Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2011 Páx. 37221

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 14 de outubro de 2011, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a petición do dereito mineiro número 5.205 (Alto Monzón), sito no concello de Petín.

Para os efectos previstos no artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, e no artigo 70.2 do Regulamento xeral para o réxime da minaría, do 25 de agosto de 1978, sométese a información pública a petición do dereito mineiro que se cita:

Número: 5.205.

Nome: Alto Monzón.

Tipo de dereito: permiso de investigación.

Peticionario: Pizarras S. Gil Orense, S.L.S.COM.

Enderezo: polígono da Raña rúa 4, 32300 O Barco de Valdeorras (Ourense).

Data de solicitude: 25 de marzo de 2011.

Cuadrículas: 8.

Recursos: lousa e demais recursos da sección C.

Concello: Petín (Ourense).

Designación:

Vértice

Lonxitude

Latitude

1

7º 03’ 00”

42º 22’ 40”

2

7º 01’ 40”

42º 22’ 40”

3

7º 01’ 40”

42º 21’ 40”

4

7º 02’ 20”

42º 21’ 40”

5

7º 02’ 20”

42º 22’ 20”

6

7º 03’ 00”

42º 22’ 20”

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial (rúa Curros Enríquez, 1-4.º, 32003 Ourense), no prazo de trinta días.

Ourense, 14 de outubro de 2011.

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense