Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2011 Páx. 37252

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 11 de novembro de 2011 pola que se notifican acordos do Xurado de Expropiación de Galicia que fixan o prezo xusto de predios expropiados (expediente 2009001438 e seis máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante a presente cédula, ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no edificio administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela 15703.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2011.

Manuel González Sarria
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 00634, 124 P.O.S.2006 Portomarín - CP Alto Valiño a Valdeporras alargamento e mellora do p.q. 2,700 ao 4,200.

Concello: Portomarín.

Provincia: Lugo.

Expropiante: Deputación Provincial de Lugo.

Beneficiario: Deputación Provincial de Lugo.

Acto notificado: acordo de fixación de prezo xusto.

Persoa que se notifica

Data acto que se notifica

N.º expediente

Predio

Prezo xusto (€)

Gumersindo Penela Vázquez

Carmen Fernández Quiroga

María Celia Castro Simón

Luciano Penela Vázquez

Manuel Méndez Gavieiro

Luciano Penela Vázquez

María Celia Castro Simón

22.7.2010

22.7.2010

22.7.2010

22.7.2010

22.7.2010

22.7.2010

22.7.2010

2009001438

2009001447

2009001448

2009001449

2009001451

2009001454

2009001470

3

14

15

16

18

21

39

1.557,01

270,48

267,95

2.778,93

808,16

83,35

675,81