Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 20 de decembro de 2011 Páx. 37435

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambre

ANUNCIO de información pública sobre apertura de taller.

Talleres Multimarca Espíritu Santo, S.L., solicitou licenza municipal de apertura para un taller de reparación de vehículos automóbiles nas ramas mecánica, electricidade, carrozaría e pintura sito na rúa Monier, parcela 40, nave 2, polígono industrial do Espírito Santo, parroquia de Cecebre, termo municipal de Cambre. Cumprindo co disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da provincia e no DOG, para que as persoas que se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente, nas oficinas da Área de Urbanismo, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Cambre, 8 de setembro de 2011.

P.D. (R.A. n.º 1000, do 17 de xuño de 2011)
Rocío Vila Díaz
Concelleira delegada da Área de Urbanismo e Medio Ambiente