Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 28 de decembro de 2011 Páx. 38691

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 14 de decembro de 2011 pola que se notifica a resolución emitida pola Presidencia de Portos de Galicia sobre o recurso de alzada interposto contra a resolución recaída no procedemento administrativo sancionador co número de referencia sanc. 13-18-11-07.

De conformidade co disposto nos artigos 59.4 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE núm. 285, do 27 de novembro) modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 112, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á denunciada Julia Santomé Graña, con último domicilio coñecido en Fonte Alta, 9-Cela, 36930 Bueu (Pontevedra), mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia por non ser posible a notificación a través do servizo de correos, que a resolución emitida pola Presidencia de Portos de Galicia o 28 de novembro de 2011 acordou desestimar o recurso de alzada interposto contra a Resolución da Dirección de Portos de Galicia do 15 de setembro de 2011 recaída no procedemento administrativo sancionador con número de referencia sanc. 13-18-11-07.

A citada resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación ante o xulgado do contecioso-administrativo que corresponda de Santiago de Compostela, ou recurso potestativo de reposición perante a Presidencia de Portos de Galicia no prazo dun mes contado desde a mesma data.

Para efectos de coñecemento do contido íntegro do mencionado acto e constancia de tal coñecemento, o interesado poderá comparecer nas dependencias de Portos de Galicia, situadas no polígono das Fontiñas-praza Europa 5A-6.º (Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas.

E para que conste e lle sirva de notificación, en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2011.

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia