Ernesto Regueira Núñez, notario do Colexio Notarial de Galicia, con residencia en Vigo, fago constar que no procedemento extraxudicial de execución hipotecaria, que se tramita en virtude de acta iniciada o día trinta de maio de dous mil once, baixo o número de protocolo 606, tendo presente que recibín escrito de Alfredo Pérez Medrano, representante da parte acredora executante, en que se solicita que se practique a poxa do predio executado, precedendo o triplo sinalamento da poxa e a redacción dos anuncios correspondentes, procedo a isto na forma seguinte:
Primeiro. Con respecto ao sinalamento, sinálase a primeira poxa para o día 29 de novembro de 2011, ás 10.00 horas; a segunda, se for o caso, para o día 3 de xaneiro de 2012, ás 10.00 horas; e a terceira, se corresponder, para o día 3 de febreiro de 2012, ás 10.00 horas.
Segundo. Identificación do predio obxecto de poxa:
Municipio de Vigo, Currás, primeira travesía de Barreiro, barrio do Sello, parroquia de Cabral.
Urbana: número un. Planta baixa destinada a uso de vivenda. Ocupa a superficie de corenta e tres metros cadrados. Estrema: fronte, primeira travesía de Barreiro; fondo, a planta baixa a vivenda número dous; dereita, Juana Vilaboa; esquerda, portal de entrada.
Cota: 19%.
Inscrita no Rexistro da Propiedade de Vigo número 2, no tomo 1.506 do arquivo, libro 656 de Vigo, folio 75, predio número 40.588.
Terceiro. Con respecto ao lugar en que se han celebrar as poxas, segundo o artigo 236.g.1 do Regulamento hipotecario, estas celebraranse na notaría onde se seguen as actuacións, é dicir, no despacho notarial sito na rúa Porto Rico, número 18-20, planta primeira, oficina 1, desta cidade de Vigo.
Cuarto. Con respecto ao día e hora, xa quedaron debidamente indicados ao efectuar o triplo sinalamento.
Quinto. Con respecto ao tipo que servirá de base ás poxa, para a primeira o tipo é de cento trinta e seis mil quiñentos setenta e sete euros con corenta e cinco céntimos; para a segunda, o setenta e cinco por cento da cantidade sinalada; e a terceira efectuarase sen suxeición a tipo.
Sexto. Así mesmo, exprésase que a documentación e a certificación do Rexistro a que se refiren os artigos 236.a e 236.b do Regulamento hipotecario, poden consultarse na notaría; entenderase que todo licitador acepta como bastante a titulación e que as cargas, gravames e asentos anteriores á hipoteca que se executa continuarán subsistentes.
Sétimo. Con respecto aos depósitos ou consignacións, faise constar que os ofertantes, coa expresión da parte acredora executante, se o for, para tomaren parte na primeira ou na segunda poxas deberán consignar previamente na notaría o trinta por cento do tipo que corresponda. Na terceira poxa, o depósito consistirá nun vinte por cento do tipo da segunda.
Oitavo. Por último, para o caso de que a comunicación por correo certificado ao titular da última inscrición de dominio do lugar, día e hora fixados para as poxas, a que se refire o artigo 236.f.5 do Regulamento hipotecario, resultar infrutuosa ou negativa, servirá o presente anuncio e a súa publicación nos taboleiros de avisos do Concello e do Rexistro da Propiedade e, se for o caso, no Boletín Oficial del Estado para suplir e ter por efectuada correctamente esa comunicación.
Expídese o presente edicto en dous folios de papel exclusivo para documentos notariais da serie 8Y, números catro millóns novecentos dous mil noventa e o anterior en orde correlativa.
Vigo, 27 de setembro de 2011.
Rubricado

