Mediante acordo da Xunta de Goberno Local do 24.10.2011 aprobáronse as bases específicas e a convocatoria das seguintes prazas incluídas na OEP 2010: dúas prazas de auxiliar de axuda no fogar, persoal laboral fixo.
Procedemento selectivo: concurso-oposición libre.
Data de publicación das bases no BOP da Coruña: 8.11.2011.
Prazo de presentación de instancias: 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE.
Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse no BOP da Coruña, cando proceda en cada caso, e no taboleiro de anuncios do concello.
Carballo, 8 de novembro de 2011.
Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde

