Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 28 de outubro de 2011 Páx. 31730

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2011, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se acorda facer pública a relación de candidatos que obtiveron bolsa ao abeiro da Resolución do 24 de xuño de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de bolsas destinadas aos cidadáns galegos residentes no exterior para a realización de estudos universitarios oficiais, intercambios universitarios e estudos de formación profesional durante o curso 2011-2012, así como a relación das solicitudes non admitidas e renuncias.

A Resolución da Secretaría Xeral da Emigración do 24 de xuño de 2011, publicada no DOG número 129, do 6 de xullo, establece e regula os programas de bolsas destinadas aos cidadáns galegos residentes no exterior para a realización de estudos universitarios e de formación profesional durante o curso académico 2011-2012.

Vista a proposta de resolución definitiva efectuada polo órgano instrutor, á vista dos respectivos informes das comisións seleccionadoras, esta secretaría xeral, en aplicación da disposición adicional segunda do Decreto 325/2009, do 18 de xullo, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Xunta de Galicia, polo que se desconcentra no secretario xeral da Emigración a competencia para a resolución das axudas do seu respectivo ámbito de competencia

RESOLVE:

Conceder unha bolsa segundo a proposta do órgano instrutor ás persoas relacionadas no anexo I, polos importes que en cada caso se sinalan, con cargo á aplicación orzamentaria 04.50.312C.480.0.-Accións políticas migratorias, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011-2012, para a realización de estudos de formación profesional e universitarios nalgunha das tres universidades que conforman o Sistema Universitario de Galicia durante o curso académico 2011-2012.

Denegar as bolsas ás persoas relacionadas no anexo II polo motivo que se indica.

Publicadas as resolucións, os interesados propostos como beneficiarios disporán dun prazo de 10 días para a súa aceptación. Tanscorrido ese prazo sen que se produza manifestación expresa, a axuda entenderase tacitamente aceptada.

Os/As beneficiarios/as relacionados/as no anexo I deberán remitir á Secretaría Xeral da Emigración no prazo de 30 días, contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución de concesión das bolsas no portal da Secretaría Xeral da Emigración (www.galiciaaberta.com), a seguinte documentación:

a) Xustificante orixinal ou debidamente cotexado que acredite a realización da matrícula dos estudos que se vaian realizar. No documento deberá figurar o selo da entidade bancaria xustificativo do pagamento realizado.

b) No caso de concesión de axuda de viaxe, deberase achegar a factura correspondente ou documentación xustificativa que acredite a realización da viaxe e o pagamento desta.

c) Certificación orixinal do número de conta bancaria da cal o/a solicitante da bolsa sexa titular. No número de conta constará o código conta cliente, comprensivo dos códigos que identifican o banco, a oficina, o díxito de control e o número da conta en que se aboará o importe da bolsa. En todo caso, o domicilio social da sucursal da entidade bancaria deberá estar radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Enderezo para efectos de notificacións e teléfono de contacto en Galicia.

e) Declaración responsable de non ter débedas pendentes coa Administración tributaria estatal e autonómica, así como coa Seguridade Social.

Transcorrido este prazo sen que se achegue a citada documentación, considerarase que o/a interesado/a renuncia á bolsa concedida.

Unha vez presentada a documentación xustificativa, a Secretaría Xeral da Emigración procederá ao aboamento do 70% do importe da bolsa concedida mediante transferencia bancaria. O último pagamento, correspondente ao 30% restante, farase efectivo de xeito similar despois de que o/a bolseiro/a presente na Secretaría Xeral da Emigración, antes do 30 de setembro de 2012, a seguinte documentación:

Para os programas 1, 2 e 3, certificación académica dos estudos realizados durante o desfrute da bolsa ou informe do titor, director ou coordinador do intercambio en relación co cumprimento das súas obrigas como bolseiro/a durante os meses da duración da bolsa.

No caso do programa 4, os/as beneficiarios/as das bolsas deberán achegar unha certificación que acredite que seguiron a avaliación continua, cando menos, no 70% dos módulos do ciclo durante o curso para o que fose convocada a axuda e ter aprobados, polo menos, o 50% dos módulos do ciclo.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante o secretario xeral da Emigración no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Tamén poderá o interesado interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o previsto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2011.

J. Santiago Camba Bouzas
Secretario xeral da Emigración

Anexo I
Solicitudes admitidas: bolsas destinadas aos cidadáns galegos residentes
no exterior. Programa 1 (título de grao), 2 (máster universitario), 3 (intercambio),
4 (F.P. grao superior) – Curso 2011/2012

Apelidos

Nome

DNI/

Pasaporte

País orixe

Ciclo

Universidade/ centro estudo

Tipo de bolsa

Importe bolsa

Importe axuda de viaxe

Importe Total

1

Baldomir Gutiérrez

Ana Patricia

49333706-V

Reino Unido

Máster

Santiago de Compostela

Prórroga

6.000 €

0 €

6.000 €

2

Beiro Silva

Fernando

49402807-A

Brasil

Máster

Santiago de Compostela

Nova concesión

6.000 €

1.000 €

7.000 €

3

Brea Gonsalves

Diego

71735504-E

Brasil

Máster

Santiago de Compostela

Nova concesión

6.000 €

1.000 €

7.000 €

4

Castro Rivas

Marisa

47437106-C

Estados Unidos

Titulo de grao

A Coruña

Prórroga

6.000 €

0 €

6.000 €

5

Cid González

Evelyn

Y0334590-T

Cuba

Máster

Santiago de Compostela

Prórroga

6.000 €

0 €

6.000 €

6

Cribeiro Navarro

Camila

47384359-N

Cuba

F.P.

A Coruña

Nova concesión

5.000 €

1.000 €

6.000 €

7

Curcio González

Silvana María

XDA403403

Arxentina

Máster

Santiago de Compostela

Nova concesión

6.000 €

1.000 €

7.000 €

8

Diego Godoy

Santiago

32267038-N

Arxentina

Máster

Vigo

Nova concesión

6.000 €

1.000 €

7.000 €

9

Domínguez Philocreon

Ticiano Augusto

45909146-L

Brasil

Máster

Santiago de Compostela

Prórroga

6.000 €

0 €

6.000 €

10

Greco Iglesias

Diamela Mónica

46290322-Q

Arxentina

Titulo de grao

A Coruña

Prórroga

6.000 €

0 €

6.000 €

11

Moldes Expedito

Vivian

77546824-R

Brasil

Máster

Vigo

Prórroga

6.000 €

0 €

6.000 €

12

Pérez Figueroa

María

XD473378

Venezuela

Máster

Santiago de Compostela

Nova concesión

6.000 €

1.000 €

7.000 €

13

Reyna Muniain

Facundo

27726751-N

Arxentina

Titulo de grao

Vigo

Prórroga

6.000 €

0 €

6.000 €

14

Rodríguez Rubio

Josué Javier

35582256-Z

República Dominicana

Titulo de grao

A Coruña

Nova concesión

6.000 €

1.000 €

7.000 €

15

Sanmartín Boullosa

Bárbara

71682149-G

Brasil

Titulo de grao

Santiago de Compostela

Prórroga

6.000 €

0 €

6.000 €

16

Serra Carpintero

Rodrigo Enrique

XD450122

Arxentina

Intercambio

Santiago de Compostela

Nova concesión

4.000 €

1.000 €

5.000 €

17

Torres Sánchez

Luis Antonio

49332004-V

Venezuela

Titulo de grao

A Coruña

Prórroga

6.000 €

0 €

6.000 €

18

Vidal Rainho

Caroline

49333722-X XD046016

Brasil

Titulo de grao

A Coruña

Nova concesión

6.000 €

1.000 €

7.000 €

Anexo II
Solicitudes non admitidas/desestimadas. Bolsas destinadas aos cidadáns galegos residentes no exterior. Programas 1 (título de grao), 2 (máster), 3 (intercambio),
4 ( F.P. grao superior) – Curso 2011/2012

Apelidos

Nome

DNI

Pasaporte

País orixe

Ciclo

Universidade/ centro

Tipo de bolsa

Resolución

Motivo de denegación

1

Agrafojo Mayo

Sihomara

54485375-W

Estados Unidos

F.P.

CFP Tomás Barros (A Coruña)

Nova Concesión

Desestimada

Non presentada documentación xustificativa que acredite a súa condición de galega (art. 3.b). Non acredita a residencia no estranxeiro da solicitante da bolsa (art. 3.c)

2

Ávila Abal

Santiago Martín

XDA313136

Brasil

Máster

Santiago de Compostela

Nova concesión

Desestimada

Non presenta documentación de estar admitido no máster (art. 10.2)

3

Caprarelli Rodríguez

Javier Francisco

XDA100000

Arxentina

Máster

Vigo

Nova concesión

Denegada

Solicitude presentada fóra de prazo

4

Figuerola Mera

Noemí

44655761-L

Suíza

Máster

Santiago de Compostela

Nova concesión

Denegada

Acreditación da súa residencia no estranxeiro non válida (art. 3.c)

5

Gamallo López

Vanesa

77481707-C

Francia

Titulo de grao

Vigo

Prórroga

Denegada

Non acredita que superou o 75% dos créditos (art. 6.2)

6

García González

María

76623730-N

Reino Unido

Titulo de grao

Santiago de Compostela

Nova concesión

Denegada

Solicitude presentada fóra de prazo (art. 6.1).

7

Gil Martínez

María Adelaida

78735511-W

Rusia

Máster

Santiago de Compostela

Nova concesión

Denegada

Non obtivo o título nos últimos cinco anos anteriores ao da convocatoria (art. 9.2)

8

Ínsua Díaz

Mathias Nicolás

XDA030375

Uruguai

Titulo de grao

Vigo

Nova concesión

Desestimada

Non presenta documentación de estar admitido nos estudos (art. 6.2)

9

Manzo Cruces

Javier Gonzalo

XD301439

Uruguai

Intercambio

Santiago de Compostela

Nova concesión

Desestimada

Non acredita a residencia no estranxeiro (art. 3.c). Non presenta documentación de estar admitido nos estudos nin a súa duración (arts. 13.2 e 14.2)

10

Mariño Garrido

Rodrigo

XD467307

Brasil

Intercambio

Vigo

Nova concesión

Desestimada

Non presenta documentación de estar admitido nos estudos

(arts. 13.2 e 14.2)

11

Pérez Miras

Katiuska Carolina

XD360644

Venezuela

Máster

Santiago de Compostela

Nova concesión

Denegada

Solicitude presentada fóra de prazo

12

Quintero Albarrán

Mary Rosa

32736335-K

Venezuela

Máster

A Coruña

Nova concesión

Denegada

Non obtivo o título nos últimos cinco anos anteriores ao da convocatoria (art. 9.2)

13

Rivas Frana

Tiago

AAC986614

Brasil

Máster

Santiago de Compostela

Nova concesión

Denegada

Non obtivo o título nos últimos cinco anos anteriores ao da convocatoria (art. 9.2)

14

Vázquez Rivarola

Horacio Guilermo

XDA396464

Arxentina

Máster

Vigo

Nova concesión

Denegada

Non obtivo o título nos últimos cinco anos anteriores ao da convocatoria (art. 9.2)