Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2011 Páx. 37198

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2011, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproba a relación definitiva de admitidos e excluídos no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de veterinarios, convocado pola Orde do 22 de xullo de 2011.

Publicadas mediante Resolución do 7 de novembro de 2011 (DOG núm. 220, do 17 de novembro) as relacións provisionais de admitidos e excluídos no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de veterinarios, convocado pola Orde do 22 de xullo de 2011 e transcorrido o prazo que se establece nela para presentar as correspondentes alegacións, unha vez examinadas estas, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as relacións definitivas de solicitantes admitidos e excluídos do concurso para a provisión dos postos de traballo vacantes do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de veterinarios.

A listaxe de solicitantes admitidos atópase á disposición dos interesados no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e tamén se pode consultar na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) na epígrafe Función Pública.

A listaxe de excluídos figura como anexo a esta resolución.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante a Consellería de Facenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da dita resolución no Diario Oficial de Galicia, en aplicación dos artigos 120 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou poderase impugnar directamente ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2011.

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO
Publicación listaxe def. de excl. xerada na 1.ª fase (pechada)

Concurso trl.: F0111 - Concurso de veterinarios

Estado concurso: primeira fase. Listaxe def. ad./exc. pechada

1.º apelido

2.º apelido

Nome

NIF

NRP

Motivo da
exclusión

Observacións

Álvarez

López

José Luis

76703469-X

7670346935 A2067

84

Bermejo

Díaz de Rábago

María Pilar

33263803-F

3326380368 A2067

84

Rivero

Cuesta

Gerardo

13908668-Q

1390866846 A2067

49

Rivero

Martínez

Castor José

34917658-R

3491765868 A2067

49

Relación de causas de exclusións

Cód. causa

Causa exclusión

49

Renuncia

84

Accedeu á escala de veterinario no último proceso selectivo