De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13), en diante LOU, e no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario, e a teor do establecido nos estatutos da Universidade de Vigo, aprobados por Decreto 7/2010, do 14 de xaneiro (DOG do 2 de febreiro), da Xunta de Galicia,
Esta reitoría, no uso das competencias recoñecidas pola LOU, resolveu convocar a concurso a/as praza/s que figura no anexo I desta resolución, con suxeición ás seguintes.
Bases da convocatoria
Primeira. Normas xerais.
Este concurso rexerase pola LOU, polo Decreto 266/2002, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en adiante Lei 30/1992), os estatutos da Universidade de Vigo, polo Regulamento de profesorado da Universidade de Vigo aprobado polo Consello de Goberno o 14 de xuño de 2005, e pola normativa reguladora dos concursos de acceso aos corpos docentes universitarios e do procedemento de selección de profesorado contratado doutor con vinculación permanente na Universidade de Vigo, aprobada polo Consello de Goberno o 8 de outubro de 2008.
Segunda. Requisitos das persoas candidatas.
2.1. Para poder ser admitidas á realización destas probas selectivas as persoas que sexan aspirantes deberán reunir os requisitos exixidos nesta base na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes e mantelos ata a toma de posesión:
a) Ter nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea ou nacional daqueles Estados, aos que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores e traballadoras nos termos establecidos na Lei 7/2007, do 12 de abril (BOE do 13).
Tamén poderán participar o cónxuxe, descendentes e descendentes do cónxuxe, das persoas con nacionalidade española e de quen sexa nacional doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas. Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros Estados cando así se prevexa nos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España.
Os nacionais de Estados distintos dos apuntados anteriormente poderán tamén participar nos concursos e ser contratados sempre que se atopen legalmente en España, e dispoñerá do documento que lles habilite para residir e acceder sen limitacións ao mercado de traballo.
b) Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.
c) Estar en posesión da titulación de doutor ou doutora. No caso de títulos obtidos no estranxeiro deberá achegarse credencial que acredite a súa homologación ou o seu recoñecemento para o exercicio como docente de universidade.
d) Acreditar a avaliación positiva pola Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación ou pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia. Quen pertenza aos corpos docentes universitarios e as persoas candidatas que se atopen habilitadas ou acreditadas para os mesmas resultarán admitidas nos termos e condicións establecidos na Resolución da Dirección Xeral de Universidades do 18 de febreiro de 2005 (BOE do 4 de marzo).
e) Ter aboadas as taxas por dereitos de exame dentro do prazo de presentación de solicitudes.
f) Non ter sido separado do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos. As persoas aspirantes cuxa nacionalidade non sexa a española deberán acreditar non estaren inhabilitados ou en situación equivalente, nin estar sometidas a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
g) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas correspondentes á praza.
Terceira. Solicitudes.
3.1. As solicitudes para participar no concurso axustaranse ao modelo que figura como anexo II a esta convocatoria e dirixiranse ao reitor da Universidade de Vigo no prazo de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ao de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo coincide con sábado ou día inhábil na universidade, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte segundo o artigo 48 da Lei 30/1992.
3.2. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral (edificio Xerencia-Servizos Centrais, Campus Universitario, 36310-Vigo), ou nos rexistros auxiliares da Universidade de Vigo (Campus de Pontevedra, Campus de Ourense e r/ Torrecedeira, n.º 86 de Vigo), ou de acordo coas restantes formas previstas en artigo 38 da Lei 30/1992. As solicitudes no estranxeiro poderán cursarse a través das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.
Os dereitos de exame serán de 40,54 euros e ingresaranse na conta corrente n.º 2080-0501-12-3110000112, Nova Caixa Galicia, OP-Vigo. Universidade de Vigo. Taxas. O pagamento realizarase directamente nas oficinas da citada entidade, utilizando para iso exclusivamente o impreso de solicitude (anexo II) ou mediante transferencia bancaria na que deberá constar obrigatoriamente o nome e apelidos da persoa interesada, código, categoría e área da praza á que concursa. En ningún caso a mera presentación da solicitude e o pagamento na entidade bancaria suporán a substitución do trámite de presentación en tempo e forma da solicitude ante o órgano expresado na base 3.1.
Segundo o disposto no artigo 23 Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións da Comunidade Autónoma de Galicia, estarán exentas do pagamento as persoas con discapacidade igual ou superior ao 33% e os membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial. Aplicarase unha bonificación do 50% na taxa de inscrición aos membros de familias numerosas de categoría xeral. Nos tres supostos será necesario que coa solicitude presenten as respectivas certificacións que o acrediten.
Así mesmo, terán unha bonificación do 50% da taxa as persoas que figurasen como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data de publicación desta convocatoria e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego, aspectos que deberán ser certificados pola oficina dos servizos públicos de emprego.
Os dereitos de exame serán reintegrados de oficio as persoas que sexan aspirantes cando as probas non se realicen, sempre que cubrisen os datos bancarios necesarios para facer a devolución.
3.3. Coa instancia achegaranse necesariamente os seguintes documentos, sendo causa de exclusión a falta dalgún deles:
a) Fotocopia do documento nacional de identidade. Quen sexa aspirante, non posúa a nacionalidade española e teña dereito a participar deberá presentar fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, de ser o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo de quen sexa nacional doutro Estado co que teñan o dito vínculo. Así mesmo, deberán presentar declaración xurada ou promesa de non estar separados de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.
b) Fotocopia compulsada do título de doutor ou doutora. Cando corresponda, deberá acompañarse da credencial de homologación ou recoñecemento profesional.
c) Fotocopia compulsada da credencial da avaliación positiva da súa actividade docente e investigadora expedida pola axencia ou órgano de avaliación competente. A persoa que sexa funcionaria dos corpos docentes universitarios deberá presentar certificación de servizos prestados acreditativa de tal condición e as persoas candidatas que se atopen habilitadas copia da credencial que o acredite.
d) No suposto de ser docente dunha praza de igual categoría, folla de servizos que acredite o seu desempeño.
e) Xustificante do pagamento de taxas de exame.
3.4. Os erros de feito que se puidesen advertir, poderán emendarse en calquera momento, de oficio ou por petición da persoa interesada. Quen sexa aspirante queda vinculado aos datos que fixese constar nas súas solicitudes, podendo unicamente demandar a súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido na base 3.1. para a presentación de solicitudes. Transcorrido este prazo non se admitirá ningunha petición desta natureza, excepto causa excepcional sobrevida, xustificada e discrecionalmente apreciada pola Universidade.
Cuarta. Admisión de aspirantes.
4.1. No prazo máximo de 15 días hábiles desde o remate do prazo de presentación de solicitudes, o reitor da Universidade de Vigo ditará unha resolución pola que se a relación provisional de persoas admitidas e excluídas, con indicación das causas de exclusión, que será publicada no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral da Universidade de Vigo, que servirá de notificación para todos os efectos, e a título divulgativo nos taboleiros de anuncios dos rexistros auxiliares e no enderezo da internet: http://persoal.uvigo.es/persoal_gl/PDI/emprego/, punto «Convocatorias concursos de acceso».
4.2. Contra a dita resolución, as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante o reitor, no prazo de dez días hábiles contado desde o día seguinte ao da súa publicación. Resoltas as ditas reclamacións publicarase nos mesmos lugares a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas.
Quinta. Comisión de acceso.
5.1. As comisións de acceso deberán procurar unha composición equilibrada entre mulleres e homes, salvo cando non sexa posible por razóns fundadas e obxectivas, debidamente motivadas. De acordo co que establece o artigo 83 dos estatutos da Universidade de Vigo, a composición das comisións é a que figura no anexo III desta convocatoria e terá a categoría primeira das recollidas no artigo 30 do Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo.
Salvo petición da presidencia noutro sentido e debidamente autorizada, cada comisión terá a súa sede e actuará no centro no que teña a súa sede o departamento ao que se adscriba cada unha das prazas convocadas.
5.2. O nomeamento como membro dunha comisión é irrenunciable, salvo cando concorra causa xustificada, debidamente alegada pola persoa interesada e así apreciada por esta reitoría. Os membros da comisión deberán absterse de actuar e poderán ser recusados nos casos e polos motivos previstos no artigo 28 da Lei 30/1992. Resolta a renuncia, a abstención ou a recusación, as persoas afectadas serán substituídas polos respectivos suplentes e, no seu defecto, por orde correlativa e en último caso resolverá o reitor.
5.3. A comisión deberá constituírse no prazo dun mes desde a publicación da relación definitiva de persoas admitidas e excluídas. Transcorrido o prazo sen que se constituíse, o reitor procederá á substitución da persoa que exerza a presidencia titular.
5.4. A constitución de cada comisión exixirá a asistencia de cinco dos seus membros, titulares ou suplentes, e é o caso. A presidencia, unha vez realizadas as consultas pertinentes cos restantes membros, convocará a quen sexa membro titular e, de ser o caso, suplente, cunha antelación mínima de dez días hábiles, fixando lugar, data e hora para proceder ao acto de constitución da comisión. Os membros titulares serán substituídos polos seus respectivos suplentes, en primeiro lugar, ou por orde correlativa.
No acto de constitución a comisión establecerá os criterios de valoración do concurso adecuados ao perfil da praza e os fará públicos antes do acto de presentación dos candidatos e candidatas.
5.5. Unha vez constituída a comisión, en caso de ausencia da persoa que exerza a presidencia será substituída polo catedrático ou catedrática de universidade con maior antigüidade que teña recoñecidos, polo menos, dous tramos de investigación.
5.6. Para que a comisión poda actuar validamente requirirase a asistencia de, cando menos, tres dos seus membros entre os que figurarán obrigatoriamente as persoas que ocupen a presidencia e a secretaría. Os membros da comisión que estivesen ausentes da proba cesarán en tal condición, sen prexuízo das responsabilidades en que puideran ter incorrido. Á secretaría de cada comisión corresponderalle as actuacións administrativas e a xestión económica propias da comisión, auxiliado polo persoal de administración e servizos do centro no que teña a súa sede.
5.7. Durante o desenvolvemento do concurso, a comisión resolverá as dúbidas que puidesen xurdir na aplicación destas normas, así como o que proceda nos casos non previstos nelas. En todo momento a súa actuación axustarase ao disposto na Lei 30/1992.
Sexta. Acto de presentación e proba.
6.1. A presidencia da comisión convocará a quen participe no concurso ao acto de presentación cunha antelación mínima de dez días hábiles, indicando lugar e hora para realizar o acto de presentación.
6.2. No acto de presentación que será público, quen sexa concursante entregará:
a) O curriculum vitae por sextuplicado, que deberá axustarse ao modelo que se achega como anexo IV, no que detallarán os seus méritos, historial académico docente e investigador.
b) O seu proxecto docente e investigador adecuado ao perfil do concurso, tamén por sextuplicado.
c) Un exemplar das publicacións e dos documentos acreditativos do consignado no curriculum, con independencia de que a comisión poida solicitar documentación complementaria acreditativa orixinal ou compulsada.
6.3. No acto de presentación determinarase, mediante sorteo, a orde de actuación das persoas candidatas, e a comisión fixará e publicará o lugar, data e hora de comezo da proba, a cal deberá iniciarse no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao acto de presentación. Este prazo poderá ser renunciable por escrito polas persoas concursantes. Igualmente, a comisión fixará o prazo durante o que poderán examinar a documentación presentada polas restantes persoas que concursen.
6.4. A comisión valorará exclusivamente os méritos, que sendo alegados por quen sexa aspirante no curriculum vitae, non estean debidamente xustificados e sempre referidos á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
6.5. Os concursos realizaranse nas dependencias da Universidade de Vigo. Constarán dunha única proba que será pública e que consistirá na exposición oral, durante un tempo mínimo de trinta minutos e máximo de dúas horas, dos méritos e historial académico docente e investigador, así como do proxecto docente e investigador presentado. A continuación, a comisión debaterá co candidato ou candidata durante un tempo máximo de dúas horas sobre os seus méritos, o seu proxecto docente e investigador e a adecuación destes ao perfil da praza obxecto do concurso.
6.6. Finalizada a proba, cada membro da comisión entregaralle a presidencia un informe razoado, axustado aos criterios previamente fixados de cada un das persoas que concursen, con expresión explícita de voto favorable ou desfavorable.
6.7. Para superar a proba é necesario obter, polo menos, tres votos favorables dos membros da comisión. De non acadar ningunha candidatura polo menos tres votos favorables, o proceso poderá concluír coa proposta de non provisión, que deberá ser suficientemente motivada.
6.8. A proposta de provisión de prazas realizarase en base aos votos favorables recibidos dos membros da comisión. En caso de empate recorrerase á votación, sen que sexa posible a abstención. De persistir o empate, dirimirá o voto da presidencia.
Sétima. Proposta, presentación de documentos e formalización de contratos.
7.1. A comisión elevará ao reitor, motivadamente e con carácter vinculante, a relación de todas as persoas que superaren a proba por orde de preferencia. A comisión poderá propor a non provisión da praza xustificando esta decisión. Este acordo publicarase no centro onde se celebre a proba e servirá de notificación ás persoas interesadas para todos os efectos.
7.2. No prazo dos tres días hábiles seguintes ao de finalización da súa actuación, a secretaría da comisión entregará no Servizo de Persoal Docente e Investigador da Universidade de Vigo a documentación completa relativa ás súas actuacións e un exemplar da documentación presentada por cada persoa que concursase, a cal, unha vez finalizado e firme o proceso do concurso, devolveráselles se así o solicitan.
7.3. As persoas propostas para a provisión das prazas deberán presentar no prazo dos vinte días naturais seguintes ao de publicación da proposta da comisión no lugar de realización da proba, nos lugares e conforme o procedemento previsto na base 3.2., os seguintes documentos:
a) Declaración de non incorrer en incompatibilidade, segundo o establecido na Lei 53/1984, do 26 de setembro (BOE do 4 de xaneiro de 1985).
b) Declaración xurada ou promesa de non estar en separación de servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos en virtude de expediente disciplinario para o exercicio das funcións docentes e asistenciais.
Quen concurse e non presente a nacionalidade española deberán acreditar non estar baixo sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública segundo o establecido na Lei 7/2007, do 12 de abril (BOE do 13).
c) Certificado médico oficial de non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico que o incapacite para o desempeño das funcións correspondentes a docente de universidade.
Quen teña a condición de funcionario de carreira estará exento de xustificar e presentar os documentos dos puntos «b» e «c», tendo que presentar certificado (folla de servizos) da universidade ou organismo do que dependan que acredite a súa condición e das circunstancias que consten na folla de servizos. De acordo coa base 3.3 d), non será necesario o dito certificado cando xa se tivera achegado coa solicitude de participación.
7.4. O reitor da Universidade de Vigo efectuará o nomeamento como profesor contratado doutor ou como profesora contratada doutora das persoas propostas pola comisión nun número delas que non exceda o número de prazas convocadas a concurso, unha vez que acrediten en prazo a documentación requirida; de non facelo, o reitor procederá, se é o caso, ao nomeamento da seguinte persoa na orde proposta.
7.5. O nomeamento especificará a denominación da praza, categoría e área de coñecemento e remitirase para a súa publicación ao Diario Oficial de Galicia.
7.6. No prazo máximo de vinte días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación do nomeamento no Diario Oficial de Galicia, formalizarase a contratación da persoa proposta. A sinatura do contrato ten carácter persoal e intransferible. No caso de que non asine no prazo sinalado sen autorización expresa, considerarase que renuncia á praza e poderase proceder ao nomeamento da seguinte persoa na orde prevista na base 7.1.
7.7. O contrato terá duración indefinida e a xornada de traballo será a fixada con carácter xeral para os corpos docentes universitarios. O período de proba será de 6 meses, e considerarase superado sempre que non conste obxección expresa contraria dentro dese prazo.
7.8. As referencias a necesidades e obrigacións docentes e ao centro de adscrición que poida conter a convocatoria non suporán para quen teña adxudicada a praza dereito de vinculación exclusiva a tal actividade docente e destino.
7.9. O contrato estará suxeito á Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas. O seu incumprimento será causa de extinción do contrato.
Oitava. Comisión de Reclamacións.
8.1. Contra a proposta da comisión, as persoas admitidas no concurso poderán presentar reclamación ante o reitor da Universidade de Vigo, no prazo máximo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da súa publicación no lugar de realización da proba. Admitida a trámite a reclamación, suspenderase o nomeamento ata a súa resolución definitiva.
8.2. As reclamacións que se presenten anunciaranse no taboleiro de anuncios do rexistro xeral da Universidade de Vigo, publicación que servirá de notificación para todos os efectos. As persoas interesadas disporán dun prazo de 10 días naturais para formular alegacións segundo ao contido da reclamación.
8.3. As reclamacións serán valoradas pola Comisión de Reclamacións da Universidade de Vigo que examinará o expediente relativo ao concurso, valorará os aspectos puramente procedimentais, e verificará o efectivo respecto, por parte da Comisión de Selección, da igualdade de condicións dos candidatos e candidatas e dos principios de mérito e de capacidade destes no procedemento do concurso de acceso. Resolverá no prazo máximo de tres meses, ratificando ou non a proposta reclamada. Neste último caso, retrotraerase o expediente ata o momento en que se produciu o vicio, debendo a Comisión de Selección formular nova proposta, tras o que o reitor ditará a resolución de acordo coa proposta da Comisión de Reclamacións.
8.4. As resolucións do reitor a que se refire o punto anterior deste artigo esgotan a vía administrativa e serán impugnables directamente ante a xurisdición contencioso-administrativa, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Novena. Protección de datos.
De conformidade co disposto na Lei orgánica 15/1999, de proteción de datos de carácter persoal («BOE» n.º 298, do 14 de decembro), os datos facilitados por quen sexa aspirante, pasarán a formar parte do ficheiro de persoal, cuxa finalidade é a xestión do persoal da Universidade de Vigo, xestión da docencia e investigación, xestión da participación do persoal nos servizos e actos administrativos, así como a xestión da participación dos candidatos e candidatas nos procesos de selección. Os datos contidos neste arquivo poderán ser tratados con fins históricos, estatísticos ou científicos.
Décima. Norma derradeira.
10.1. O tempo transcorrido entre a publicación desta convocatoria e a resolución do concurso non poderá exceder de catro meses. Para estes efectos o mes de agosto considerarase inhábil.
10.2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da devandita publicación, de acordo co disposto na Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Vigo, 27 de outubro de 2011.
Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo
ANEXO I
Relación de prazas convocadas
1
|
Código: |
CD1102-H03-370-CD-01 |
|
N.º de prazas: |
1 |
|
Categoría: |
Profesor/a contratado/a doutor/a |
|
Área de coñecemento: |
A-370 filoloxías galega e portuguesa |
|
Departamento: |
H03 Filoloxía Galega e Latina |
|
Actividade docente e investigadora: |
Lingua e literatura galegas |
|
Centro de traballo: |
301 Facultade de Filoloxía Galega e Latina |
2
|
Código: |
CD1102-H04-345-CD-01 |
|
N.º de prazas: |
1 |
|
Categoría: |
Profesor/a contratado/a doutor/a |
|
Área de coñecemento: |
A-345 filoloxía inglesa |
|
Departamento: |
H04 Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemá |
|
Actividade docente e investigadora: |
Lingua inglesa |
|
Centro de traballo: |
301 Facultade de Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemana |
3
|
Código: |
CD1102-H10-567-CD-01 |
|
N.º de prazas: |
1 |
|
Categoría: |
Profesor/a contratado/a doutor/a |
|
Área de coñecemento: |
A-567 lingua española |
|
Departamento: |
H10 Lingua Española |
|
Actividade docente e investigadora: |
Lingua española |
|
Centro de traballo: |
202 Facultade de Lingua Española |
4
|
Código: |
CD1102-H10-567-CD-02 |
|
N.º de prazas: |
1 |
|
Categoría: |
Profesor/a contratado/a doutor/a |
|
Área de coñecemento: |
A-567 lingua española |
|
Departamento: |
H10 Lingua Española |
|
Actividade docente e investigadora: |
Lexicografía do español e do galego |
|
Centro de traballo: |
301 Facultade de Lingua Española |
5
|
Código: |
CD1102-H12-814-CD-01 |
|
N.º de prazas: |
1 |
|
Categoría: |
Profesor/a contratado/a doutor/a |
|
Área de coñecemento: |
A-814 tradución e interpretación |
|
Departamento: |
H12 Tradución e Lingüística |
|
Actividade docente e investigadora: |
Tradución literaria inglés-español/galego |
|
Centro de traballo: |
301 Facultade de Traducción e Lingüística |
6
|
Código: |
CD1102-T03-545-CD-01 |
|
N.º de prazas: |
1 |
|
Categoría: |
Profesor/a contratado/a doutor/a |
|
Área de coñecemento: |
A-545 enxeñaría mecánica |
|
Departamento: |
T03 Enxeñaría Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e Fluídos |
|
Actividade docente e investigadora: |
Teoría de máquinas e mecanismos; modelización da combustión de biomasa |
|
Centro de traballo: |
312 Facultade de Enxeñaría Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e Fluídos |
7
|
Código: |
CD1102-T06-295-CD-01 |
|
N.º de prazas: |
1 |
|
Categoría: |
Profesor/a contratado/a doutor/a |
|
Área de coñecemento: |
A-295 explotación de minas |
|
Departamento: |
T06 Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio Ambiente |
|
Actividade docente e investigadora: |
Rocas industriais e ornamentais |
|
Centro de traballo: |
309 E.T.S. Enxeñaría de Minas-Vigo |
8
|
Código: |
CD1102-T14-800-CD-01-02 |
|
N.º de prazas: |
2 |
|
Categoría:- |
Profesor/a contratado/a doutor/a |
|
Área de coñecemento: |
A-800 teoría do sinal e comunicacións |
|
Departamento: |
T14 Teoría do Sinal e Comunicacións |
|
Actividade docente e investigadora: |
Teoría do sinal e comunicacións |
|
Centro de traballo: |
305 Escola de Enxeñaría de Telecomunicación-Vigo |
9
|
Código: |
CD1102-T15-570-CD-01 |
|
N.º de prazas: |
1 |
|
Categoría: |
Profesor/a contratado/a doutor/a |
|
Área de coñecemento: |
A-570 linguaxes e sistemas informáticos |
|
Departamento: |
T15 Informática |
|
Actividade docente e investigadora: |
Fundamentos de programación |
|
Centro de traballo: |
106 E.S. de Enxeñaría Informática-Ourense |
10
|
Código: |
CD1102-X05-187-CD-01 |
|
N.º de prazas: |
1 |
|
Categoría: |
Profesor/a contratado/a doutor/a |
|
Área de coñecemento: |
A-187 didáctica da expresión corporal |
|
Departamento: |
X05 Didácticas Especiais |
|
Actividade docente e investigadora: |
Desenvolvemento psicomotor |
|
Centro de traballo: |
202 Fac. CC. Educación e do Deporte-Pontevedra |
11
|
Código: |
CD1102-X07-230-CD-01 |
|
N.º de prazas: |
1 |
|
Categoría: |
Profesor/a contratado/a doutor/a |
|
Área de coñecemento: |
A-230 economía financeira e contabilidade |
|
Departamento: |
X07 Economía Financeira e Contabilidade |
|
Actividade docente e investigadora: |
Contabilidade de custes e contabilidade financeira |
|
Centro de traballo: |
104 Fac. CC. Empresariais e Turismo-Ourense |
12
|
Código: |
CD1102-X09-650-CD-01 |
|
N.º de prazas: |
1 |
|
Categoría: |
Profesor/a contratado/a doutor/a |
|
Área de coñecemento: |
A-650 organización de empresas |
|
Departamento: |
X09 Organización de Empresas e Marketing |
|
Actividade docente e investigadora: |
Dirección de recursos humanos |
|
Centro de traballo: |
303 Fac. CC. Económicas e empresariais-Vigo |
13
|
Código: |
CD1102-X09-650-CD-02 |
|
N.º de prazas: |
1 |
|
Categoría: |
Profesor/a contratado/a doutor/a |
|
Área de coñecemento: |
A-650 organización de empresas |
|
Departamento: |
X09 Organización de Empresas e Marketing |
|
Actividade docente e investigadora: |
Dirección comercial |
|
Centro de traballo: |
303 Fac. CC. Económicas e empresariais-Vigo |
14
|
Código: |
CD1102-X14-105-CD-01 |
|
N.º de prazas: |
1 |
|
Categoría: |
Profesor contratado doutor |
|
Área de coñecemento: |
A-105 comunicación audiovisual e publicidade |
|
Departamento: |
X14 Comunicación Audiovisual e Publicidade |
|
Actividade docente e investigadora: |
Técnicas de relacións públicas |
|
Centro de traballo: |
204 Fac. CC. Sociais e da Comunicación-Pontevedra |
15
|
Código: |
CD1102-X14-105-CD-02 |
|
N.º de prazas: |
1 |
|
Categoría: |
Profesor contratado doutor |
|
Área de coñecemento: |
A-105 comunicación audiovisual e publicidade |
|
Departamento: |
X14 Comunicación Audiovisual e Publicidade |
|
Actividade docente e investigadora: |
Comunicación Televisiva |
|
Centro de traballo: |
204 Fac. CC. Sociais e da Comunicación-Pontevedra |
ANEXO III
Comisións de acceso
(Praza CD1102-H03-370-CD-01)
(1)
|
Cargo |
Nome |
Corpo |
Universidade |
|
Comisión titular |
|||
|
Presidencia |
Camiño Noia Campos |
Catedrático/a de universidade |
Vigo |
|
Secretaría |
José Antonio Palacio Sánchez |
Catedrático/a de escola universitaria |
Vigo |
|
Vogalía primeira |
Ana Isabel Boullón Agrelo |
Profesor/a titular de universidade |
Santiago de Compostela |
|
Vogalía segunda |
Carmen Hermida Gulías |
Profesor/a titular de universidade |
Santiago de Compostela |
|
Vogalía terceira |
Dolores Vilavedra Fernández |
Profesor/a titular de universidade |
Santiago de Compostela |
|
Comisión suplente |
|||
|
Presidencia |
X. Henrique Costas González |
Catedrático/a de universidade |
Vigo |
|
Secretaría |
Alexandre Rodríguez Guerra |
Profesor/a titular de universidade |
Vigo |
|
Vogalía primeira |
José Benito Arias Freixedo |
Profesor/a titular de universidade |
Vigo |
|
Vogalía segunda |
Benigno Fernández Salgado |
Profesor/a titular de universidade |
Vigo |
|
Vogalía terceira |
Gonzalo Navaza Blanco |
Profesor/a titular de universidade |
Vigo |
(Praza CD1102-H04-345-CD-01)
(2)
|
Cargo |
Nome |
Corpo |
Universidade |
|
Comisión titular |
|||
|
Presidencia |
Juan Carlos Acuña Fariña |
Catedrático/a de universidade |
Santiago de Compostela |
|
Secretaría |
Javier Pérez Guerra |
Profesor/a titular de universidade |
Vigo |
|
Vogalía primeira |
Martín Urdiales Shaw |
Profesor/a titular de universidade |
Vigo |
|
Vogalía segunda |
Esperanza Rama Martínez |
Profesor/a titular de universidade |
Vigo |
|
Vogalía terceira |
Elena Seoane Posse |
Profesor/a titular de universidade |
Vigo |
|
Comisión suplente |
|||
|
Presidencia |
Veljka Ruzicka Kenfel |
Catedrático/a de universidade |
Vigo |
|
Secretaría |
Celia Vázquez García |
Profesor/a titular de universidade |
Vigo |
|
Vogalía primeira |
Ana Bringas López |
Profesor/a titular de universidade |
Vigo |
|
Vogalía segunda |
Jorge Figueroa Dorrego |
Profesor/a titular de universidade |
Vigo |
|
Vogalía terceira |
Dolores González Álvarez |
Profesor/a titular de universidade |
Vigo |
(Praza CD1102-H10-567-CD-01)
(3)
|
Cargo |
Nome |
Corpo |
Universidade |
|
Comisión titular |
|||
|
Presidencia |
M.ª do Carmo Henríquez Salido |
Catedrático/a de universidade |
Vigo |
|
Secretaría |
Joaquín Sueiro Justel |
Catedrático/a de escola universitaria |
Vigo |
|
Vogalía primeira |
M.ª Rosa Pérez Rodríguez |
Profesor/a titular de universidade |
Vigo |
|
Vogalía segunda |
M.ª José Quilis Sanz |
Profesor/a titular de universidade |
Vigo |
|
Vogalía terceira |
Inmaculada Anaya Revuelta |
Profesor/a titular de universidade |
Vigo |
|
Comisión suplente |
|||
|
Presidencia |
M.ª José Rodríguez Espiñeira |
Catedrático/a de universidade |
Santiago de Compostela |
|
Secretaría |
Antonio Rifón Sánchez |
Profesor/a titular de universidade |
Vigo |
|
Vogalía primeira |
Inmaculada Báez Montero |
Profesor/a titular de universidade |
Vigo |
|
Vogalía segunda |
M.ª Jesús López Bobo |
Profesor/a titular de universidade |
Oviedo |
|
Vogalía terceira |
Luis González García |
Profesor/a titular de universidade |
Vigo |
(Praza CD1102-H10-567-CD-02)
(4)
|
Cargo |
Nome |
Corpo |
Universidade |
|
Comisión titular |
|||
|
Presidencia |
M.ª do Carmo Henríquez Salido |
Catedrático/a de universidade |
Vigo |
|
Secretaría |
Joaquín Sueiro Justel |
Catedrático/a de escola universitaria |
Vigo |
|
Vogalía primeira |
Gonzalo Navaza Blanco |
Profesor/a titular de universidade |
Vigo |
|
Vogalía segunda |
José Ignacio Pérez Pascual |
Catedrático/a de universidade |
A Coruña |
|
Vogalía terceira |
Emilia Anglada Arboix |
Profesor/a titular de universidade |
Barcelona |
|
Comisión suplente |
|||
|
Presidencia |
Dolores Azorín Fernández |
Profesor/a titular de universidade |
Alicante |
|
Secretaría |
Antonio Rifón Sánchez |
Profesor/a titular de universidade |
Vigo |
|
Vogalía primeira |
Inmaculada C. Báez Montero |
Profesor/a titular de universidade |
Vigo |
|
Vogalía segunda |
María José Quilis Sanz |
Profesor/a titular de universidade |
Vigo |
|
Vogalía terceira |
Rosa Pérez Rodríguez |
Profesor/a titular de universidade |
Vigo |
(Praza CD1102-H12-814-CD-01)
(5)
|
Cargo |
Nome |
Corpo |
Universidade |
|
Comisión titular |
|||
|
Presidencia |
Roberto Mayoral Asensio |
Catedrático/a de universidade |
Granada |
|
Secretaría |
Ana María Pereira Rodríguez |
Profesor/a titular de universidade |
Vigo |
|
Vogalía primeira |
Carlos Garrido Rodríguez |
Profesor/a titular de universidade |
Vigo |
|
Vogalía segunda |
Joan Miquel Verges |
Profesor/a titular de universidade |
Vigo |
|
Vogalía terceira |
Marta García González |
Profesor/a contratado/a doctor/a |
Vigo |
|
Comisión suplente |
|||
|
Presidencia |
Fernando Toda Iglesia |
Catedrático/a de universidade |
Salamanca |
|
Secretaría |
Javier de Agustín Guijarro |
Profesor/a titular de universidade |
Vigo |
|
Vogalía primeira |
Juan Jesús Zaro Vera |
Catedrático/a de universidade |
Málaga |
|
Vogalía segunda |
Dorothy Kelly |
Catedrático/a de universidade |
Granada |
|
Vogalía terceira |
Pilar Orero Clavero |
Profesor/a titular de universidade |
Autónoma de Barcelona |
(Praza CD1102-T03-545-CD-01)
(6)
|
Cargo |
Nome |
Corpo |
Universidade |
|
Comisión titular |
|||
|
Presidencia |
José Luis Miguez Tabarés |
Catedrático/a de universidade |
Vigo |
|
Secretaría |
José Antonio Vilán Vilán |
Profesor/a titular de universidade |
Vigo |
|
Vogalía primeira |
Carlos Casqueiro Placer |
Profesor/a contratado/a doutor/a |
CUD |
|
Vogalía segunda |
Elena B. Martín Ortega |
Profesor/a contratado/a doutor/a |
Vigo |
|
Vogalía terceira |
José Antonio Carta González |
Profesor/a titular de universidade |
Las Palmas de Gran Canaria |
|
Comisión suplente |
|||
|
Presidencia |
Fernando Viadero Rueda |
Catedrático/a de universidade |
Cantabria |
|
Secretaría |
Concepción Paz Penín |
Profesor/a contratado/a doutor/a |
Vigo |
|
Vogalía primeira |
Jorge C. Morán González |
Profesor/a titular de universidade |
Vigo |
|
Vogalía segunda |
Jacobo Porteiro Fresco |
Profesor/a titular de universidade |
Vigo |
|
Vogalía terceira |
María Teresa Carrascal Morillo |
Profesor/a titular de universidade |
UNED |
(Praza CD1102-T06-295-CD-01)
(7)
|
Cargo |
Nome |
Corpo |
Universidade |
|
Comisión titular |
|||
|
Presidencia |
Javier Taboada Castro |
Catedrático/a de universidade |
Vigo |
|
Secretaría |
Elena Mercedes Alonso Prieto |
Profesor/a titular de universidade |
Vigo |
|
Vogalía primeira |
Rafael Rodríguez Díez |
Profesor/a titular de universidade |
Oviedo |
|
Vogalía segunda |
Teresa Rivas Brea |
Profesor/a titular de universidade |
Vigo |
|
Vogalía terceira |
R. Belarmina Díaz Aguado |
Profesor/a titular de universidade |
Oviedo |
|
Comisión suplente |
|||
|
Presidencia |
Celestino González Nicieza |
Catedrático/a de universidade |
Oviedo |
|
Secretaría |
Ricardo Laín Huerta |
Catedrático/a de universidade |
Politécnica de Madrid |
|
Vogalía primeira |
Leandro Rafael Alejano Monge |
Profesor/a titular de universidade |
Vigo |
|
Vogalía segunda |
Martina Inmaculada Álvarez Fernández |
Profesor/a titular de universidade |
Oviedo |
|
Vogalía terceira |
Fernando García Bastante |
Profesor/a titular de universidade |
Vigo |
(Praza CD1102-T14-800-CD-01-02)
(8)
|
Cargo |
Nome |
Corpo |
Universidade |
|
Comisión titular |
|||
|
Presidencia |
Antonio García Pino |
Catedrático/a de universidade |
Vigo |
|
Secretaría |
Carmen García Mateo |
Catedrático/a de universidade |
Vigo |
|
Vogalía primeira |
María Vera Isasa |
Profesor/a titular de universidade |
Vigo |
|
Vogalía segunda |
Oscar Rubiños López |
Profesor/a titular de universidade |
Vigo |
|
Vogalía terceira |
José Luis Alba Castro |
Profesor/a titular de universidade |
Vigo |
|
Comisión suplente |
|||
|
Presidencia |
Fernando Obelleiro Basteiro |
Catedrático/a de universidade |
Vigo |
|
Secretaría |
Mónica Fernández Barciela |
Profesor/a titular de universidade |
Vigo |
|
Vogalía primeira |
Eduardo Rodríguez Banga |
Profesor/a titular de universidade |
Vigo |
|
Vogalía segunda |
Nuria González Prelcic |
Profesor/a titular de universidade |
Vigo |
|
Vogalía terceira |
Marcos Arias Acuña |
Profesor/a titular de universidade |
Vigo |
(Praza CD1102-T15-570-CD-01)
(9)
|
Cargo |
Nome |
Corpo |
Universidade |
|
Comisión titular |
|||
|
Presidencia |
Juan Pavón Mestras |
Catedrático/a de universidade |
Complutense de Madrid |
|
Secretaría |
Reyes Pavón Rial |
Profesor/a titular de universidade |
Vigo |
|
Vogalía primeira |
Xosé Antón Vila Sobrino |
Profesor/a titular de universidade |
Vigo |
|
Vogalía segunda |
Juan Francisco Gálvez Gálvez |
Catedrático/a de escola universitaria |
Vigo |
|
Vogalía terceira |
Arturo Méndez Penín |
Profesor/a titular de universidade |
Vigo |
|
Comisión suplente |
|||
|
Presidencia |
Nieves Rodríguez Brisaboa |
Catedrático/a de universidade |
A Coruña |
|
Secretaría |
Eva Lorenzo Iglesias |
Profesor/a contratado/a doutor/a |
Vigo |
|
Vogalía primeira |
Rosalía Laza Fidalgo |
Profesor/a contratado/a doutor/a |
Vigo |
|
Vogalía segunda |
Leandro Rodríguez Liñares |
Profesor/a titular de universidade |
Vigo |
|
Vogalía terceira |
María José Lado Touriño |
Profesor/a titular de universidade |
Vigo |
(Praza CD1102-X05-187-CD-01)
(10)
|
Cargo |
Nome |
Corpo |
Universidade |
|
Comisión titular |
|||
|
Presidencia |
Onofre Ricardo Contreras Jordán |
Catedrático/a de universidade |
Castilla-La Mancha |
|
Secretaría |
María Luisa Zagalaz Sánchez |
Catedrático/a de universidade |
Jaén |
|
Vogalía primeira |
Arturo Díaz Suárez |
Profesor/a titular de universidade |
Murcia |
|
Vogalía segunda |
Pedro Gil Madrona |
Profesor/a titular de universidade |
Castilla-La Mancha |
|
Vogalía terceira |
M.ª del Mar Cepero González |
Profesor/a titular de universidade |
Granada |
|
Comisión suplente |
|||
|
Presidencia |
José Antonio Cecchini Estrada |
Catedrático/a de universidade |
Oviedo |
|
Secretaría |
Carmen Pascual Baños |
Catedrático/a de escola universitaria |
Valencia |
|
Vogalía primeira |
José A. Serrano Sánchez |
Profesor/a titular de universidade |
Las Palmas de Gran Canaria |
|
Vogalía segunda |
Silvia Arribas Galarraga |
Profesor/a titular de universidade |
País Vasco |
|
Vogalía terceira |
Santiago Romero Granados |
Catedrático/a de universidade |
Sevilla |
(Praza CD1102-X07-230-CD-01)
(11)
|
Cargo |
Nome |
Corpo |
Universidade |
|
Comisión titular |
|||
|
Presidencia |
Jesús Lizcano Álvarez |
Catedrático/a de universidade |
Autónoma de Madrid |
|
Secretaría |
Irene Clara Pisón Fernández |
Catedrático/a de universidade |
Vigo |
|
Vogalía primeira |
María del Mar Miralles Quirós |
Profesor/a titular de universidade |
Extremadura |
|
Vogalía segunda |
Jorge Túa Pereda |
Catedrático/a de universidade |
Autónoma de Madrid |
|
Vogalía terceira |
Anxo Ramón Calvo Silvosa |
Profesor/a titular de universidade |
A Coruña |
|
Comisión suplente |
|||
|
Presidencia |
José Luis Cea García |
Catedrático/a de universidade |
Autónoma de Madrid |
|
Secretaría |
Ana María Pita Grandal |
Catedrático/a de universidade |
Vigo |
|
Vogalía primeira |
Emma Teresa Castelló Taliani |
Profesor/a titular de universidade |
Alcalá de Henares |
|
Vogalía segunda |
Susana Gago Rodríguez |
Profesor/a titular de universidade |
Carlos III de Madrid |
|
Vogalía terceira |
Vicente Ripoll Feliu |
Profesor/a titular de universidade |
Valencia |
(Praza CD1102-X09-650-CD-01)
(12)
|
Cargo |
Nome |
Corpo |
Universidade |
|
Comisión titular |
|||
|
Presidencia |
Antonio Genaro Leal Millán |
Catedrático/a de universidade |
Sevilla |
|
Secretaría |
Manuel Guisado Tato |
Catedrático/a de universidade |
Vigo |
|
Vogalía primeira |
Juan Bautista Vicente Ventura Victoria |
Catedrático/a de universidade |
Oviedo |
|
Vogalía segunda |
Emilio Pablo Díez de Castro |
Catedrático/a de universidade |
Sevilla |
|
Vogalía terceira |
María del Carmen Barroso Castro |
Catedrático/a de universidade |
Sevilla |
|
Comisión suplente |
|||
|
Presidencia |
José Carlos Prado Prado |
Catedrático/a de universidade |
Vigo |
|
Secretaría |
Xosé Henrique Vázquez Vicente |
Profesor/a titular de universidade |
Vigo |
|
Vogalía primeira |
Encarnación González Vázquez |
Catedrático/a de universidade |
Vigo |
|
Vogalía segunda |
Ana María Moreno Menéndez |
Profesor/a titular de universidade |
Sevilla |
|
Vogalía terceira |
Edelmira Neira Fontela |
Catedrático/a de universidade |
Santiago de Compostela |
(Praza CD1102-X09-650-CD-02)
(13)
|
Cargo |
Nome |
Corpo |
Universidade |
|
Comisión titular |
|||
|
Presidencia |
Antonio Genaro Leal Millán |
Catedrático/a de universidade |
Sevilla |
|
Secretaría |
Encarnación González Vázquez |
Catedrático/a de universidade |
Vigo |
|
Vogalía primeira |
Edelmira Neira Fontenla |
Catedrático/a de universidade |
Santiago de Compostela |
|
Vogalía segunda |
María Carmen Barroso Castro |
Catedrático/a de universidade |
Sevilla |
|
Vogalía terceira |
Emilio Pablo Díez de Castro |
Catedrático/a de universidade |
Sevilla |
|
Comisión suplente |
|||
|
Presidencia |
José Carlos Prado Prado |
Catedrático/a de universidade |
Vigo |
|
Secretaría |
Xosé Henrique Vázquez Vicente |
Profesor/a titular de universidade |
Vigo |
|
Vogalía primeira |
Manuel Guisado Tato |
Catedrático/a de universidade |
Vigo |
|
Vogalía segunda |
María Elisa Alén González |
Profesor/a contratado/a doctor/a |
Vigo |
|
Vogalía terceira |
María de los Ángeles Quintás Corredoira |
Profesor/a contratado/a doctor/a |
Vigo |
(Praza CD1102-X14-105-CD-01)
(14)
|
Cargo |
Nome |
Corpo |
Universidade |
|
Comisión titular |
|||
|
Presidencia |
Juan Carlos Miguel de Bustos |
Catedrático/a de universidade |
País Vasco |
|
Secretaría |
Fermín Galindo Arranz |
Profesor/a titular de universidade |
Santiago de Compostela |
|
Vogalía primeira |
Juan Antonio Hernández Les |
Profesor/a titular de universidade |
Santiago de Compostela |
|
Vogalía segunda |
Marta Martín Llaguno |
Profesor/a titular de universidade |
Alicante |
|
Vogalía terceira |
José Ramón Pérez Ornia |
Catedrático/a de universidade |
Complutense de Madrid |
|
Comisión suplente |
|||
|
Presidencia |
Margarita Ledo Andión |
Catedrático/a de universidade |
Santiago de Compostela |
|
Secretaría |
Antonio Castillo Esparcia |
Profesor/a titular de universidade |
Málaga |
|
Vogalía primeira |
Sonia Parrat Fernández |
Profesor/a titular de universidade |
Complutense de Madrid |
|
Vogalía segunda |
Ubaldo Armando Cuesta Cambra |
Catedrático/a de universidade |
Complutense de Madrid |
|
Vogalía terceira |
Ingrid Schulze Sheider |
Profesor/a titular de universidade |
Complutense de Madrid |
(Praza CD1102-X14-105-CD-02)
(15)
|
Cargo |
Nome |
Corpo |
Universidade |
|
Comisión titular |
|||
|
Presidencia |
José Luis Castro de Paz |
Catedrático/a de universidade |
Santiago de Compostela |
|
Secretaría |
José Soengas Pérez |
Catedrático/a de universidade |
Santiago de Compostela |
|
Vogalía primeira |
Caridad Hernández Martínez |
Profesor/a titular de universidade |
Complutense de Madrid |
|
Vogalía segunda |
Marta Martín Llaguno |
Profesor/a titular de universidade |
Alicante |
|
Vogalía terceira |
M.ª de los Desamparados Huertas Bailén |
Profesor/a titular de universidade |
Autónoma de Barcelona |
|
Comisión suplente |
|||
|
Presidencia |
Francisco García García |
Catedrático/a de universidade |
Complutense de Madrid |
|
Secretaría |
Francisco Campos Freire |
Profesor/a titular de universidade |
Santiago de Compostela |
|
Vogalía primeira |
Fermín Galindo Arranz |
Profesor/a titular de universidade |
Santiago de Compostela |
|
Vogalía segunda |
Nuria García Muñoz |
Profesor/a titular de universidade |
Autónoma de Barcelona |
|
Vogalía terceira |
Raúl Eguizábal Maza |
Catedrático/a de universidade |
Complutense de Madrid |
ANEXO IV
Curriculum vitae
-– Datos persoais:
Apelidos e nome.
NIF.
Data, localidade e provincia de nacemento.
Enderezo, localidade e provincia de residencia.
Teléfono e enderezo electrónico.
Categoría actual como docente, centro, departamento e área de docencia actual.
– Datos académicos:
1. Títulos académicos: clase, organismo e centro expedidor, data, cualificación se a houber.
2. Postos docentes desempeñados: categoría, organismo ou centro, réxime de dedicación, data de nomeamento ou contrato, data de cesamento.
3. Actividade docente desempeñada.
4. Actividade investigadora desempeñada.
5. Publicacións de libros e monografías: autoría ou coautoría/s, título, editor, editorial, data (de estar pendente de publicación, xustifíquese a aceptación polo consello editorial).
6. Traballos científicos publicados en revistas españolas ou estranxeiras autoría ou coautoría/s, título, revista, volume, páxina, data (de estar pendente de publicación, xustifíquese a aceptación polo consello editorial).
7. Outras publicacións.
8. Outros traballos de investigación.
9. Proxectos de investigación subvencionados.
10. Comunicacións e ponencias presentadas a congresos: título, organizador, carácter nacional ou internacional, lugar, data.
11. Patentes.
12. Cursos e seminarios impartidos: centro, organismo, materia, actividade desenvolta, data.
13. Cursos e seminarios recibidos: centro, organismo, materia, data.
14. Bolsas, axudas e premios recibidos (posteriores á licenciatura).
15. Actividade en empresas e profesión libre.
16. Outros méritos docentes ou de investigación.
17. Outros méritos.
18. Cargos de xestión desempeñados: cargo, centro, período.
19. Dilixencia de referendo do curriculum.

