Mónica González Veloso, en representación de Mopalsa, S.C., solicitou licenza municipal para a actividade de fabricación de palés, que se instalará na Lomba n.º 79, nave 5, en Ponteareas, e cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 2 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contar desde o día seguinte á inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, as persoas que se consideren afectadas pola actividade, poidan examinar o expediente na secretaría deste concello e formular por escrito as reclamacións e observacións que estimen oportunas.
Ponteareas, 24 outubro de 2011.
Salvador González Solla
Alcalde

