1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.
a) Organismo: Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos.
b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.
c) Tipo de contrato: obra.
d) Obtención de documentación e información.
1.º Lugares de obtención do prego de cláusulas administrativas particulares (que inclúe o cadro de características do contrato), da documentación técnica e da demais información que proceda:
– Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=24
Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es
– A Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos na rúa Doutor Maceira n.º 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña), teléfonos: 981 95 74 01/27, fax: 981 95 74 03/ 881 99 96 94 e correo electrónico: contratacion.eposh@xunta.es
– A copistaría Copynino na rúa Feáns n.º 19, Santiago de Compostela (A Coruña), teléfono e fax: 981 58 89 38.
2.º Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.
2. Obxecto do contrato.
– Descrición e lugar de execución: obras de reparación do decantador da estación depuradora de augas residuais de Nigrán (Pontevedra), cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.
Número de expediente: OH.336.1023.
Orzamento base de licitación: importe neto: 503.604,91 euros. Importe total: 594.253,79 euros. Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 70%. Tema prioritario 46: tratamento da auga (auga residual).
Prazo de execución (meses): dous (2).
Clasificación: grupo K, subgrupo 8, categoría d.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria de licitación e anticipada de gasto.
b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.
c) Criterios de adxudicación: a pluralidade dos criterios de valoración enuméranse e detállanse coas súas puntuacións e ponderacións no prego de cláusulas administrativas particulares e no perfil do contratante.
4. Garantías exixidas.
a) Provisional: non se exixe.
b) Definitiva: 5% do orzamento base de licitación, IVE excluído.
5. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: a exixida para o contrato.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica: para as empresas non españolas de Estados membros da Unión Europea non clasificadas en España de acordo co establecido nos artigos 55.1 e 48.4 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, deberán acreditar as solvencias nos termos que se expresan na cláusula 7.1.4.2. do prego de cláusulas administrativas particulares e no punto 5.2. do cadro de características do contrato.
6. Presentación das ofertas.
a) Data límite de presentación: 12 de xaneiro de 2012.
b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares. As proposicións axustaranse estritamente aos modelos que se inclúen no citado prego.
c) Lugar de presentación: no Rexistro da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, nos días e horas hábiles de oficina (de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas). Tamén por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciarlle ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de Correos, mediante telegrama ou fax, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses, desde a apertura en acto público, segundo se indica no punto seguinte, das ofertas contidas no sobre C.
e) Admisión de variantes: non se admiten.
7. Apertura das ofertas
a) Descrición: a apertura, comprobación e valoración separada do sobre A relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar, do sobre B cos elementos da oferta non valorables de forma automática e do sobre C cos da oferta que admiten unha valoración mediante a aplicación de fórmulas, realizarase conforme o disposto nos pregos administrativos e na normativa de contratos do sector público.
b) Dirección, localidade e código postal: Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, na rúa Doutor Maceira n.º 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña).
c) Data e hora: a apertura en acto público do sobre B, o 24 de xaneiro de 2012, ás 10.00 horas, e a apertura do sobre C terá lugar na data e hora que se lles notificará aos licitadores, por fax ou calquera outro medio admitido, e se publicará no perfil do contratante, con dous (2) días hábiles de antelación á súa realización.
8. Gastos de publicidade: serán por conta do licitador seleccionado para ser adxudicatario.
9. Outras informacións.
– Cofinanciamento da Unión Europea: o obxecto do contrato indicado no punto 2 anterior está cofinanciado polo Feder nun 70%, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3. Medio Ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos. Unha maneira de facer Europa.
– CPA e CPV (codificación do obxecto do contrato): as indicadas no cadro de características do contrato.
– Valor estimado do contrato: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.
– Apertura e valoración das ofertas dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizaranse con anterioridade á apertura e valoración do contido do sobre C. No caso de que calquera dos actos públicos de apertura das ofertas se modifiquen, notificarase esta circunstancia aos licitadores presentados e farase pública no perfil do contratante.
– Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A, B e C, así como da adxudicación e formalización do contrato, faranse públicas no perfil do contratante.
– Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.
– Esta contratación está suxeita á condición suspensiva da existencia de crédito adecuado e suficiente para financiar as obrigas que dela derivan no exercicio correspondente, de conformidade co disposto no prego de cláusulas administrativas particulares e na Lei de contratos do sector público.
Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2011.
Francisco Menéndez Iglesias
Presidente da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos

