2011.

José Manuel González Álvarez
Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra