Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 22 de novembro de 2011 Páx. 34352

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2011, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, pola que se fai pública a formalización de varios contratos administrativos.

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia en virtude das facultades que lle confire o Decreto 325/2009, do 18 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, e o Decreto 82/2009, do 21 de abril, polo que se establecen os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, resolveu adxudicar os seguintes contratos de subministracións e servizos:

Contratación, suxeita a regulación harmonizada, polo procedemento aberto e tramitación urxente, da subministración de sistemas de videoconferencia para a Administración de xustiza (expte.: 17/2011), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

Lote 1 (sistemas de videoconferencia):

Adxudicatario: Spica, S.L.

Orzamento: 145.540,61 euros (sen IVE).

Formalización: 20.10.2011.

Lote 2 (solución de videoconferencia persoal):

Adxudicatario: Spica, S.L.

Orzamento: 68.296,81 euros (sen IVE).

Formalización: 20.10.2011.

Contratación, suxeita a regulación harmonizada, polo procedemento aberto e trámite ordinario, da subministración de equipamento hardware para o Centro de Proceso de Datos Corporativo da Xunta de Galicia (expte.: 36/2011), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

Lote 1 (servidores):

Adxudicatario: Tecnocom, Telecomunicaciones y Energía, S.A.

Orzamento: 57.800,00 euros (sen IVE).

Formalización: 20.10.2011.

Lote 2 (almacenamento):

Adxudicatario: Inforhouse Informática y Telecomunicaciones, S.L.

Orzamento: 107.000,00 euros (sen IVE).

Formalización: 20.10.2011.

Contratación, suxeita a regulación harmonizada, polo procedemento aberto e trámite ordinario, do servizo de desenvolvemento da intranet da Administración de xustiza en Galicia (expte.: 38/2011), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

Adxudicatario: Atos Origin, S.A.E.

Orzamento: 256.266,00 euros (sen IVE).

Formalización: 20.10.2011.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 138 da Lei 30/2007, de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2011.

Mar Pereira Álvarez
Secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica