Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2011 Páx. 37235

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2011, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se acorda a desistencia da contratación da subministración sucesiva de somatropina (hormona de crecemento), expediente MS-CHC1-11-058.

Antecedentes

Primeiro. Con data do 12 de xullo de 2011 a Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña acordou iniciar a contratación da subministración de somatropina (hormona de crecemento), cun orzamento máximo de licitación de 238.680 euros (IVE incluído) e unha duración do contrato de 12 meses prorrogable ata 24.

Segundo. De conformidade co establecido nos artigos 42, 125 e 126 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, procédese a convocar a licitación por medio de anuncios no perfil do contratante do Servizo Galego de Saúde, no Diario Oficial de las Comunidades Europeas, Boletín Oficial del Estado e Diario Oficial de Galicia.

A data límite para a presentación de ofertas finaliza o 7 de novembro, e non se recibiu ata a data ningunha oferta.

Terceiro. No prazo de presentación de ofertas detéctase a existencia de erros substanciais nos pregos que rexen a contratación, que impiden que as empresas licitadoras poidan realizar unha oferta adecuada as auténticas necesidades da contratación e, tendo en conta que ningún licitador, ata este momento, presentou oferta, considérase máis adecuado e garantista desistir da licitación e analizar con detalle os erros en que se incorreu para evitar as posibles impugnacións ao prego.

Tomando en consideración os antecedentes mencionados, no exercicio das facultades que teño atribuídas pola Orde do 15 de xuño de 2009 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde (DOG n.º 119, do 19 de xuño), modificada pola Orde do 28 de setembro de 2011.

RESOLVO:

Acordar a desistencia do procedemento de contratación e ordenar o arquivo do expediente citado.

A Coruña, 28 de outubro de 2011.

Alfredo García Iglesias
Xerente de Xestión Integrada da Coruña