Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2011 Páx. 37244

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 10 de novembro de 2011 pola que se notifica o acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 22 de setembro de 2011, mediante o que se resolve o recurso de reposición do predio número 13 sito en Salvaterra de Miño, relativo ao proxecto 00273 (expediente 2007/001164).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante esta cédula a Herminio Pazos Souto o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 22 de setembro de 2011, mediante o que se resolve o recurso de reposición do predio número 13 sito en Salvaterra de Miño, relativo ao proxecto 00273, expediente 2007/001164, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpor recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia con enderezo no edificio administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e lle sirva de notificación, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2011.

Manuel González Sarria
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o que se expropia: 00273-Aproveitamento integral das marxes do río Miño. TM Salvaterra de Miño.

N.º expediente: 2007/001164.

Persoa que se notifica: Herminio Pazos Souto.

Expropiante: Concello de Salvaterra de Miño.

Expropiados: hros. Luisa Souto Soto.

Beneficiario: Concello de Salvaterra de Miño.

Predio n.º: 13.

Concello: Salvaterra de Miño.

Provincia: Pontevedra.

Valoración resolución do xurado: 8.420,16 euros.