Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 28 de outubro de 2011 Páx. 31728

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2011, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 19 de maio de 2011 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres e se procede á súa convocatoria (Diario Oficial de Galicia núm. 103, do 30 de maio).

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 21.3 da Resolución do 19 de maio de 2011 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres e se procede á súa convocatoria, procédese á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da citada resolución do 19 de maio de 2011.

Finalidade da axuda: estas axudas teñen como finalidade fortalecer e consolidar o movemento asociativo de mulleres, por ser un elemento indispensable na promoción da igualdade de oportunidades, a través das seguintes liñas:

a) Liña 1: consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar gastos correntes que orixine o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e as súas federacións.

b) Liña 2: promoción de hábitos de vida saudables, destinada a compensar gastos correntes e/ou de persoal producidos polo desenvolvemento de actividades destinadas a esta finalidade.

Norma reguladora: Resolución do 19 de maio de 2011 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres e se procede á súa convocatoria.

Crédito orzamentario: 32.857,14 euros.

Partida orzamentaria: 04.40.313B.480.0.

Entidades beneficiarias da subvención e importe concedido a cada unha delas: ver anexo.

Lugo, 10 de outubro de 2011.

Marta Barreiro Castro
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Crédito asignado: 32.857,14 euros.

Subvencións concedidas: liña 1.

CIF

ENTIDADE

IMPORTES

SI437A2011/2-2

ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS STA. LUCÍA

271,30 €

SI437A2011/46-2

ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS

977,32 €

SI437A2011/18-2

ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS TRES CASTROS

4.725,86 €

SI437A2011/12-2

ASOCIACIÓN FAMILIAR DE AA. DE CASA DE RIBADEO

1.313,91 €

SI437A2011/33-2

ASOCIACIÓN DE VIÚVAS CARMIÑA PRIETO ROUCO

2.000,00 €

SI437A2011/15-2

ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS LEDICIA

2.078,57 €

SI437A2011/7-2

ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS A XUNTANZA

1.131,83 €

SI437A2011/4-2

ASOCIACIÓN AA.CC. CONSUM. BAOS

183,65 €

Subvencións concedidas: liña 2.

CIF

ENTIDADE

IMPORTES

SI437A2011/41-2

ASOCIACIÓN ANTULLA

1.200,00 €

SI437A2011/13-2

ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS AMENCER

4.000,00 €

SI437A2011/27-2

ASOCIACIÓN AA.CC. CONSUM. E USUAR. ALBORADA

1.823,50 €

SI437A2011/29-2

ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS ESPALLADORAS

1.600,00 €

SI437A2011/22-2

ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS OLVIDO

1.956,15 €

SI437A2011/19-2

ASOCIACIÓN DE ARTESÁS DO TELAR

1.102,80 €

SI437A2011/25-2

AFAMMER GALICIA

2.354,72 €

SI437A2011/14-2

ASOCIACIÓN DE MULLERES SAN MARTIÑO

1.300,00 €

SI437A2011/06-2

ASOCIACIÓN AA.CC.CONSUM. E USUAR. MONTERROSO

2.000,00 €

SI437A2011/37-2

ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS PORTA NORTE

750,00 €

SI437A2011/28-2

ASOCIACIÓN DE MULLERES SAN CIPRIÁN

1.627,12 €