Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 12 de decembro de 2011 Páx. 36201

III. Outras disposicións

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 21 de novembro de 2011 pola que se modifica a autorización, por cambio de denominación específica, do centro privado Nebrija, do concello da Coruña.

O representante legal do CPR Nebrija, do concello da Coruña, solicita o cambio da denominación especifica do centro educativo pola de CPR Nebrija Torre de Hércules.

A Xefatura Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña tramita o expediente de acordo co Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar o cambio da denominación específica do centro privado Nebrija, código 15004356, que pasa a denominarse CPR Nebrija Torre de Hércules.

Segundo. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2011.

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria