En cumprimento do disposto no artigo 37.2.º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no artigo 46 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, así como no artigo 2 do Decreto 128/2011, do 30 de xuño, polo que se determina o calendario laboral para o ano 2012 na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG n.º 127, do 4 de xullo de 2011), segundo o procedemento establecido e en virtude das resolucións ditadas para o efecto, as xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar elaboraron o calendario laboral provincial no cal se determinan as festas laborais de carácter local correspondentes aos concellos da respectiva provincia –A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra–.
De conformidade co establecido no artigo 46 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, e no artigo 2 do Decreto 128/2011, do 30 de xuño, e ante a conveniencia de que se coñezan as festividades de ámbito local desta comunidade autónoma sen ter que consultar diferentes boletíns oficiais, é preciso que se lles dea publicidade nun único diario oficial.
En virtude do anterior, a Dirección Xeral de Relacións Laborais
ACORDA:
Primeiro. Dar publicidade das festas de carácter local, inhábiles para os efectos laborais, retribuídas e non recuperables, para o ano 2012, que serán para os concellos pertencentes ás provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra as que figuran, respectivamente, nos anexos I, II, III e IV.
Segundo. Lembrar que, en virtude do establecido no artigo 34.6 do Estatuto dos traballadores, as empresas deberán ter exposto o calendario laboral nun lugar visible de cada centro de traballo, para coñecemento e consulta dos seus traballadores e traballadoras. O incumprimento do anterior constitúe infracción en materia laboral tipificada no artigo 6 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.
Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2011.
Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais
ANEXO I
Calendario laboral 2012
– Provincia: A Coruña.
1. Abegondo: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 25 de abril, San Marcos.
2. Ames: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 19 de marzo, San Xosé.
3. Aranga: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 3 de maio, Santa Cruz.
4. Ares: 22 de febreiro, Mércores de Cinza; 29 de maio, Voto de Chanteiro.
5. Arteixo: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 26 de xullo, Festas de Santiago Apóstolo.
6. Arzúa: 16 de xullo, Virxe do Carme; 21 de setembro, Festas da Mota.
7. Baña, A: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 9 de abril, Luns de Pascua.
8. Bergondo: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 16 de agosto, San Roque.
9. Betanzos: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 16 de agosto, San Roque.
10. Boimorto: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 3 de setembro, Luns do Rosario.
11. Boiro: 16 de xullo, Virxe do Carme; 31 de agosto, San Ramón de Bealo.
12. Boqueixón: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 16 de agosto, San Roque.
13. Brión: 9 de abril, Luns de Pascua; 27 de setembro, Santa Minia.
14. Cabana de Bergantiños: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 1 de agosto, San Fins.
15. Cabanas: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 30 de novembro, Santo André.
16. Camariñas: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 16 de xullo, Virxe do Carme.
17. Cambre: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 16 de agosto, San Roque.
18. Capela, A: 6 de agosto, Nosa Sra. das Neves; 16 de agosto, San Roque.
19. Carballo: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 25 de xuño, Festas de San Xoán.
20. Cariño: 16 de xullo, Virxe do Carme; 24 de agosto, San Bartolomeu.
21. Carnota: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 7 de decembro, festas.
22. Carral: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 9 de abril, Luns de Pascua.
23. Cedeira: 13 de xuño, Santo Antón; 26 de xullo, Santa Ana.
24. Cee: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 16 de agosto, San Roque.
25. Cerceda: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 25 de xuño, Festas de San Xoán.
26. Cerdido: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 25 de xuño, Festas de San Xoán.
27. Cesuras: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 19 de marzo, San Xosé.
28. Coirós: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 16 de agosto, San Roque.
29. Corcubión: 25 de abril, San Marcos; 29 de xuño, San Pedro e San Paulo.
30. Coristanco: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 29 de maio, Saleta de Silván.
31. Coruña, A: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 9 de abril, Luns de Pascua.
32. Culleredo: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 25 de xuño, Festas de San Xoán.
33. Curtis: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 19 de marzo, San Xosé.
34. Dodro: 20 de agosto, Festa de San Campio; 27 de agosto, Festa dos Aflixidos.
35. Dumbría: 28 de maio, Santa Lucía de Olveira; 10 de decembro, Santa Baia.
36. Fene: 22 de febreiro, Mércores de Cinza; 6 de agosto, San Salvador.
37. Ferrol: 7 de xaneiro, San Xiao; 9 de abril, Nosa Sra. de Chamorro.
38. Fisterra: 9 de abril, Luns de Pascua; 10 de setembro, festas.
39. Frades: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 19 de marzo, San Xosé.
40. Irixoa: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 10 de agosto, San Lourenzo.
41. Laracha, A: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 16 de agosto, San Roque.
42. Laxe: 16 de agosto, San Roque; 17 de agosto, Virxe do Carme.
43. Lousame: 25 de abril, San Marcos; 10 de agosto, San Lourenzo.
44. Malpica de Bergantiños: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 8 de xuño, Corpus Christi.
45. Mañón: 20 de febreiro, Luns de Entroido; 7 de setembro, festas.
46. Mazaricos: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 25 de xuño, Festas de San Xoán.
47. Melide: 29 de xuño, San Pedro e San Paulo; 16 de xullo, Virxe do Carme.
48. Mesía: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 13 de xuño, Santo Antón.
49. Miño: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 29 de xuño, San Pedro e San Paulo.
50. Moeche: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 23 de abril, San Xurxo.
51. Monfero: 20 de febreiro, Luns de Entroido; 21 de febreiro, Martes de Entroido.
52. Mugardos: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 29 de maio, Voto de Chanteiro.
53. Muros: 29 de xuño, San Pedro e San Paulo; 16 de xullo, Virxe do Carme.
54. Muxía: 10 de setembro, Luns da Barca; 21 de setembro, Santiña do Espiño de Trasufre.
55. Narón: 22 de febreiro, Mércores de Cinza; 23 de novembro, Día de Narón.
56. Neda: 22 de febreiro, Mércores de Cinza; 10 de setembro, festas.
57. Negreira: 6 de xullo, San Cristovo; 17 de setembro, Santa Margarida.
58. Noia: 16 de xullo, Virxe do Carme; 24 de agosto, San Bartolomeu.
59. Oleiros: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 16 de xullo, Virxe do Carme.
60. Ordes: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 16 de agosto, San Roque.
61. Oroso: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 16 de agosto, San Roque.
62. Ortigueira: 30 de xullo, festas; 2 de novembro, Día de Defuntos.
63. Outes: 22 de febreiro, Mércores de Cinza; 29 de xuño, San Pedro e San Paulo.
64. Oza dos Ríos: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 15 de maio, festas.
65. Paderne: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 16 de agosto, San Roque.
66. Padrón: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 9 de abril, Luns de Pascua.
67. Pino, O: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 29 de xuño, San Pedro e San Paulo.
68. Pobra do Caramiñal, A: 20 de agosto, Luns do Carme dos Pincheiros; 17 de setembro, Luns de Nazareno.
69. Ponteceso: 10 de setembro, festas; 11 de setembro, festas.
70. Pontedeume: 8 de maio, festas; 10 de setembro, festas.
71. Pontes de García Rodríguez, As: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 23 de xullo, Festas da Virxe do Carme.
72. Porto do Son: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 2 de xullo, Santa Isabel.
73. Rianxo: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 14 de setembro, Venres de Guadalupe.
74. Ribeira: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 12 de setembro, Santa Uxía.
75. Rois: 9 de abril, Luns de Pascua; 15 de maio, festas.
76. Sada: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 16 de agosto, San Roque.
77. San Sadurniño: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 2 de xullo, Santa Isabel.
78. Santa Comba: 19 de marzo, San Xosé; 29 de xuño, San Pedro e San Paulo.
79. Santiago de Compostela: 19 de marzo, San Xosé; 16 de agosto, San Roque.
80. Santiso: 13 de xuño, Santo Antón; 14 de setembro, Santa Cruz.
81. Sobrado dos Monxes: 28 de maio, Luns de Pías; 29 de xuño, San Pedro e San Paulo.
82. Somozas, As: 26 de xullo, Festas Patronais de Santiago Apóstolo; 27 de xullo, Festas Patronais de Santiago Apóstolo.
83. Teo: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 9 de abril, Luns de Pascua.
84. Toques: 15 de maio, Santo Isidro; 3 de setembro, Festas de Santo Antolín.
85. Tordoia: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 18 de maio, Festas de Santo Isidro.
86. Touro: 9 de abril, Luns de Pascua; 25 de xuño, Festas de San Xoán.
87. Trazo: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 21 de setembro, San Mateo.
88. Val do Dubra: 3 de abril, Feira de Abril; 3 de agosto, Festa do Emigrante.
89. Valdoviño: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 17 de agosto, San Mamede.
90. Vedra: 17 de setembro, Día do Patio; 10 de decembro, Santa Baia.
91. Vilarmaior: 20 de febreiro, Luns de Entroido; 21 de febreiro, Martes de Entroido.
92. Vilasantar: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 29 de xuño, San Pedro e San Paulo.
93. Vimianzo: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 13 de agosto, festas.
94. Zas: 16 de xullo, Virxe do Carme; 26 de xullo, Santa Margarida de Muíño.
ANEXO II
Calendario laboral 2012
– Provincia: Lugo.
1. Abadín: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 10 de setembro, Santa María.
2. Alfoz: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 6 de agosto, San Cristovo.
3. Antas de Ulla: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 19 de marzo, San Xosé.
4. Baleira: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 12 de agosto, festa local.
5. Baralla: 27 de agosto, San Vitorio; 28 de agosto, San Vitorio.
6. Barreiros: 24 de agosto, San Bartolomeu; 27 de setembro, San Cosme.
7. Becerreá: 25 de xuño, San Xoán; 14 de setembro, festa local.
8. Begonte: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 29 de xuño, San Pedro e San Paulo.
9. Bóveda: 1 de setembro, San Xil; 15 de setembro, Divino Ecce Homo.
10. Burela: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 4 de xuño, Festas Patronais.
11. Carballedo: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 26 de xullo, San Xaquín e Santa Ana.
12. Castro de Rei: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 6 de agosto, luns da Festa de San Roque e Doce Nome de María.
13. Castroverde: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 26 de xullo, Santiago Apóstolo.
14. Cervantes: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 13 de xuño, Santo Antón.
15. Cervo: 16 de xullo, Día do Carme; 16 de agosto, San Roque.
16. Chantada: 28 de agosto, Festa da Empanada; 18 de outubro, San Lucas.
17. Corgo, O: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 5 de outubro, San Froilán.
18. Cospeito: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 7 de setembro, Virxe do Monte.
19. Folgoso do Courel: 9 de abril, Luns de Pascua; 7 de decembro, Festa Local.
20. Fonsagrada, A: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 10 de setembro, Festas Patronais.
21. Foz: 16 de xullo, Virxe do Carme; 10 de agosto, San Lourenzo.
22. Friol: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 9 de xullo, Santa Isabel.
23. Guitiriz: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 25 de xuño, San Xoán.
24. Guntín: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 2 de xullo, Luns das Festas.
25. Incio, O: 7 de maio, Santa Cruz; 15 de maio, Santo Eufrasio.
26. Láncara: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 20 de agosto, San Roque.
27. Lourenzá: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 27 de agosto, Luns do Conde Santo.
28. Lugo: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 5 de outubro, San Froilán.
29. Meira: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 16 de agosto, Festa Local.
30. Mondoñedo: 10 de setembro, Festa Local; 18 de outubro, Festa Local.
31. Monforte de Lemos: 22 de febreiro, Mércores de Cinza; 13 de xuño, Santo Antón.
32. Monterroso: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 10 de xullo, San Cristovo.
33. Muras: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 2 de xullo, San Pedro.
34. Navia de Suarna: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 17 de setembro, Virxe das Dores.
35. Negueira de Muñiz: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 16 de agosto, Virxe da Veiga.
36. Nogais, As: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 6 de agosto, Festa do Turista.
37. Ourol: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 14 de maio, Nosa Señora de Fátima.
38. Outeiro de Rei: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 9 de xullo, Santa Isabel.
39. Palas de Rei: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 14 de setembro, Ecce Homo.
40. Pantón: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 20 de agosto, Virxe das Dores.
41. Paradela: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 15 de maio, Santo Isidro.
42. Páramo, O: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 8 de xuño, Feiras e Festas de Primavera.
43. Pastoriza, A: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 18 de outubro, San Lucas.
44. Pedrafita do Cebreiro: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 13 de xuño, Santo Antón.
45. Pobra do Brollón, A: 11 de xuño, Luns tras o Corpus; 27 de agosto, San Vitorio.
46. Pol: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 24 de agosto, Festa do Emigrante.
47. Pontenova, A: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 8 de outubro, As Feiras da Pontenova.
48. Portomarín: 29 de xuño, San Pedro e San Paulo; 3 de setembro, Festas do Cristo das Vitorias.
49. Quiroga: 9 de abril, Luns de Pascua; 13 de agosto, Festa de Verán.
50. Rábade: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 14 de agosto, Nosa Sra. da Asunción.
51. Ribadeo: 16 de agosto, San Roque; 8 de setembro, Santa María do Campo.
52. Ribas de Sil: 16 de agosto, San Roque; 30 de outubro, San Claudio.
53. Ribeira de Piquín: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 23 de abril, San Xurxo.
54. Riotorto: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 29 de xuño, San Pedro e San Paulo.
55. Samos: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 11 de xullo, Luns de San Bieito.
56. Sarria: 25 de xuño, Festas Patronais; 8 de setembro, Virxe dos Remedios.
57. Saviñao, O: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 7 de agosto, Martes das Festas de Escairón.
58. Sober: 7 de setembro, Virxe de Cadeiras; 17 de setembro, Virxe do Carme de Sober.
59. Taboada: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 13 de agosto, Festa Local.
60. Trabada: 25 de abril, San Marcos; 16 de agosto, San Roque.
61. Triacastela: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 17 de agosto, San Mamede.
62. Valadouro, O: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 10 de setembro, Santa María.
63. Vicedo, O: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 6 de agosto, Santo Estevo.
64. Vilalba: 31 de agosto, San Ramón; 1 de setembro, Santa María.
65. Viveiro: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 16 de agosto, San Roque.
66. Xermade: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 13 de agosto, Santa María.
67. Xove: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 20 de agosto, Festas Patronais.
ANEXO III
Calendario laboral 2012
– Provincia: Ourense.
1. Allariz: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 8 de xuño, Venres do Boi.
2. Amoeiro: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 3 de maio, Día dos Maios.
3. Arnoia, A: 22 de maio, Santa Rita; 3 de agosto; Festa do Pemento.
4. Avión: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 6 de agosto, Luns de San Roque.
5. Baltar: 21 de febreiro; 19 de marzo.
6. Bande: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 20 de agosto, San Roque.
7. Baños de Molgas: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 6 de agosto, San Salvador.
8. Barbadás: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 3 de maio.
9. Barco de Valdeorras, O: 22 de maio, Santa Rita; 14 de setembro, O Cristo.
10. Beade: 3 de febreiro, San Brais; 16 de agosto, San Roque.
11. Beariz: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 16 de agosto, San Roque.
12. Blancos, Os: 20 de febreiro, Luns de Entroido; 21 de febreiro, Martes de Entroido.
13. Boborás: 13 de xuño, Santo Antón; 19 de setembro, Festa da Saleta.
14. Bola, A: 20 de febreiro, Luns de Entroido; 7 de maio, Luns de Santa Cruz.
15. Bolo, O: 16 de agosto; 13 de decembro.
16. Calvos de Randín: 22 de febreiro, Mércores de Cinza; 6 de agosto, luns seguinte ao primeiro domingo de agosto.
17. Carballeda de Avia: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 28 de maio, Luns de Lodairo.
18. Carballeda de Valdeorras: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 16 de abril, Nosa Señora da Encarnación.
19. Carballiño, O: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 17 de setembro, Festas Patronais.
20. Cartelle: 21 de marzo, San Bieito; 22 de agosto, Nosa Señora do Mundil.
21. Castrelo de Miño: 21 de febreiro; 16 de agosto.
22. Castrelo do Val: 17 de xaneiro, Santo Antón; 22 de febreiro, Mércores de Cinza.
23. Castro Caldelas: 20 de xaneiro, San Sebastián; 21 de febreiro, Martes de Entroido.
24. Celanova: 1 de marzo, San Rosendo; 16 de agosto, San Roque.
25. Cenlle: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 13 de xuño, Santo Antón.
26. Chandrexa de Queixa: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 9 de xullo, Romaría de Chandrexa de Queixa.
27. Coles: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 3 de maio, Santa Cruz (Festas dos Maios).
28. Cortegada: 11 de xullo, San Bieito; 26 de xullo, Santa Ana.
29. Cualedro: 22 de febreiro, Mércores de Cinza; 13 de xuño, Santo Antón.
30. Entrimo: 2 de agosto; 16 de agosto.
31. Esgos: 2 de febreiro, As Candelas-Patroa de Esgos; 21 de febreiro, Martes de Entroido.
32. Gomesende: 18 de maio, día seguinte á Asunción do Señor; 29 de xuño, San Pedro e San Paulo.
33. Gudiña, A: 24 de febreiro, Beato Sebastián de Aparicio; 24 de agosto, San Bartolomeu.
34. Irixo, O: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 18 de maio, Traslado da Virxe de Fátima.
35. Larouco: 7 de setembro, Virxe dos Remedios; 13 de decembro, Santa Lucía.
36. Laza: 22 de febreiro, Mércores de Cinza; 3 de maio, Santa Cruz.
37. Leiro: 3 de maio, Santa Cruz; 29 de xuño, San Pedro e San Paulo.
38. Lobeira: 23 de febreiro, Mércores de Cinza; 7 de setembro, Viso Pequeno.
39. Lobios: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 13 de agosto.
40. Maceda: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 7 de agosto, Festas Patronais de Maceda.
41. Manzaneda: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 6 de agosto, Festa Patronal de Manzaneda.
42. Maside: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 27 de agosto.
43. Melón: 3 de maio, Santa Cruz; 13 de xuño, Santo Antón.
44. Merca, A: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 4 de xuño, Día do Espírito Santo.
45. Mezquita, A: 19 de marzo; 7 de decembro.
46. Montederramo: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 16 de agosto, San Roque.
47. Monterrei: 26 de xullo; 16 de agosto.
48. Muíños: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 29 de xuño, San Pedro e San Paulo.
49. Nogueira de Ramuín: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 16 de agosto, San Roque.
50. Oímbra: 22 de febreiro, Mércores de Cinza; 26 de xullo, Santa Ana.
51. Ourense: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 3 de maio, Os Maios-Santa Cruz.
52. Paderne de Allariz: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 3 de maio, Festa dos Maios.
53. Padrenda: 22 de xuño, San Xoán; 14 de setembro, San Cibrao.
54. Parada de Sil: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 31 de agosto, San Ramón Nonato.
55. Pereiro de Aguiar, O: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 3 de maio, Os Maios.
56. Peroxa, A: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 2 de xullo, Santo Antón da Peroxa.
57. Petín: 17 de xaneiro, Santo Antón Abade; 26 de xullo, Santa Ana.
58. Piñor: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 18 de maio.
59. Pobra de Trives, A: 24 de agosto; 14 de setembro.
60. Pontedeva: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 26 de xuño, San Pelaio.
61. Porqueira: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 16 de xullo, A Virxe do Carme.
62. Punxín: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 16 de abril, San Wintila (luns).
63. Quintela de Leirado: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 29 de xuño, San Pedro e San Paulo.
64. Rairiz de Veiga: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 24 de setembro, Romaría da Saínza.
65. Ramirás: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 30 de abril.
66. Ribadavia: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 8 de setembro, Festa do Portal.
67. Riós: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 16 de agosto, San Roque (patrón de Riós).
68. Rúa, A: 6 de agosto, Festas do Verán; 20 de agosto, San Roque.
69. Rubiá: 18 de maio, A Ascensión; 24 de agosto, San Bartolomeu.
70. San Amaro: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 16 de xullo, Nosa Señora do Carme.
71. San Cibrao das Viñas: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 3 de maio, Os Maios-Santa Cruz.
72. San Cristovo de Cea: 10 de xullo, San Cristovo; 24 de setembro, Festas da Saleta.
73. San Xoán de Río: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 10 de agosto, Festas do Verán.
74. Sandiás: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 9 de abril, Luns de Pascua.
75. Sarreaus: 22 de febreiro, Mércores de Cinza; 10 de setembro, Festas Patronais.
76. Taboadela: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 12 de novembro, luns seguinte a San Martiño.
77. Teixeira, A: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 14 de agosto.
78. Toén: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 3 de maio.
79. Trasmiras: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 9 de abril, Luns de Pascua.
80. Veiga, A: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 8 de setembro.
81. Verea: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 12 de novembro.
82. Verín: 17 de xaneiro, Santo Antón; 22 de febreiro, Mércores de Cinza.
83. Viana do Bolo: 22 de febreiro, Mércores de Cinza; 16 de agosto, San Roque.
84. Vilamarín: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 12 de novembro, luns posterior ao San Martiño.
85. Vilamartín de Valdeorras: 23 de abril, San Xurxo; 20 de xullo, María Magdalena.
86. Vilar de Barrio: 13 de xuño, Santo Antón; 1 de agosto, San Fiz.
87. Vilar de Santos: 9 de abril, Luns de Pascua; 3 de agosto, Virxe das Neves.
88. Vilardevós: 22 de febreiro, Mércores de Cinza; 16 de agosto, San Roque.
89. Vilariño de Conso: 20 de febreiro, Luns de Entroido; 9 de xullo, San Martiño de Verán.
90. Xinzo de Limia: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 18 de xullo, Festas de Santa Mariña.
91. Xunqueira de Ambía: 30 de abril, San Pedro; 16 de agosto, San Roque.
92. Xunqueira de Espadanedo: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 9 de xullo, luns seguinte á Festa Patronal Santa Isabel.
ANEXO IV
Calendario laboral 2012
– Provincia: Pontevedra.
1. Agolada: 28 de xuño; 29 de xuño.
2. Arbo: 11 de xullo, San Bieito; 16 de agosto, San Roque.
3. Baiona: 20 de xullo, Santa Liberata; 26 de setembro, San Cosme e San Damián.
4. Barro: 15 de xuño, Festa do Viño; 5 de outubro, Romaría de San Breixo.
5. Bueu: 20 de febreiro, Luns de Entroido; 16 de xullo, Virxe do Carme.
6. Caldas de Reis: 22 de febreiro, Mércores de Cinza; 16 de agosto, San Roque.
7. Cambados: 11 de xullo, San Bieito Patrón de Europa; 18 de xullo, Santa Mariña, Patroa de Cambados.
8. Campo Lameiro: 13 de xuño, Santo Antón; 1 de outubro, Santa Tareixa.
9. Cangas: 30 de marzo, Venres das Dores; 27 de agosto, Luns do Cristo.
10. Cañiza, A: 28 de maio, Festa das Pascuíñas; 15 de outubro, Festa de Santa Tareixa.
11. Catoira: 9 de xullo, Santo Antón de Padua da Parroquia de Catoira; 30 de xullo, San Mamede da Parroquia de Abalo.
12. Cerdedo: 13 de xuño, Santo Antón; 31 de xullo, Luns do Ecce Homo.
13. Cotobade: 22 de febreiro, Mércores de Cinza; 20 de agosto, San Roque e Santo Antón.
14. Covelo: 28 de maio, Festa das Pascuíñas; 3 de setembro, día seguinte á Festividade da Virxe das Dores.
15. Crecente: 28 de maio, As Pascuíñas; 29 de xuño, San Pedro e San Paulo.
16. Cuntis: 11 de xullo, San Bieito; 17 de agosto, Virxe do Carme.
17. Dozón: 6 de agosto; 3 de setembro.
18. Estrada, A: 26 de xuño, Festas Patronais San Paio; 27 de xuño.
19. Forcarei: 27 de agosto, Luns das Dores; 12 de novembro, día seguinte ao San Martiño.
20. Fornelos de Montes: 9 de abril, Luns de Pascua; 10 de agosto, San Lourenzo.
21. Gondomar: 11 de xullo, San Bieito; 16 de agosto, San Roque.
22. Grove, O: 22 de febreiro, Mércores de Cinza; 16 de xullo, Virxe do Carme.
23. Guarda, A: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 16 de xullo, Virxe do Carme.
24. Illa de Arousa, A: 7 de xaneiro; 21 de febreiro, Martes de Entroido.
25. Lalín: 24 de setembro; 25 de setembro, Festas Patronais.
26. Lama, A: 27 de xullo, San Xaquín e Santa Ana; 6 de agosto, Nosa Señora das Ermidas.
27. Marín: 16 de xullo, Virxe do Carme; 8 de setembro, Nosa Señora do Porto.
28. Meaño: 11 de xullo, San Bieito; 13 de decembro, Santa Lucía.
29. Meis: 9 de abril, Luns de Pascua (Nosa Señora das Cabezas); 11 de xullo, San Bieito.
30. Moaña: 9 de abril, Nosa Señora dos Remedios; 16 de xullo, Nosa Señora do Carme.
31. Mondariz: 21 de maio, Virxe da Franqueira; 16 de agosto, San Roque.
32. Mondariz-Balneario: 21 de maio, Peregrinación ao Santuario da Franqueira; 16 de xullo, Nosa Señora do Carme.
33. Moraña: 19 de xullo, Santa Xusta; 13 de decembro, Santa Lucía.
34. Mos: 13 de xuño, Festa da Rosa; 7 de agosto, San Mamede.
35. Neves, As: 30 de xullo; 6 de agosto.
36. Nigrán: 29 de xuño, San Pedro e San Paulo; 1 de agosto, San Fiz.
37. Oia: 28 de maio, Virxe do Mar; 7 de agosto, San Mamede.
38. Pazos de Borbén: 9 de abril, Luns de Pascua; 6 de agosto, A Virxe Branca.
39. Poio: 25 de xuño, San Xoán; 24 de setembro, Nosa Sra. da Mercé.
40. Ponteareas: 11 de xuño, luns seguinte ao Corpus Christi; 29 de setembro, San Miguel Arcanxo.
41. Ponte Caldelas: 22 de febreiro, Mércores de Cinza; 29 de agosto, mércores da Festa das Dores.
42. Pontecesures: 9 de xaneiro, San Xulián; 2 de xullo, Festa do Carme.
43. Pontevedra: 22 de febreiro, Mércores de Cinza; 11 de xullo, San Bieito.
44. Porriño, O: 11 de xullo, San Bieito; 24 de setembro, Festividade do Cristo.
45. Portas: 21 de marzo, San Bieito; 9 de abril, Luns de Pascua.
46. Redondela: 16 de abril, Luns do Cristo; 7 de xuño, Xoves da Coca.
47. Ribadumia: 9 de abril, Luns de Pascua; 1 de xuño, Festa do Viño Tinto.
48. Rodeiro: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 18 de xuño, Santo Antón.
49. Rosal, O: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 19 de marzo, San Xosé.
50. Salceda de Caselas: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 16 de xullo, Luns do Cristo.
51. Salvaterra de Miño: 11 de xuño, Santísimo Cristo da Victoria; 10 de agosto, San Lourenzo.
52. Sanxenxo: 9 de abril, Luns de Pascua; 4 de setembro, Santa Rosalía.
53. Silleda: 20 de agosto, luns seguinte á Festa da Empanada; 19 de setembro, Festa da Saleta.
54. Soutomaior: 9 de abril, Luns de Pascua; 6 de agosto, San Salvador.
55. Tomiño: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 10 de setembro, Luns do Alivio.
56. Tui: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 16 de abril, Luns de San Telmo.
57. Valga: 3 de febreiro, San Brais; 28 de agosto, Virxe dos Milagres.
58. Vigo: 28 de marzo, Reconquista da Cidade; 16 de agosto, San Roque.
59. Vilaboa: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 24 de xullo, Santa Cristina.
60. Vila de Cruces: 28 de maio; 13 de agosto.
61. Vilagarcía de Arousa: 22 de maio, Santa Rita; 16 de agosto, San Roque.
62. Vilanova de Arousa: 21 de febreiro, Martes de Entroido; 15 de maio, Santo Isidro.