Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 8 de novembro de 2011 Páx. 32664

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monforte de Lemos

ANUNCIO de información pública do proxecto de ampliación e mellora do sistema de tratamento de auga potable de Monforte de Lemos e dos bens e dereitos afectados de expropiación forzosa para a súa execución.

Asunto: incoación do expediente de información pública do proxecto de ampliación e mellora do sistema de tratamento de auga potable de Monforte de Lemos e dos bens e dereitos afectados de expropiación forzosa para a súa execución.

Severino Rodríguez Díaz, alcalde do concello de Monforte de Lemos (Lugo), en virtude do disposto no artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e en atención ao previsto na cláusula II do convenio subscrito o 28 de maio de 2010 entre este concello, a Xunta de Galicia, o organismo autónomo Augas de Galicia e a sociedade estatal Augas das Bacías do Norte, S.A.

I. Antecedentes.

A sociedade estatal Augas das Bacías do Norte, S.A., resultado da fusión por absorción de Augas da Bacía do Norte, S.A. (sociedade absorbida), e Augas do Douro, S.A. (sociedade absorbente), foi constituída con data do 28 de setembro de 1999, por autorización do Consello de Ministros, nos termos previstos no artigo 158.5 da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, así como no artigo 132.1 do texto refundido da Lei de augas, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo.

A sociedade estatal Augas das Bacías do Norte, S.A. está participada na súa totalidade polo Estado español, e exerce o seu control económico a Dirección Xeral do Patrimonio do Estado de acordo coa Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das administracións públicas.

No ámbito das súas competencias, recoñecidas nos seus estatutos sociais e de acordo co vixente convenio de xestión directa, subscrito co Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño, encoméndase á sociedade estatal a construción, explotación e execución de varias infraestruturas hidráulicas, entre as cales se atopa a ampliación e mellora do sistema de tratamento de auga potable de Monforte de Lemos.

O sistema de abastecemento de auga potable de Monforte de Lemos presenta as seguintes deficiencias:

– Antigüidade das instalacións:

• Frecuentes avarías na rede.

• Escaso mantemento de equipamentos.

• Carencias de regulación.

• Sistema de operación obsoleto.

• Baixa calidade do servizo.

– Capacidade do sistema:

• Interrupcións da subministración.

– Flexibilidade do sistema:

• Resposta deficiente do sistema ante variacións de demanda.

– Rendemento do sistema:

• Baixo factor de eficiencia.

Para solucionar esta situación, a sociedade estatal Augas das Bacías do Norte, S.A., de conformidade co seu convenio de xestión directa subscrito co Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño, e co convenio subscrito con este Concello o 28 de maio de 2010, redactou un proxecto construtivo onde se definen as obras necesarias para a mellora do abastecemento de auga de Monforte de Lemos. Na cláusula II b) deste último documento prevese que:

«En atención á natureza e competencias da actuación, corresponde ao Concello de Monforte de Lemos:

1. A supervisión do proxecto construtivo nos termos exixidos polo artigo 109 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, e convense que, ante a insuficiencia de medios propios do concello, a dita supervisión se poida efectuar polas seguintes alternativas:

– Polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos, quen subscribirá un acordo específico co Concello de Monforte de Lemos.

– Mediante a supervisión do proxecto construtivo pola unidade correspondente do organismo autónomo Augas de Galicia.

2. A aprobación do proxecto construtivo e a súa integración no Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello.

3. A tramitación e aprobación do expediente de bens e dereitos afectados de expropiación polas obras.

4. O outorgamento de todas as licenzas e permisos de competencia municipal que sexan necesarios para a execución das obras e a posta en marcha da infraestrutura hidráulica».

II. Obxecto e características do proxecto.

As obras proxectadas teñen por obxecto a mellora do sistema de abastecemento do Concello de Monforte de Lemos, que consisten fundamentalmente en:

– Actuacións de mantemento na captación de Freixo.

– Novo acceso a ETAP en Ribas Altas.

– Nova ETAP de Ribas Altas (capacidade máxima 230 l/s, ampliable a 300 l/s).

– Estación de bombeo de Ribas Altas (300 l/s).

– Depósito de bombeo de Ribas Altas (3.219 m3).

– Condución impulsión Ribas Altas-Cornado.

– Control de enchemento automático e telexestión dos depósitos de San Vicente.

– Control de enchemento automático e telexestión do depósito de Piñeira.

– Control automático e telexestión das conexións á rede de alta (Rúa Real e anel de distribución).

– Sistema de integración de sinais e axuda á decisión (intelixencia artificial-resposta á demanda).

En consecuencia, prevese que as obras do proxecto construtivo de ampliación e mellora do sistema de tratamento de auga potable de Monforte de Lemos permitirán solucionar as deficiencias de abastecemento que presenta a cidade.

III. Análise documental do proxecto.

O proxecto comprende os seguintes documentos:

1. Memoria, con vinte e seis (26) anexos, incluíndose entre estes documentos os preceptivos programa de traballos (anexo n.º 22), xustificación de prezos (anexo n.º 23), parcelario e relación de bens afectados (anexo n.º 24) e orzamento para coñecemento da Administración (documento n.º 4, Orzamentos).

De conformidade co plan de obras proponse un prazo de dezanove (19) meses para a execución das obras, aos cales hai que engadir tres (3) meses máis para a posta en marcha.

Faise declaración expresa de tratarse dunha obra completa (apartado 19 da memoria).

– Planos en que se definen suficientemente as obras proxectadas.

– Prego de prescricións técnicas particulares, no cal, adecuadamente, se definen os materiais, se especifica a execución das distintas unidades de obra e se determina a súa medición e aboamento.

– Orzamento, cos capítulos regulamentarios, polos que se obtén un orzamento de execución material de 4.791.948,28 euros, ascendendo o valor estimado do contrato de obras a 4.276.815,96 euros, incluído o estudo de seguridade e saúde e o coeficiente de adxudicación, e excluído o imposto sobre o valor engadido correspondente.

– Estudo de seguridade e saúde, inclúese, segundo o disposto no Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se establecen disposicións mínimas de seguridade e de saúde nas obras de construción, cuxo orzamento de execución material ascende a 44.317,86 euros.

IV. Conclusión.

Esta alcaldía, en virtude do disposto no artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e en atención ao previsto na cláusula II do convenio subscrito o 28 de maio de 2010 entre este concello, a Xunta de Galicia, o organismo autónomo Augas de Galicia e a sociedade estatal Augas das Bacías do Norte, S.A.

Resolve autorizar a incoación do expediente de información pública do proxecto de ampliación e mellora do sistema de tratamento de auga potable de Monforte de Lemos e dos bens e dereitos afectados de expropiación forzosa para a súa execución.

Esta resolución deberá facerse pública para xeral coñecemento de acordo co artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e dos propietarios de terreos, bens e dereitos afectados polas obras recollidas neste proxecto construtivo, cuxa relación se xunta como anexo, conforme o establecido no artigo 18 da Lei de 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa, e nos artigos 17 e 18 do seu regulamento (Decreto do 26 de abril de 1957), polo prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir da publicación do correspondente anuncio no último dos boletíns ou diarios en que se publicará, Boletín Oficial del Estado e Boletín Oficial da provincia de Lugo, a fin de que os que se consideren prexudicados polas obras que se prevén poidan formular as alegacións que consideren oportunas.

O proxecto construtivo, a relación de bens e dereitos afectados e os planos parcelarios poderán ser examinados na Delegación de Oviedo da sociedade estatal Augas das Bacías do Norte, S.A., situada na rúa La Regenta, n.º 23, de Oviedo e nas dependencias deste concello, de Monforte de Lemos sitas na praza Campo de San Antonio s/n. A relación de bens e dereitos afectados e os planos parcelarios tamén poderán ser examinados nas dependencias deste concello.

Monforte de Lemos, 7 de outubro de 2011.

Severino Rodríguez Díaz
Alcalde

ANEXO I
Lista de bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de ampliación e mellora do sistema
de tratamento de auga potable de Monforte de Lemos

Predio n.º

Termo municipal

Polígono

Parcela

Uso

Nome

Enderezo

Sup. total (m²)

Temporal

Exp. def.

Acueduto

Arboredo
autóctono

Arboredo
froiteiras

Pinus sp.

Quercus robur

Castanea sativa

Chantón
árbore
autóctona

Outros
bens

1

Monforte de Lemos

33

782

MT

MVMC de Ribas Altas exp. 2/2001

179.525

572

48

299

10 ud.

16 ud.

2

Monforte de Lemos

33

484

MT

Varela González, José

R/ Miguel de Cervantes 18, pl. 2, pt. A,

Lugo 27003

17.996

1.142

547

13 ud.

21 ud.

3.727 ud.

3

Monforte de Lemos

33

498

MT

Suengas Sánchez, Pilar

R/ Rampla Claudio López 34, pl. 3, pt. I,

Lugo 27002

11.695

253

10.324

98

7 ud.

26.055 ud.

4

Monforte de Lemos

33

499

MT

López Casanova, Víctor

Lg. Morín 302,

Monforte de Lemos 27400

3.261

2.492

4.984 ud.

5

Monforte de Lemos

33

500

MT

Casanova López, Luis Manuel

Lg. Morín 221,

Monforte de Lemos 27400

4.586

3.324

3 ud.

4.986 ud.

6

Monforte de Lemos

33

501

MT

Casanova Otero, José Ramón

R/ Chantada 30, pl. 5,

Monforte de Lemos 27400

5.693

782

799

6 ud.

2.214 ud.

7

Monforte de Lemos

33

508

MT

Casanova Lemos, Ana

R/ Bernardo González Cachamu 6, pl. 4, pt. dta.

Ourense 32004

4.666

118

8

Monforte de Lemos

33

771

PD

García Cores, Casimiro

Pq. Ribas Altas,

Monforte de Lemos 03500

123

123

9

Monforte de Lemos

33

770

MT

Martínez Pérez, Antonio

R/ Juan Montes,

Monforte de Lemos 27400

387

387

10

Monforte de Lemos

32

185

PD

Rodríguez Álvarez, María

Lg. Ribas Altas Outeiro 34, Monforte de Lemos 27400

3.302

27

11

Monforte de Lemos

32

183

C

Rodríguez Castro, Remedios

R/ Morín 156, pl. B,

Monforte de Lemos 27400

646

34

12

Monforte de Lemos

32

168

PD

Pombo Martínez, Consuelo

Lg. Ribas Altas Outeiro 20,

Monforte de Lemos 27400

669

218

13 ud.

Parra de 7 m formada por 6 vides

13

Monforte de Lemos

32

167

PD

López Casanova, Pilar

Lg. Morín 221,

Monforte de Lemos 27400

298

50

1 ud.

1 ud.

14

Monforte de Lemos

32

166

PD

Álvarez González, Antonio

Lg. Parte,

Monforte de Lemos 27410

758

109

2 ud.

1 ud.

15

Monforte de Lemos

32

165

C

Casanueva Cuyar, Azucena

R/ Ribas Altas, Outeiro 29,

Monforte de Lemos 27410

489

76

6 ud.

16

Monforte de Lemos

32

164

C

García Rodríguez, José

Lg. Ribas Altas, Outeiro 11,

Monforte de Lemos 27400

1.097

118

1 ud.

1 construción agraria

17

Monforte de Lemos

32

163

C

Rodríguez Castro, Remedios

R/ Morín, 156, pl. B,

Monforte de Lemos 27400

935

139

1 ud.

18

Monforte de Lemos

32

162

C

Casanova Otero, José Ramón

R/ Chantada 30, pl. 5,

Monforte de Lemos 27400

611

27

270 ud

19

Monforte de Lemos

32

158

C

Casanova Pumar, Nemesio

Lg. Morín 231,

Monforte de Lemos 27400

1.844

2

20

Monforte de Lemos

32

161

C

López Álvarez, José

Lg. Rivasaltas 30,

Monforte de Lemos 27410

690

146

21

Monforte de Lemos

32

159

C

Casanova Pumar, Nemesio

Lg. Morín 231,

Monforte de Lemos 27400

881

146

8 ud.

22

Monforte de Lemos

32

160

C

Rodriguez López, Irene

Lg. Ribas Altas, Outeiro,

Monforte de Lemos 27400

1.667

18

1 ud.

23

Monforte de Lemos

33

507

MT

Casanova Pumar, Nemesio

Lg. Morín 231,

Monforte de Lemos 27400

2.631

8

43 ud.

24

Monforte de Lemos

2592010PH2029S

ID

Concello de Monforte de Lemos

Praza Campo de San Antonio s/n

Monforte de Lemos 27400

3.005

155,03

32,03

125,47

25

Monforte de Lemos

2691015PH2029S

ID

Concello de Monforte de Lemos

Praza Campo de San Antonio s/n

Monforte de Lemos 27400

2.867

620,37

151,94

143,96