Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2011 Páx. 37240

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 10 de novembro de 2011 pola que se notifica o acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 23 de setembro de 2010 que fixa o prezo xusto do predio número 252 sito en Barro, relativo ao proxecto 00392 (expediente 2008/002403).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante esta cédula a hros. de José Rodríguez Caneda o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 23 de setembro de 2010, que fixa o prezo xusto do predio número 252 sito en Barro, relativo ao proxecto 00392, expediente 2008/002403, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no edificio administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2011.

Manuel González Sarria
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o que se expropia: 00392-Acondicionamento da estrada PO-226 (antiga EP-0501). Treito: Moraña-Porráns. Clave: PO/01/096.01.

N.º de expediente: 2008/002403.

Persoa que se notifica: hros. de José Rodríguez Caneda.

Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Pontevedra.

Expropiados: hros. de José Rodríguez Caneda.

Beneficiario: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Pontevedra.

Predio n.º: 252.

Concello: Barro.

Provincia: Pontevedra.

Valoración resolución do xurado: 1.216,06 €.