Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 1 de decembro de 2011 Páx. 35603

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2011, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica nos concellos do Saviñao e Chantada (expediente IN407A 2011/111-2, 7947 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Solidaridad Solar, S.L.

Domicilio social: Pl. O Peago, parcela 19, 27540 Escairón, O Saviñao.

Denominación: modificado II do proxecto básico e de execución modificado Seteventos II (central fotovoltaica de 101 MW).

Situación: concellos do Saviñao e de Chantada.

Características técnicas:

  • Liña de evacuación de 20 kV de tensión nominal, cunha lonxitude de 9,55 km, con condutor R.H.Z.1-OL 12/20 kV 1×630 mm2 KAI + H16, soterrado en gabia (ben directamente, ou ben baixo tubo, segundo o tramo), con orixe na central fotovoltaica de Seteventos II, no Saviñao e final na subestación particular 20/132 kV.
  • Subestación particular 20/132 kV, coa seguinte configuración:
  • Sistema de 132 kV, equipado cunha GIS en simple barra, cunha posición de liña, cun transformador de potencia intemperie 20/132 kV, 10/12 MVA, ONAM/ONAF, conexión YNd11 e reactancia de posta á terra para embarrado 20 kV, e outro de servizos auxiliares 20/0,4 kV de 25 kVA de potencia, tamén en intemperie.
  • Sistema de 20 kV en simple barra, con celas de liña, trafo, medida e servizos auxiliares.
  • Edificio con sala GIS 132 kV, sala de celas M.T. e aparellos de control, servizos auxiliares e de telecomunicacións.
  • Liña de conexión en alta tensión 132 kV, cun tramo soterrado cunha lonxitude de 0,71 km, desde a subestación ata o PAS, en condutor R.H.Z.1-OL 76/132 kV 1×300 mm2 KAI + H 95, e cun tramo aéreo sobre dous apoios metálicos de celosía tipo Funtam Delta 25BS 2T coa función de fin de liña, con condutores de fase LA-180 e de protección OPGM 51E67, cunha lonxitude de 0,56 km desde o PAS ata a subestación eléctrica de Belesar, en Chantada.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 15 de novembro de 2011.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo