Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 24 de outubro de 2011 Páx. 31259

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2011, da Dirección da Área Sanitaria de Ferrol, pola que se anuncia a licitación, por procedemento aberto, para a contratación da explotación da cafetaría-comedor de persoal e público, así como a instalación e explotación de máquinas expendedoras do Hospital Naval de Ferrol.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Área Sanitaria de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Subministracións (Unidade de Contratación).

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Área Sanitaria de Ferrol. Servizo de Subministracións.

2. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3. Localidade e código postal: 15405 Ferrol.

4. Teléfono: 981 33 67 62/981 33 45 14.

5. Telefax: 981 33 45 51.

6. Correo electrónico: contratacion.subministracions.asf@sergas.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8. Data límite de obtención de documentos e información: poderanse recoller ata o último día de presentación de ofertas, todos os días laborables das 9.00 ás 14.00 horas, agás sábados.

d) Número de expediente: AB-ASF1-11-022.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: administrativo especial.

b) Descrición do obxecto: contratación da explotación da cafetaría-comedor de persoal e público, así como a instalación e explotación de máquinas expendedoras do Hospital Naval de Ferrol.

c) División por lotes e número: lote único.

d) Lugar de entrega:_.

e) Prazo de entrega: _.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco (se é o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (se é o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 55330000-2.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación, se é o caso:

1. Tarifas dos artigos que se recollen no anexo II: ata 30 puntos.

2. Canon ofertado: ata 20 puntos.

3. Memoria de organización e prestación do servizo: ata 20 puntos.

4. Plan de reforma do acondicionamiento e mellora do local de cafetaría: 15 puntos.

5. Melloras ofertadas: 15 puntos.

4. Valor estimado do contrato: _.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe canon mínimo explotación: 4.000,00 €/ano.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 1.000,00 €.

7. Requisitos específicos do contratista (grupo, subgrupo e categoría):

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxanse os pregos.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

b) Modalidade de presentación: véxanse os pregos.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Área Sanitaria de Ferrol.

2. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3. Localidade e código postal: 15405 Ferrol.

4. Enderezo electrónico: _.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) A data, a hora e o lugar de realización das mesas de apertura dos sobres B e C publicarase no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios do órgano de contratación.

10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas (se é o caso):

12. Outras informacións: _.

Ferrol, 15 de setembro de 2011.

Luís Verde Remeseiro
Director da Área Sanitaria de Ferrol