Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 12 de decembro de 2011 Páx. 36197

III. Outras disposicións

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DECRETO 224/2011, do 24 de novembro, polo que se modifica a denominación da Escola Universitaria de Relacións Laborais da Universidade de Santiago de Compostela.

A Lei 11/1989, do 20 de xullo, de ordenación do sistema universitario de Galicia, establece o procedemento para a creación e o recoñecemento de universidades, centros universitarios e autorización de estudos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tendo en conta que o proceso de adaptación ao Espazo Europeo de Ensino Superior non supón só a modificación das titulacións da anterior ordenación das ensinanzas universitarias, senón tamén a dos centros en que estas se imparten, neste decreto autorízase a modificación da denominación da Escola Universitaria de Relacións Laborais da Universidade de Santiago de Compostela, que pasará a denominarse Facultade de Relacións Laborais, para adaptala á estrutura dos novos estudos de grao.

En aplicación do artigo 8.2 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, e por proposta do Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela, co informe favorable do seu Consello Social e do Consello Galego de Universidades, no exercicio das competencias sinaladas na Lei 2/2003, do 22 de maio, e na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e catro de novembro de dous mil once,

DISPOÑO:

Artigo único.

Autorizar a modificación da denominación da Escola Universitaria de Relacións Laborais do Campus de Santiago da Universidade de Santiago de Compostela, que pasará a denominarse Facultade de Relacións Laborais.

Disposición derradeira primeira.

Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para que, no ámbito das súas competencias, dite as disposicións necesarias para o desenvolvemento deste decreto.

Disposición derradeira segunda.

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e catro de novembro de dous mil once.

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria