A xefa da Dependencia Rexional de Recadación da Delegación Especial da AEAT de Galicia fai saber que, de conformidade co disposto no artigo 101 do Regulamento xeral de recadación aprobado polo Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, foron ditados acordos con data 4.10.2011 decretando o alleamento mediante poxa dos bens embargados que se detallan na relación de bens incluída neste anuncio como anexo I e anexo II. As poxas celebraranse o día 14 de decembro de 2011, ás 10.00 e 12.00 horas, no salón de actos da delegación da Axencia Estatal de Administración Tributaria, rúa Comandante Fontanes, n.º 10, 3.ª planta da Coruña.
En cumprimento do citado artigo, publícase este anuncio e advírtese ás persoas que desexen participar na poxa o seguinte:
Primeiro. Os bens que se van poxar están afectos polas cargas e gravames que figuran na súa descrición, e que constan no expediente, as cales quedan subsistentes, sen que poida aplicarse á súa extinción o prezo do remate.
Segundo. A poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación dos bens, se se realizar o pagamento do importe da débeda non ingresada, os xuros que se producisen ou se produzan até a data do ingreso no Tesouro, as recargas do período executivo e as custas do procedemento de constrinximento.
Terceiro. Os licitadores poderán enviar ou presentar as súas ofertas en sobre fechado desde o anuncio de poxa até unha hora antes do comezo desta, sen prexuízo de que poidan participar persoalmente na licitación con ofertas superiores ás do sobre. Estas ofertas, que terán o carácter de máximas, serán presentadas no rexistro xeral da oficina onde se celebre a poxa, facéndose constar no exterior do sobre os datos identificativos desta. No sobre incluiranse, ademais da oferta e o depósito constituído conforme o punto cuarto, os datos correspondentes ao nome e apelidos ou razón social ou denominación completa, número de identificación fiscal e domicilio do licitador.
Os licitadores poderán participar na poxa por vía telemática presentando as ofertas e/ou realizándoas automaticamente a través da páxina web da Axencia Tributaria www.agenciatributaria.es, de acordo co establecido na Resolución 5/2002, do 17 de maio (BOE do 24 de maio), da Dirección Xeral da Axencia Estatal de Administración Tributaria, pola que se regula a participación por vía telemática en procedementos de alleamento de bens desenvolvidos polos órganos de recadación.
Cuarto. Todo licitador deberá constituír ante a mesa da poxa, con anterioridade á súa celebración, un depósito do 20% do tipo de poxa en primeira licitación, excepto para aqueles lotes en que se tiver acordado unha porcentaxe menor, que en ningún caso será inferior ao 10%. O importe do depósito para cada un dos lotes está determinado na relación de bens incluída neste anuncio.
O depósito deberase constituír mediante cheque que cumpra os requisitos establecidos no artigo 35.1 do Regulamento xeral de recadación ou por vía telemática a través dunha entidade colaboradora adherida a este sistema, que asignará un número de referencia completo (NRC) que permita su identificación, de acordo co establecido na Resolución 5/2002, do 17 de maio (BOE do 24 de maio), do director xeral da Axencia Estatal de Administración Tributaria.
Se os adxudicatarios non satisfán o prezo de remate, este depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen prexuízo das responsabilidades en que poidan incorrer polos prexuízos que orixine esta falta de pagamento.
Quinto. En caso de que non resulten adxudicados os bens nunha primeira licitación, a mesa da poxa poderá acordar a celebración dunha segunda licitación, se o xulga procedente, fixando o novo tipo de poxa no 75% do importe da primeira licitación, ou ben anunciará a iniciación do trámite de adxudicación directa, que se levará a cabo de acordo co artigo 107 do Regulamento xeral de recadación.
Sexto. O adxudicatario deberá ingresar na data da adxudicación, ou dentro dos 15 días seguintes, a diferenza entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.
O ingreso poderase realizar en bancos, caixas de aforros e cooperativas de crédito, nas cales non é preciso ter conta aberta. Tamén se pode realizar o pagamento mediante cargo na súa conta corrente, a través da internet no enderezo www.agenciatributaria.es, na opción Oficina Virtual. Pagamento de Impostos.
Así mesmo, se o solicita á mesa de poxa no acto de adxudicación, o adxudicatario poderá realizar o ingreso do importe do prezo de adxudicación, caso en que, unha vez comprobado o ingreso, a Axencia Tributaria procederá a levantar a retención realizada sobre o depósito constituído polo adxudicatario.
Sétimo. Cando na licitación non se cubrise a débeda e quedasen bens sen adxudicar, a mesa anunciará a iniciación do trámite de adxudicación directa.
As ofertas poderanse presentar no prazo en que para tales efectos comunique a mesa de poxa. Deberanse presentar en sobre fechado no rexistro xeral da oficina onde se celebrase a poxa e deberán ir acompañadas, se for o caso, do depósito.
Así mesmo, poderanse presentar ofertas a través da páxina web da Axencia Tributaria www.agenciatributaria.es, de acordo co establecido na Resolución 5/2002, do 17 de maio (BOE do 24 de maio), da Dirección Xeral da Axencia Estatal de Administración Tributaria, pola que se regula a participación por vía telemática en procedementos de alleamento de bens desenvolvidos polos órganos de recadación.
Transcorrido o prazo sinalado pola mesa de poxas, abriranse as ofertas presentadas e poderase proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considerar suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión do prazo para presentación de novas ofertas ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas até ese momento e así sucesivamente, co límite total de seis meses.
O prezo mínimo de adxudicación directa será o tipo de poxa en primeira licitación cando non se considerase procedente celebrar unha segunda licitación; se existir segunda licitación, non haberá prezo mínimo.
Oitavo. Tratándose de inmobles, o adxudicatario poderá solicitar expresamente no acto da adxudicación o outorgamento de escritura pública de venta de inmoble.
Noveno. Cando se trate de bens inscritibles en rexistros públicos, os licitadores non terán dereito a exixir outros títulos de propiedade que os presentados no expediente; estes títulos estarán ao dispor dos interesados nas oficinas desta dependencia de recadación, onde poderán ser examinados todos os días hábiles a partir da publicación do presente anuncio até o día anterior ao de poxa. En caso de non estaren inscritos os bens no rexistro, o documento público de venda é título mediante o cal pode efectuarse a inmatriculación nos termos previstos na lexislación hipotecaria; nos demais casos en que sexa preciso, poderase proceder como dispón o título VI da Lei hipotecaria para levar a cabo a concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica.
Décimo. O tipo de poxa non inclúe os impostos indirectos que gravan a transmisión dos bens. Todos os gastos e impostos derivados da transmisión, incluídos os derivados da inscrición no rexistro correspondente do mandado de cancelación de cargas posteriores, serán por conta do adxudicatario.
O adxudicatario exonera expresamente a AEAT, ao abeiro do artigo 9 da Lei 49/1960, do 21 de xuño, de propiedade horizontal, modificado por Lei 8/1999, do 6 de abril, da obriga de presentar certificación sobre o estado das débedas da comunidade, sendo a cargo do adxudicatario os gastos que queden pendentes de pagamento.
Décimo primeiro. O procedemento de constrinximento soamente se suspenderá nos termos e condicións sinalados no artigo 165 da Lei xeral tributaria (Lei 58/2003, do 17 de decembro).
Décimo segundo. En todo o non previsto neste anuncio observarase o preceptuado nas disposicións legais que regulen o acto.
A Coruña, 18 de novembro de 2011.
M. Montserrat Casal Bascoy
Xefa da Dependencia Rexional de Recadación da Delegación Especial
da Axencia Estatal da Administración Tributaria de Galicia
Anexo I
Relación de bens que se van a poxar
Poxa n.º S2011R1586001004.
N.º de dilixencia: 151023300409X.
Data da dilixencia. 15.1.2010.
Tipo de poxa en 1.ª licitación: 289.334 euros.
Tramos: 2.000 euros.
Depósito: 57.866,80 euros.
Tipo de dereito: pleno dominio.
Ben número 1.
Tipo de ben: local comercial.
Localización: rúa Pintor Laxeiro s/n, 36211 Vigo (Pontevedra).
Inscrita no Rexistro número 5 de Vigo.
Tomo: 1284.
Libro: 1284
Folio: 67.
Predio: 73896.
Inscrición: 1.
Descrición:
Urbana. Local comercial sito na rúa Pintor Laxeiro, s/n porta 1, no concello de Vigo, superficie construída 166,25 m2. Estremas: norte volo sobre a rúa Pintor Laxeiro, sur cámara de chemineas e ventilación de sotos, este soportal e portal do edificio sinalado co n.º 9 da rúa Pintor Laxeiro, oeste rampla de acceso aos sotos primeiro e segundo. Dos 116,25 m2 do local; 20,25 m2 corresponden á planta baixa e os outros 86 m2 á entreplanta sita sobre a rampla.
Valoración: 289.334 euros.
Cargas: non constan.
Anexo II
Relación de bens que se van a poxar
Poxa n.º S2011R1586001005.
N.º de dilixencia: 150923305332N.
Data da dilixencia: 22.10.2009.
Tipo de poxa en primeira licitación: 502.538,44 euros.
Tramos: 2.000 euros.
Depósito: 100.507,68 euros.
Tipo de dereito: pleno dominio.
Ben número 1.
Tipo de ben: vivenda.
Localización: rúa López Mora 75, 36201 Vigo (Pontevedra).
Inscrita no Rexistro número 5 de Vigo.
Tomo: 1233.
Libro: 1233.
Folio: 137.
Predio: 1472.
Inscrición: 19.
Descrición:
Urbana: casa composta de baixo, dous pisos e ático situada en Vigo, rúa López Mora 75. Superficie construída de 72,24 m2 baixo, piso primeiro e segundo 63,80 e 30 m2 a ático. Linda ao norte, herdeiros de Adolfo Quirós, sur herdeiros de Benito López Salgado, este estrada de Vigo a Baiona, oeste do señor Portanet.
Valoración: 502.538,44 euros.
Cargas: non constan.

