Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2011 Páx. 37248

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 10 de novembro de 2011 pola que se notifica o acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 7 de outubro de 2010, mediante o que se resolve o recurso de reposición do predio número 2514-OT-RTS1 sito en Nigrán, relativo ao proxecto 00057 (expediente 2006/001266).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlle mediante a presente cédula a José Manuel Valverde Guisande o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 7 de outubro de 2010, mediante o que se resolve o recurso de reposición do predio número 2514-OT-RTS1 sito en Nigrán, relativo ao proxecto 00057, expediente 2006/001266, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra a presente resolución que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpor recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia con enderezo no edificio administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e lle sirva de notificación, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2011.

Manuel González Sarria
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o que se expropia: 00057-autoestrada Puxeiros-Val Miñor. Treito Puxeiros-Val Miñor. TM Nigrán.

N.º expediente: 2006/001266.

Persoa que se vai notificar: José Manuel Valverde Guisande.

Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial Estradas de Pontevedra.

Expropiado: José Manuel Valverde Guisande.

Beneficiario: CPTOPT. Servizo Provincial Estradas de Pontevedra.

Predio número: 2514-OT-RTS1.

Concello: Nigrán.

Provincia: Pontevedra.

Valoración resolución do xurado: 199.213,65 euros.