Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 29 de novembro de 2011 Páx. 35246

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rábade

ANUNCIO de información pública relativo a un taller de carpintaría metálica.

Chantal Sixto González, con DNI 33305536-H, en representación da empresa Ferroinox, S.L. con NIF B-27305853, solicitou nesta Alcaldía licenza municipal para a apertura dun taller de carpintaría metálica no políg. ind. 1.ª fase, parcela 19, subparcela 2, naves 19-21, cumprindo o disposto no art. 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, a fin de que durante ese prazo –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría desde concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que coiden oportunas.

Rábade, 9 de novembro de 2011.

Francisco Xosé Fernández Montes
Alcalde