De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,
DISPOÑO:
1. Notificar mediante a presente cédula aos hros. Tomás Fernández Rodríguez o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 21 de xullo de 2011, que fixa o prezo xusto do predio número 532, sito na Cañiza, relativo ao proxecto 00498, expediente 2009/006307, cuxos datos se relacionan no anexo.
2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no edificio administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela 15703.
3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido, asino e selo esta cédula.
Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2011.
Manuel González Sarria
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
Proxecto para o cal se expropia: 00498-Acondicionamento da estrada PO-406. Treito: A Cañiza-Filgueira. Clave PO/01/62.1.
N.º de expediente: 2009/006307.
Persoa que hai que notificar: hros. Tomás Fernández Rodríguez.
Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial Estradas de Pontevedra.
Expropiado: hros. Tomás Fernández Rodríguez.
Beneficiario: CPTOPT. Servizo Provincial Estradas de Pontevedra.
Predio n.º: 532.
Concello: A Cañiza.
Provincia: Pontevedra.
Valoración resolución do xurado: 7.986,62 euros.