Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE núm. 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T.C. Tras do Eixo.
Situación: concello de Teo.
Características técnicas:
Liña eléctrica de media tensión subterránea (L.M.T.S.) a 20 kV, cunha lonxitude de 0,110 km, con condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV-3(1×240) mm² Al, con orixe no apoio existente do C.T.I. Penelas (expediente IN407A 2006/50), que se desmontará, e final en cela de liña do C.T. Tras do Eixo proxectado.
Centro de transformación (C.T.) prefabricado, cunha potencia de 250 kVA, predeseñado ata 630 kVA, e unha relación de transformación 20.000/400-230 V. Concello de Teo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.
A Coruña, 4 de novembro de 2011.
P.A. (Artigo 39.3 Decreto 324/2009; DOG núm. 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial

