Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2011 Páx. 37232

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 28 de novembro de 2011 pola que se notifica a orde de suspensión das obras sen autorización urbanística autonómica (expediente IU2/115/2011).

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 14 de novembro de 2011 ditou a resolución pola que se ordena a suspensión das obras derivadas do expediente núm. IU2/115/2011, consistentes na rehabilitación integral dunha vivenda unifamiliar con aumento de volume na planta baixo cuberta e aumento da liña de cornixa, e as obras de peche e de acceso á parcela sita no lugar de Sete Espadas s/n, Mogor, no termo municipal de Marín, provincia de Pontevedra, no cal figura como executor das obras Jaime Martínez Calviño.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución, por ser devolta polo servizo de Correos ao resultar o destinatario descoñecido na repartición, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no edificio Witland, 1.º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpor recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito de presentar recurso potestativo de reposición, poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2011.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística