Advertidos erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 185, do 27 de setembro de 2011, cómpre facer as seguintes correccións:
Na páxina 28234, no punto un, onde di: «… de acordo co anexo I desta orde …», debe dicir: «… de acordo cos anexos I e II desta orde».
Na páxina 28234, no punto dous, onde di: «Modifícase o anexo I correspondente ao cadro de materias que se imparten e especialidade …» debe dicir: «Modifícanse os anexos I e II correspondentes aos cadros de materias que se imparten e especialidades …».
Na páxina 28234, no punto catro, onde di: «… ao anexo I desta orde …», debe dicir: «…aos anexos I e II desta orde …».
Na páxina 28234, na disposición transitoria, onde di: «… no seu anexo III …», debe dicir: «…nos seus anexos III e II…».
Na páxina 28235, na nota ao pé 1 do anexo I, onde di: «…escrito no censo…», debe dicir: «…inscrito no censo …».
Na páxina 28236, no anexo V, na columna de correspondencia coas materias de novo deseño educativo, onde di: «Administración do buque», debe dicir: «Manobra e carga do buque».
Cómpre engadir outro punto:
Quinto. Modifícase o anexo V.