Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2011 Páx. 37269

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés

ANUNCIO de aprobación inicial do orzamento xeral desta mancomunidade.

Aprobado inicialmente polo Pleno da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés o orzamento xeral para o exercicio económico de 2012, o cadro de persoal e a relación de postos de traballo para o exercicio, en cumprimento do disposto no artigo 169.1 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, e disposicións concordantes, exponse ao público na Secretaría desta mancomunidade, polo prazo de quince días hábiles que comezará a contar desde o seguinte ao da inserción deste edicto no Diario Oficial de Galicia, co fin de que durante este poidan formularse as reclamacións que se consideren pertinentes, as cales deberán ser dirixidas ao presidente desta mancomunidade.

Monterroso, 25 de novembro de 2011.

Antonio E. Gato Soengas
Presidente da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés