Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 9 de novembro de 2011 Páx. 32762

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2011, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Sarria (expediente IN407A 2011/46-2, 7884 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: modificado 1 a proxecto de retranqueo liña por execución corredor Sarria-Monforte de Lemos treito I (1.ª fase) Sarria-Chorente.

Situación: concello de Sarria.

Características técnicas:

Modificación no p.q. 0+900 a p.q. 2+100 da traza do corredor Sarria-Monforte de Lemos.

  • Liña de media tensión aérea a 20 kV SAR 804 Oural-Cog. Magnesitas de Rubián con orixe no apoio existente n.º 27 e final no apoio existente n.º 12 da mencionada liña, cunha lonxitude de 1.182 metros en condutor LA-110.

Modificación no p.q. 1+140 da traza do corredor Sarria-Monforte de Lemos.

  • Liña de media tensión aérea a 20 kV a C.T. existente Lamparte, con orixe no apoio n.º 3 da L.M.T. modificada SAR 804 e final no apoio existente no cal se ubica o C.T. Lamparte, cunha lonxitude de 219 metros en condutor LA-56.

Modificación no p.q. 1+860 da traza do corredor Sarria-Monforte de Lemos.

  • Liña de media tensión aérea a 20 kV a C.T. existente Lamparte, con orixe no apoio n.º 10 da L.M.T. modificada SAR 804 e final no apoio de formigón existente n.º A27-1, cunha lonxitude de 111 metros en condutor LA-56.

Modificación no p.q. 2+280 da traza do corredor Sarria-Monforte de Lemos.

  • Liña de media tensión aérea a 20 kV a C.T. Trebui-Quintela, con orixe no apoio de formigón existente n.º A23-11 e final no apoio de formigón existente n.º A23-14, cunha lonxitude de 382 metros en condutor LA-56.

Modificación no p.q. 4+480 da traza do corredor Sarria-Monforte de Lemos.

  • Liña de media tensión soterrada a 20 kV a C.T.A existente Chorente, con orixe no paso aéreo a soterrado en apoio de formigón proxectado n.º D2-4 e final no paso aéreo a soterrado en apoio de formigón proxectado D2-4/1, cunha lonxitude de 130 metros en condutor R.H.Z.1-150.

Modificación no p.q. 4+480 da traza do corredor Sarria-Monforte de Lemos.

  • Liña de media tensión aérea a 20 kV a C.T.A existente Chorente (tramo I), con orixe no apoio de celosía existente n.º D2-3 e final no apoio de formigón proxectado n.º D2-4, cunha lonxitude de 54 metros en condutor LA-56.

Modificación no p.q. 4+480 da traza do corredor Sarria-Monforte de Lemos.

  • Liña de media tensión aérea a 20 kV a C.T.A. existente Chorente (tramo II), con orixe no apoio de formigón proxectado n.º D2-4/1 e final no apoio de formigón existente n.º D2-5, cunha lonxitude de 67 metros en condutor LA-56.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997 do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, este departamento territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independientemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 14 de outubro de 2011.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo