Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 23 de novembro de 2011 Páx. 34634

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 17 de outubro de 2011, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, polo que se procede a darlle publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca, para vinculación temporal de substitución en praza reservada, unha praza de facultativo especialista da Área de Psiquiatría.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e a Orde do 15 de xuño de 2009 (Diario Oficial de Galicia n.º 119, do 19 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, resolve proceder ao anuncio da convocatoria para a vinculación temporal de substitución en praza reservada dunha praza de facultativo especialista da Área de Psiquiatría.

A citada convocatoria estará exposta nos taboleiros de anuncios do centro hospitalario.

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do complexo hospitalario no prazo de quince días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 17 de outubro de 2011.

José Manuel González Álvarez
Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra