Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 29 de novembro de 2011 Páx. 35206

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (601/2008).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que por resolución ditada o 5 de xullo de 2011 no proceso seguido por instancia de Óscar Manuel Rodríguez Rodríguez contra a empresa Galiasistencia, S.L. en reclamación por cantidade, rexistrado co número 601/2008, se acordou notificar á empresa Galiasistencia, S.L., a resolución da sentenza, que di o seguinte:

«Resolvo que, estimo parcialmente a demanda interposta por Óscar Manuel Rodríguez Rodríguez e, en consecuencia, condeno a mercantil Galiasistencia, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 7.276,16 euros, máis o 10% desas cantidades por demora no seu pagamento.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela poderá interporse recurso de suplicación no prazo de cinco días, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Así o acordo, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o xuíz que a subscribe, celebrando audiencia pública, do cal dou fe».

Advírtese o destinatario de que as sucesivas notificacións se realizarán nas dependencias do xulgado, agás as que sexan emprazamentos, autos e sentenzas.

E para que sirva de notificación a empresa Galiasistencia, S.L., en descoñecido paradoiro, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 8 de xullo de 2011.

A secretaria xudicial
Rubricado