Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 22 de novembro de 2011 Páx. 34415

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rábade

ANUNCIO de información pública.

Laudelina Vigón Martínez, con DNI 10585376-V, solicitou desta Alcaldía licenza municipal para a apertura dun centro loxístico para empresa de conxelados, situado no polígono industrial 1.ª fase, parcelas 7A e 8A, nave 8, e cumprindo co disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, en que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Rábade, 28 de outubro de 2011.

Francisco Xosé Fernández Montes
Alcalde