Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 23 de novembro de 2011 Páx. 34629

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2011, da Xerencia do Hospital da Costa, pola que se resolve a convocatoría pública para a provisión dun posto de supervisor/a de unidade neste hospital.

Convocada segundo Resolución do 8 de xullo de 2011, mediante o anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia (n.º 157, do 18 de agosto), a provisión dun posto de supervisión de unidade no Hospital da Costa, esta xerencia, de conformidade coas competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG n.º 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica dos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 15 de xuño de 2009, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde (DOG n.º 119, do 19 de xuño),

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión da supervisión de unidade no Hospital da Costa.

Segundo. Nomear para o posto a persoa que se indica no anexo desta resolución.

Terceiro. De conformidade coa base oitava da convocatoria, o candidato nomeado será avaliado, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño da xefatura, por idéntico período, ou proceder á súa remoción.

Cuarto. O aspirante nomeado deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días seguintes a aquel en que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisorio ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo, e os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarada nesa situación polo órgano convocante, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Quinto. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada perante a División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, nos termos dos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Burela, 26 de outubro de 2011.

José Insua Pernas
Director xerente do Hospital da Costa

Anexo

Supervisor da Unidade de UCI-Reanimación.

Digno Manuel Díaz Mouronte. DNI 32798878-G.