Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T. camiño da Igrexa, 1-3.
Situación: concello da Coruña.
Características técnicas:
Liña eléctrica de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 0,098 km, coa orixe na cela de liña do C.T. Monelos 69-630 e final na L.M.T. EIR 702 unha vez entre e saia do centro de transformación proxectado, en condutor R.H.Z.1-OL 3×1×240 mm².
Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 400 kVA relación de transformación de 20.000/400-230 V. Concello da Coruña.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.
A Coruña, 6 de outubro de 2011.
Tristana Moraleja Gómez
Xefa territorial da Coruña

