Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 12 de decembro de 2011 Páx. 36194

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2011 pola que se adxudican as subvencións para o apoio ao desenvolvemento de plataformas tecnolóxicas (procedemento IN841A).

Por Orde da Consellería de Economía e Industria do 20 de xullo de 2011 (DOG n.º 143, do 27 de xullo), convocáronse as subvencións para o ano 2011 para o apoio ao crecemento empresarial mediante o fomento da investigación e a innovación empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. O anexo I da citada orde contén as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o apoio ao desenvolvemento de plataformas tecnolóxicas (código de procedemento IN841A).

No Diario Oficial de Galicia n.º 227, do 28 de novembro de 2011, publicouse a Orde do 23 de novembro de 2011 pola que se modifican o artigo 6 dos anexos I e II e o artigo 7 do anexo III da orde de convocatoria.

En virtude do anterior, de acordo co establecido nas bases da citada orde de convocatoria, atendendo as dispoñibilidades de crédito e as propostas elaboradas pola comisión de valoración prevista no artigo 11 da orde de convocatoria, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Concederlles as subvencións para o apoio ao desenvolvemento de plataformas tecnolóxicas (procedemento IN841A) aos beneficiarios que se relacionan no anexo desta resolución, nas contías que se sinalan, que supoñen un total de 523.585 euros para o ano 2011. Aquelas subvencións para as cales se recolle «Si» na columna Feder están cofinanciadas con fondos Feder. O pagamento das axudas está supeditado á aprobación desta orde por parte da Comisión Europea.

Segundo. De acordo co establecido na Orde do 23 de novembro de 2011 (DOG n.º 227, do 28 de novembro) pola que se modifican o artigo 6 dos anexos I e II e o artigo 7 do anexo III da orde de convocatoria, para poderen percibir as subvencións os beneficiarios deberán presentar, na data límite do 31 de decembro de 2011, a documentación indicada no artigo 20 da Orde do 20 de xullo de 2011 (DOG n.º 143, do 27 de xullo) así como no artigo 6 do anexo I da citada orde de convocatoria.

Terceiro. A Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Consellería de Economía e Industria adoptará as medidas necesarias para a instrución dos correspondentes expedientes de gasto.

Cuarto. A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria suporá a perda do dereito a percibir a subvención correspondente.

Quinto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira.

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2011.

P.D. (Orde 30.4.2009, DOG n.º 87, do 6 de maio)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria

Anexo
Relación de solicitudes concedidas

Código
expediente

Solicitante

NIF

Título do proxecto/Nome da plataforma

Custo
subvencionable proposto (€)

% Subv.

Subvención proposta (€)

Feder

Partida
orzamentaria

IN841A-2011/07

Asociación Clúster do Naval Galego

G15710338

Plataforma do Sector Naval Galego-Ptgn

34.700,00

60

20.820

Si

08.02.741A.781.0

IN841A-2011/02

Asociación Investigación Metalúrgica del Noroeste

G36606291

Plataforma Tecnolóxica Galega de Materiais e Procesos de Fabricación-Mpf2020: actuacións 2011

85.882,50

60

51.530

Si

08.02.741A.781.0

IN841A-2011/03

Centro Tecnológico del Mar-Fundación Cetmar

G36885853

Tecnopeixe 2011 

33.325,00

60

19.995

Si

08.02.741A.781.0

IN841A-2011/08

Clúster de la Acuicultura de Galicia

G36884260

Plataforma Tecnolóxica Galega de Acuicultura (Ptxga)

52.068,00

60

31.241

Si

08.02.741A.781.0

IN841A-2011/09

Clúster do Audiovisual Galego

G15891260

Plataforma Tecnolóxica Audiovisual Galega I+Dea

28.600,00

50

14.300

Si

08.02.741A.781.0

IN841A-2011/04

Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego

G70115282

Desenvolvemento da Plataforma Tecnolóxica do Produto Gráfico e do Libro Galego 2011

35.600,00

50

17.800

Si

08.02.741A.781.0

IN841A-2011/13

Clúster Tecnolóxico Empresarial Ciencias da Vida

G70259312

Desenvolvemento de Proxectos na Plataforma Tecnolóxica Galega de Biotecnoloxía Biotega 

25.000,00

80

20.000

Si

08.02.741A.781.0

IN841A-2011/05

Fund. Centro Tecnológico Agroalimentario de Lugo

G27354927

Ptgal-Plataforma Tecnolóxica Galega Agroalimentaria 

121.985,00

60

73.191

Si

08.02.741A.781.0

IN841A-2011/14

Fundación Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións

G36997229

Vindeira Plataforma Tecnolóxica Galega das TIC 

86.000,00

60

51.600

Si

08.02.741A.781.0

IN841A-2011/01

Fundación Ctag

G36871424

Plataforma Tecnolóxica Galega de Automoción 

116.100,00

60

69.660

Si

08.02.741A.781.0

IN841A-2011/06

Fundación Empresa Universidad Gallega

G15051667

Plataforma Tecnolóxica Galega de Medio Ambiente Envite 

71.250,00

50

35.625

Si

08.02.741A.781.0

IN841A-2011/10

Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia

G32217663

Plataforma Tecnolóxica Forestal Galega-Devesa 

76.000,00

48

36.480

Si

08.02.741A.781.0

IN841A-2011/11

Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia

G32217663

Plataforma Tecnolóxica Galega de Loxística-Loxisga 

99.285,00

36

35.743

Si

08.02.741A.781.0

IN841A-2011/12

Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia

G32217663

Axuda ao Desenvolvemento da Plataforma Tecnolóxica Galega da Madeira 

76.000,00

60

45.600

Si

08.02.741A.781.0

Total

523.585