1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.
a) Organismo: Concello de Oroso.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.
c) Obtención de documentación e información:
1.º Dependencia: Secretaría.
2.º Domicilio: praza do Concello, 1.
3.º Localidade e código postal: Oroso 15888.
4.º Teléfono: 981 69 14 78.
5.º Telefax: 981 69 17 86.
6.º Correo electrónico: correo@oroso.dicoruna.es
7.º Enderezo da internet do perfil de contratante: www.concellooroso.com
8.º Data límite de obtención de documentación e información: ata 2 días naturais antes da finalización do prazo para presentación de proposicións.
d) Número de expediente: 2011/041.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: de servizos.
b) Descrición: impartición de clases na aula de música do Concello de Oroso.
c) Lugar de execución/entrega: Concello de Oroso.
1.º Domicilio: praza do Concello, 1.
2.º Localidade e código postal: Oroso 15888.
e) Prazo de execución: desde o 1.1.2012 ata o 30.6.2013.
f) Admisión de prórroga: prorrogable polo período: 1.7.2013 ata o 30.6.2014.
g) CPV (referencia de nomenclatura): 80.000000-4.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto con pluralidade de criterios de valoración.
4. Orzamento base de licitación:
Importe neto: 113.400 euros. IVE (18%) 20.412 euros. Importe total: 133.812 euros.
5. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva (5%) do importe de adxudicación.
6. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): non se exixe.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: véxase artigo 4 do prego.
7. Presentación de ofertas:
a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP, no perfil do contratante ou no DOG.
b) Modalidade de presentación: presencial ou por correo.
c) Lugar de presentación:
1.º Dependencia: Rexistro Xeral do Concello.
2.º Domicilio: praza do Concello, 1.
3.º Localidade e código postal: Oroso 15888.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses.
8. Apertura de ofertas:
a) Enderezo: praza do Concello, 1.
b) Localidade e código postal: Oroso 15888.
9. Gastos de publicidade: os gastos que xeren os anuncios cun máximo de 1.000 euros.
Oroso, 15 de novembro de 2011.
Manuel Mirás Franqueira
Alcalde

