Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 29 de novembro de 2011 Páx. 35158

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

ORDE do 25 de novembro de 2011 pola que se determinan os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais durante a folga que afecta o persoal que presta servizos de limpeza hospitalaria nos centros do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, os días 30 de novembro, 2 e 12 de decembro de 2011, durante 3 horas nas quendas de mañá e tarde.

O artigo 28.2 da Constitución española recoñece, como dereito fundamental da persoa, o dereito á folga.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas, que presten servizos públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no ámbito e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ao mantemento dos servizos esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG n.º 116, do 20 de xuño), entre os que se atopa a sanidade.

O exercicio público da prestación da asistencia sanitaria non se pode ver afectado gravemente polo lexítimo dereito do exercicio de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación a este.

O artigo 3 do citado decreto faculta os conselleiros competentes, por razón dos servizos esenciais afectados, para que, mediante orde e diante de cada situación de folga, decidan o mínimo de actividade necesaria para asegurar o mantemento de tales servizos, así como para determinar o persoal necesario para a súa prestación.

A folga convocada polo comité de empresa da empresa Clece, S.A. afectará o persoal que presta servizos de limpeza hospitalaria nos centros do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela os días 30 de novembro, 2 e 12 de decembro de 2011, durante 3 horas nas quendas de mañá e tarde.

Logo da audiencia ao comité de folga, a conselleira de Sanidade

DISPÓN:

Artigo 1.

A folga convocada afecta a todos os traballadores e traballadoras que prestan servizos de limpeza hospitalaria nos centros do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela os días 30 novembro, 2 e 12 de decembro de 2011, nas horas e quendas seguintes:

– Nos hospitais Clínico Universitario, Gil Casares e Conxo:

Quenda de mañá de 7.00 a 14.00 horas: de 11.00 a 14.00 horas.

Quenda de mañá de 8.00 a 15.00 horas: de 12.00 a 15.00 horas.

Quenda de tarde de 14.00 a 21.00 horas: de 14.00 a 17.00 horas.

Quenda de tarde de 15.00 a 22.00 horas: de 15.00 a 18.00 horas.

– O horario no Hospital Psiquiátrico de Conxo é o seguinte:

Quenda de mañá de 7.00 a 14.00 horas: de 11.00 a 14.00 horas.

Quenda de mañá de 8.00 a 15.00 horas: de 12.00 a 15.00 horas.

Quenda de tarde de 15.00 a 22.00 horas: de 19.00 a 22.00 horas.

A dita folga deberá entenderse condicionada ao mantemento dos servizos mínimos, segundo os criterios que se dispoñen nesta orde.

Para o establecemento dos criterios reitores e os servizos esenciais, tivéronse en conta os seguintes factores para a cobertura da seguridade en relación coa hixiene do ambiente sanitario: o risco para os pacientes e traballadores derivado da realización de actividades e uso de materiais que sexan potencialmente contaminantes, a imposibilidade de demorar a prestación de asistencia e o volume de pacientes atendidos.

De acordo coa motivación anterior, os servizos mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para manter a axeitada cobertura do servizo esencial de asistencia sanitaria no centro sanitario, para os efectos de evitar que se produzan graves prexuízos á cidadanía.

Tales mínimos responden á necesidade de compatibilizar o respecto ineludible ao exercicio do dereito á folga, coa atención aos usuarios que, baixo ningún concepto, poden quedar desasistidos polas características do servizo dispensado.

Entrando na análise dos servizos mínimos, establécense os seguintes criterios reitores na determinación do persoal necesario para o mantemento dos servizos esenciais:

– Días laborais.

1. Urxencias, laboratorio de urxencias, radiodiagnóstico de urxencias, UCI, área cirúrxica, reanimación postcirúrxica, reanimación cardíaca, oncoloxía radioterápica, hematoloxía, hospital de día e diálise: o 100% do persoal.

2. Radioloxía intervencionista, esterilización e hospitalización: o 33% do persoal.

3. Restantes áreas: servizos equivalentes a un fin de semana.

Artigo 2.

A empresa contratista fará a determinación dos profesionais necesarios con base nos criterios anteriores, coordinadamente coa xerencia do centro e a súa fixación deberá estar adecuadamente motivada, mediante a designación nominal e individual, que deberá recaer nos profesionais designados de xeito rotatorio.

Os profesionais necesarios para a cobertura dos servizos mínimos deberán ser publicados nos taboleiros de anuncios do centro, con antelación ao comezo da folga.

O profesional designado como servizo mínimo que desexe exercer o seu dereito de folga poderá instar a substitución da súa designación por outra/o profesional que voluntariamente acepte o cambio de xeito expreso.

A xustificación debe constar no expediente de determinación de mínimos do centro e exteriorizarse axeitadamente para xeral coñecemento do persoal destinatario. Deberá quedar constancia no expediente dos factores ou criterios cuxa ponderación conduce a determinar as prestacións mínimas.

Con tales premisas, no anexo desta resolución recóllese o número de efectivos de servizos mínimos para cubrir as xornadas de folga.

Artigo 3.

Os paros e alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servizos mínimos determinados no anexo, así como os expostos nos taboleiros de anuncios de cada centro, serán considerados ilegais para os efectos do establecido no artigo 16.1 do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo (BOE n.º 58, do 9 de marzo).

Artigo 4.

O disposto nos artigos anteriores non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga recoñece ao persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.

Artigo 5.

Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observar as normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías dos usuarios dos establecementos sanitarios. Os altercados ou incidentes que se produzan serán obxecto de sanción con base nas normas vixentes.

Disposición derradeira.

Esta orde producirá efectos e entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2011.

Pilar Farjas Abadía
Conselleira de Sanidade

ANEXO
Centro: Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela

Número de efectivos
de servizos mínimos

Hospital

Categoría

Servizo

Mañá

Tarde

Noite

Clínico

Limpadora

Urxencias, UCI, área cirúrxica, reanimación cardíaca, oncoloxía radioterápica, hematoloxía, hospital de día e diálise

22

21

2

Radioloxía intervencionista, esterilización, laboratorio de urxencias e hospitalización

11

4

2

Restantes áreas

3

2

0

Peón

Restantes áreas

3

2

0

Encargado

0

0

0

Total Hospital Clínico

39

30

4

Conxo

Limpadora

Urxencias, UCI, área cirúrxica, reanimación cardíaca, oncoloxía radioterápica, hematoloxía, hospital de día e diálise

5

6

0

Radioloxía intervencionista, esterilización, laboratorio de urxencias e hospitalización

4

2

1

Restantes áreas

1

0

0

Peón

Restantes áreas

2

0

0

Encargado

0

0

0

Total Hospital de Conxo

12

8

1

Gil Casares

Limpadora

Urxencias, UCI, área cirúrxica, reanimación cardíaca, oncoloxía radioterápica, hematoloxía, hospital de día e diálise

0

0

0

Radioloxía intervencionista, esterilización, laboratorio de urxencias e hospitalización

2

2

1

Restantes áreas

0

0

0

Peón

Restantes áreas

0

0

0

Encargado

0

0

0

Total Hospital Gil Casares

2

2

1

Psiquiátrico de Conxo

Limpadora

Urxencias, UCI, área cirúrxica, reanimación cardíaca, oncoloxía radioterápica, hematoloxía, hospital de día e diálise

0

0

0

Radioloxía intervencionista, esterilización, laboratorio de urxencias e hospitalización

6

2

1

Restantes áreas

0

2

0

Peón

Restantes áreas

1

0

0

Encargado

0

0

0

Total Hospital Psiquiátrico de Conxo

7

4

1