Obxecto.
A Fundación Española de Estudios Sociales y Sanitarios, en colaboración coa Universidade da Coruña e Xunta de Galicia, e de conformidade coa Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción de la autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia que establece a exixencia para os poderes públicos de satisfacer a formación básica e permanente dos profesionais e coidadores que atenden as persoas en situación de dependencia, garantindo a prestación de servizos de calidade. Así, o Consello Territorial do Sistema de Autonomía e Atención á Dependencia, na súa reunión do 2 de novembro de 2008, aprobou o acordo que prevé que os directores dos centros deberán contar cunha titulación universitaria e acadar unha formación adicional en discapacidade, dependencia, xeriatría, xerontoloxía, dirección de centros residenciais ou outras áreas de coñecemento relacionadas co ámbito do sistema de atención á dependencia.
Obxectivos.
Formar profesionais que sexan capaces de asumir a xestión de residencias, centros de día e centros de servizos sociais, de dirixir as áreas de enfermaría e xerontoloxía en centros xerontolóxicos, de establecer programas de extensión e animación social, de dirixir centros de atención a persoas con discapacidade, centros municipais de información a muller, a inmigrantes, etc.
Persoal o que vai dirixido.
Diplomados, graduados e licenciados universitarios que desenvolvan ou queiran desenvolver a súa carreira nos servizos sociais ou nos de atención a dependencia.
Criterios de selección.
Na selección das solicitudes do alumnado, aplicaranse os seguintes criterios:
–Titulados universitarios.
–Persoal ou responsable de residencias e centros xerontolóxicos.
–Persoal ou responsables de centros de día.
–Persoal de concellos e administracións públicas.
–Responsables de centros de atención primaria.
Desenvolvemento do curso.
A modalidade do máster é a distancia ou semipresencial con asesoría permanente dun titor e desenvolvido a través de Plataforma de Teleformación.
Duración: o máster ten unha duración de 60 créditos ECTS (1.500 horas). Prácticas en centros públicos e privados.
Os datos relativos ao lugar, programa, datas e horarios de desenvolvemento de cada curso seranlle comunicados de forma individual ao alumnado seleccionado, a través de correo electrónico.
Esta información, xunto coa relación do alumnado participante en cada edición, tamén estará dispoñible a partir do 24 de novembro na seguinte páxina web: www.udc.es/3e
Contidos.
Módulo 1. Dirección e planificación de servizos sociais.
Módulo 2. Coordinación sociosanitaria e intervención social.
Módulo 3. Prevención social na discapacidade e na dependencia.
Módulo 4. Atención social na terceira idade e grandes dependentes.
Módulo 5. Intervención especializada con familias, menores e adolescentes.
Módulo 6. Intervención especializada na problemática de xénero.
Módulo 7. Integración social e prácticas activas con inmigrantes.
Módulo 8. Xestión e administración de centros de servizos sociais.
Módulo 9. Intervención especializada de traballo social con dependentes.
Módulo 10. Animación, lecer e tempo libre.
Módulo 11. Orientación profesional especializada.
Módulo 12. Prácticas e proxectos en centros de servizos sociais.
Módulo 13. Proxecto profesional final de master.
Solicitudes.
As persoas interesadas en participar nesta convocatoria deberán efectuar a solicitude segundo o modelo anexo que estará dispoñible na seguinte páxina web: www.dependencia.es
O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 18 de novembro de 2011.
As solicitudes de admisión ao curso dirixiranse á Unidade de Estudos Propios de Posgrao (UEPP) da Universidade da Coruña (edificio do LERD, entresollado. Campus de Elviña). Tamén poderán presentarse a través dos seguintes medios: por correo electrónico a dependencia@f3e.com ou por fax ao 981 63 70 16.
Inscricións: teléfono 981 16 84 45 ou www.dependencia.es
A Coruña, 21 de outubro de 2011.
Gonzalo Ruiz Sánchez
Presidente da Fundación Española de Estudios Sociais e Sanitarios
ANEXO
|
SOLICITUDE |
|||
|
CURSO: MÁSTER EN DEPENDENCIA E XESTIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS |
|||
|
NOME E APELIDOS: |
DNI: |
||
|
ENDEREZO: |
LOCALIDADE: C.P.: |
||
|
PROVINCIA: |
TELÉFONO: |
E-MAIL: |
|
|
FORMACIÓN ACADÉMICA: |
|||
|
POSTO DE TRABALLO: |
SINATURA E DATA: |
||
|
Todos os datos consignados neste documento son de carácter confidencial e autorizo a FEESS e UDC ao uso informatizado destes e a cedelos a terceiros e a recibir publicidade coa finalidade de ser incluído en oferta de servizos formativos. En virtude do disposto na Lei 15/1999, do 13 de decembro, ten dereito a exercer o dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición, dirixíndose a nós por e-mail a escuela@f3e.com |
|||

