Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Distribuidora Eléctrica Niebla, S.L.
Domicilio social: avda. Linares Rivas, n.º 44-21 C, 15005 A Coruña.
Denominación: adecuación de C.T. Alto do Pío.
Situación: concello das Pontes de García Rodríguez.
Características técnicas:
– Liña de media tensión soterrada a 6/20 kV con orixe en paso aéreo-soterrado para instalar nun apoio existente (coordenadas UTM, X: 586.250; Y: 4.814.740) da L.M.T., C.T. Igrexa-Espiñaredo (expte. 51863) e final no centro de transformación e seccionamento Alto do Pío, situado en edificio prefabricado existente (coordenadas UTM, X: 586.253; Y: 4.814.748), por canalización existente baixo beirarrúa de acceso ao C.T., con condutor tipo R.H.Z.1-2OL-18/30 kV 3×(1×95) mm2 Al, cunha lonxitude de 0,016 km de paso soterrado-aéreo e 0,0057 km en soterrado.
– Instalación na caseta prefabricada existente de Alto do Pío (expte. 51863) de novas celas de protección e liña, novo cadro de baixa tensión, así como do transformador existente de potencia 250 kVA con relación de tensión 6-20/0,4-0,23 kV.
– Rede de baixa tensión soterrada por canalización existente baixo acera de acceso ao C.T. en condutor tipo X.Z., cunha lonxitude de 0,0043 km, con orixe no cadro de baixa tensión do C.T. Alto do Pío e final no apoio para substituír tipo H.V.H. 11/1600, onde se realizará un paso soterrado-aéreo, e desde este apoio en rede tensada entre apoios en cuádruple circuíto con condutores tipo R.Z., cunha lonxitude de 0,0513 km ata o apoio existente tipo H.V. 11/400, onde se conectará coa rede de baixa tensión aérea existente.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.
A Coruña, 27 de setembro de 2011.
Tristana Moraleja Gómez
Xefa territorial da Coruña

