Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2011 Páx. 37256

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 11 de novembro de 2011 pola que se notifican acordos do Xurado de Expropiación de Galicia que fixan o prezo xusto de predios expropiados (expediente 2009000391 e dez máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante esta cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que os ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no edificio administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela 15703.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2011.

Manuel González Sarria
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 00613, L.A.T. 66 kV Codesas-Sidegasa. Expediente IN407A 05/351.

Concello: Sobrado.

Provincia: A Coruña.

Expropiante: Consellería de Innovación e Industria. Delegación Provincial da Coruña.

Beneficiario: Eufer Renovables Ibéricas 2004, S.A.

Acto notificado: acordo de fixación de prezo xusto.

Persoa que se notifica

Data acto que se notifica

N.º expediente

Predio

Prezo xusto (€)

Hros. Victoria Vázquez Ramos

José Ramos Fernández

José Ramos Fernández

Isabel Méndez Rebolo e outro

Hros. Avelina García Vázquez

Hros. Jesús Carreira García

Manuela García Bugallo

Manuela García Bugallo

Manuela García Bugallo

Manuela García Bugallo

Manuela García Bugallo

22.9.2011

22.9.2011

22.9.2011

22.9.2011

22.9.2011

22.9.2011

22.9.2011

22.9.2011

22.9.2011

22.9.2011

22.9.2011

2009000391

2009000395

2009000396

2009000397

2009000402

2009000404

2009000406

2009000407

2009000412

2009000413

2009000414

5

22

24

102

147

159

186

192

233

243

246

76,67

1.391,32

2.817,97

862,17

453,12

428,53

18,85

225,17

362,34

10,28

1.720,59