De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,
DISPOÑO:
1. Notificar mediante esta cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.
2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no edificio administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela 15703.
3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido, asino e selo esta cédula.
Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2011.
Manuel González Sarria
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
Proyecto: 01126, reversión predios sector 10 Parque ofimático PXOM da Coruña.
Concello: A Coruña. Provincia: A Coruña.
Expropiante: Instituto Galego da Vivenda e Solo.
Beneficiario: Instituto Galego da Vivenda e Solo.
Acto notificado: acordo de fixación de prezo xusto.
Persoa que se notifica |
Data do acto que se notifica |
N.º expediente |
Predio |
Prezo xusto (€) |
Illano, S.A. Edificaciones Coruñesas, S.A. (Edicosa) Martínez Fernández, Soledad |
6.10.2011 6.10.2011 6.10.2011 |
2011002969 2011002969 2011002993 |
15-OFRV-016 15-OFRV-016 15-OFRV-040 |
3.542.617,82 3.542.617,82 98.399,06 |