Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 12 de decembro de 2011 Páx. 36199

III. Outras disposicións

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 18 de novembro de 2011 pola que se autoriza a inclusión da Escola de Música Fábrica de Sons, do concello de Lugo, no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia.

O titular da Escola de Música Fábrica de Sons solicita a inclusión da devandita escola no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia de conformidade coa Orde do 11 de marzo de 1993, que regula as condicións de creación e funcionamento destas escolas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Logo de realizar os trámites que establece a normativa vixente, a Xefatura Territorial desta Consellería de Lugo remite o expediente cos correspondentes informes.

Cumpridos todos os trámites regulamentarios e tendo en conta o anteriormente exposto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar a inclusión no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia da escola de música que se sinala:

Provincia: Lugo.

Concello: Lugo.

Localidade: Lugo.

Domicilio: rúa Paxariños 43, baixo.

Código do centro: 27020884.

Titular: Alfonso Muñoz Meilán.

Denominación: Escola de Música Fábrica de Sons.

Segundo. Esta escola queda sometida ao réxime de escolas de música e danza, segundo o establecido na Orde do 11 de marzo de 1993, e aos servizos de inspección correspondentes.

Terceiro. O centro deberá solicitar a oportuna revisión da inscrición cando teña que modificarse calquera dos datos sinalados nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2011.

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria