De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), publícase o emprazamento para trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística IU2/150/2010, en relación coas obras consistentes na construción dunha edificación de planta baixa acaroada a un lindeiro de pedra e sen cuberta, rematada con forxado horizontal de formigón armado, na rúa do Embalse-Pinar do Rei, lugar de Castro de Agudín, parroquia de Cea, no termo municipal de Vilagarcía de Arousa, provincia de Pontevedra, na cal resulta interesada María Silva Doval.
Ao non poderse realizar a notificación persoal, o expediente relacionado atópase á disposición da interesada na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no edificio Witland-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.
A interesada disporá dun prazo de quince días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula, para examinar o expediente.
Durante este prazo poderá alegar e presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes.
Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da devandita Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2011.
María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

