Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 19 de outubro de 2011 Páx. 30583

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

ORDE do 29 de setembro de 2011 pola que se declara a alleabilidade de varios inmobles procedentes das antigas cámaras agrarias locais de Padrón e Cerdido.

A Comunidade Autónoma de Galicia é titular dos inmobles das antigas cámaras agrarias locais ao abeiro do disposto na disposición adicional sétima da Lei 11/1995, do 28 de decembro.

Unha vez desafectados do dominio público os inmobles das antigas cámaras agrarias locais de Padrón e Cerdido mediante o Decreto 63/2011, do 3 de marzo (DOG nº 69, do 7 de abril) e o Decreto 171/2011, do 4 de agosto (DOG nº 158, do 19 de agosto), e obtida a súa inscrición no correspondente rexistro da propiedade a nome da Comunidade Autónoma de Galicia, procede declarar a súa alleabilidade, de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e artigo 60 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o seu regulamento, co obxecto de posibilitar o seu tráfico patrimonial.

Na súa virtude, por proposta da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Artigo único.

Declárase a alleabilidade dos inmobles que se describen a continuación:

1. Parcela n.º 159 Castro, situada en Cruces, concello de Padrón (A  Coruña), cunha superficie aproximada de 883 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, camiño e José Valiño Taboada; sur, zona excluída; leste, José Valiño Taboada e Valentín Figueira Guisande; e oeste, Manuel Uzál Lodeiro.

Atópase inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio n.º 9.630, tomo 487, libro 110 e folio 74.

Referencia catastral: 8257404NH2385N0001YP.

Valoración económica: 6.534,91 euros.

2. Parcela n.º 322 Agroxoi, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 495 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con María Lapido Díaz e outros; sur, José González Cereijo, canle de rega en medio; leste, camiño, canle de rega en medio; e oeste, regato que o separa de Manuela Prado Sampedro.

Atópase inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio n.º 9.638, tomo 487, libro 110 e folio 82.

Referencia catastral: 15066B503003220000FJ.

Valoración económica: 10.939,40 euros.

3. Parcela n.º 590 Chalín, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 3.215 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con zona excluída; sur, camiño existente, canle de rega en medio; leste, José Aboy Blanco e oeste, con zona excluída.

Atópase inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio n.º 9.654, tomo 487, libro 110 e folio 98.

Referencia catastral: 15066B503005900000FA.

Valoración económica: 25.755,76 euros.

4. Parcela n.º 598 Magaláns, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 2.199 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, José Tojo Blanco e outro, Manuela Cajaraville Pose e Digna Iglesias Souto; sur, Josefina Villaverde Sánchez; leste, camiño; e oeste, zona excluída.

Atópase inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio n.º 9.656, tomo 487, libro 110 e folio 100.

Referencia catastral: 15066B503005980000FF.

Valoración económica: 24.465,41 euros.

5. Parcela n.º 984 Costeira, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 1.294 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, camiño; sur, río; leste, camiño existente e Rosalía Fojo Naya; e oeste, Rosa Seage Grela.

Atópase inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio n.º 9.674, tomo 487, libro 110 e folio 118.

Referencia catastral: 15066B503009840000FM.

Valoración económica: 28.597,15 euros.

6. Parcela n.º 1.116 Bouza, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 4.114 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, Manuel Landeira Iglesias, Isolina González Díaz e José Arca Rois; sur, con camiño; leste, camiño e Ramón Manuel Mirón Ribas; e oeste, Manuel Castro García e camiño.

Atópase inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.686, tomo 487, libro 110 e folio 130.

Referencia catastral: 15066F503011160000DP.

Valoración económica: 32.957,76 €.

7. Parcela Soocano, situada no lugar de Felgosa de Arriba na Barqueira (Cerdido), cunha superficie aproximada de 635 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, labradío de Filomena Prieto Díaz; sur, con ribado en labradío máis baixo de Perfecta Villarnovo; leste, estrada de Viveiro a Liñares; e oeste, con ribado en terra labradía de Andrés Romero Coba, antes Concepción Luaces.

Atópase inscrita no Rexistro da Propiedade de Ortigueira como predio n.º 3.242, tomo 315, libro 23 e folio 136.

Referencia catastral: 15025A065002100000BJ.

Valoración económica: 10.609,50 euros.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2011.

P.D. (Orde 27.4.2009)
Rosa M.ª Pedrosa Pedrosa
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda